O tzeltal ou ts'eltal é unha lingua maia falada polo pobo tzeltal, que habita no estado mexicano de Chiapas, principalmente nos concellos de Ocosingo, Altamirano, Huixtán, Tenejapa, Yajalón, Chanal, Sitalá, Amatenango del Valle, Socoltenango, Villa las Rosas, Chilón, San Juan Cancun, San Cristóbal de las Casas e Oxchuc. O tzeltal é unhas das varias linguas maias faladas preto da rexión leste de Chiapas, incluíndo o tzotzil, o ch'ol e o tojolab'al, entre outras. Tamén existe unha pequena diáspora tzeltal noutras partes de México e nos Estados Unidos de América, principalmente por mor das pouco favorables condicións económicas de Chiapas.[1]

Tzeltal
Ts'eltal
Pronuncia:/ˈsɛltɑːl /
Outros nomes:Batz'il K'op
Falado en: México
Rexións: Chiapas
Total de falantes: 450 000 (2010)
Familia: Maia
 Ch'ol-tzeltal
  Tzeltalan
   Tzeltal
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: México (lingua nacional)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: tzh
Mapa
Status
  1. Polian, Gilles (2006). Éléments de grammaire du Tseltal: Une langue maya du Mexique. París: L'Harmattan. p. 12. ISBN 9782296009790. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar