Aegean Airlines

aeroliña grega

Aegean Airlines SA (en grego: Αεροπορία Αιγαίου Α.Ε.) é a aeroliña grega máis grande en número de pasaxeiros transportados, en destinos e en tamaño de frota. É membro de Star Alliance dende xuño de 2010 e realiza voos regulares e chárter dende Atenas e Tesalónica a outros grandes destinos gregos, ademais de varios europeos. O seu principal centro de operacións é o aeroporto internacional de Atenas, cun centro secundario no aeroporto internacional de Tesalónica. Tamén usa outros seis aeroportos gregos como bases estacionais durante o verán. As súas oficinas principais atópanse en Kifisia, un suburbio de Atenas.

Aegean Airlines
IATA
A3
OACI
AEE
Indicativo
AEGEAN
Fundación1987 (como Aegean Aviation)
Inicio das operacións28 de maio de 1999
Plan de voo frecuenteMiles&Bonus
AlianzaStar Alliance
SubsidiariasOlympic Air
Frota44
Destinos81
Eslogan da compañíaΘέλω να πετάξω τώρα.
Quero voar agora.
SedeKifisia, Atenas
DirixentesTheodoros Vassilakis (presidente)
Páxina web: http://aegeanair.com/

O 21 de outubro de 2012 Aegean Airlines anunciou que chegara a un acordo para mercar Olympic Air,[1] e a compra foi aprobada pola Comision Europea un ano despois, o 9 de outubro de 2013.[2] Ámbalas dúas aeroliñas continúan operando baixo marcas distintas. Ademais, Aegean Airlines participou nas fases finais da licitación para a privatización de Cyprus Airways, a aeroliña nacional de Chipre.[3] Tras a bancarrota de Cyprus Airways, Aegean Airways estableceu un centro de conexión no aeroporto de Larnaca, iniciando así voos regulares dende e cara a illa e enchendo o oco deixado polo peche da compañía chipriota.

Actual

editar

En decembro de 2020 a frota de Aegean Airlines estaba formada polos seguintes avións:[4][5]

Frota de Aegean Airlines
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
B E Total
Airbus A319-100 1 12 132 144[6]
Airbus A320-200 35 12 162 174[7]
Airbus A320neo 5[8] 31[9] 12 162 174 Entregas ata 2025[10][11][9]
Airbus A321-200 10 12 189 201[12]
Airbus A321neo 3[13] 7 TBA 220 [10][11]
Total 54 38


  1. Air Transport World (ed.). "Aegean strikes deal to acquire Olympic Air". Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  2. Reuters (ed.). "Aegean Airlines wins EU approval to buy Olympic Air". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2013. Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  3. Ch-aviation (ed.). "Aegean, Ryanair asked to submit plans for Cyprus Airways". Consultado o 4 de xullo de 2015. 
  4. "Fleet | About Aegean". 
  5. "Aegean Airlines Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-19. 
  6. "Airbus A319 | Fleet | About Aegean". 
  7. "Airbus A320 | Fleet | About Aegean". 
  8. "New arrivals in town! Our brand new A320neo landed last night at Athens Airport.". Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  9. 9,0 9,1 "A new era of growth for AEGEAN". .aegeanair.com. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  10. 10,0 10,1 "AEGEAN announces order of up to 42 new aircraft of the Α320neo Family, valued at 5 billion dollars at list prices". Aegean Airlines (Nota de prensa). 28 de marzo de 2018. 
  11. 11,0 11,1 "AEGEAN Airlines firms up order for 30 A320neo Family aircraft". Airbus (Nota de prensa). 18 de xuño de 2018. 
  12. "Airbus A321 | Fleet | About Aegean". 
  13. https://twitter.com/aegeanairlines/status/1339598627379896321?s=21