Probo

emperador romano entre 286 e 272


Marco Aurelio Probo (en latín, Marcus Aurelius Probus) nado en Sirmium (Pannonia) no ano 237 e finado preto desa mesma vila no ano 282, foi un militar e político do Imperio Romano.

Modelo:BiografíaProbo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalMarcus Aurelius Probus
Biografía
Nacemento9 de agosto de 232 Editar o valor en Wikidata
Sirmium, Serbia Editar o valor en Wikidata
Morte282 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Sirmium, Serbia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
setembro de 276 – setembro de 282
← FlorianoCaro →
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Baixo Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano e principado Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeentre o 276 e o 282
Familia
FillosAdrián de Nicomedia (disputado) Editar o valor en Wikidata
IrmánsClaudia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Naceu no seo dunha humilde familia. Dende novo amosara o seu valor, xa que fora elixido tribuno militar por Valeriano. Cos emperadores Claudio II, Aureliano e Tácito participou en diversas campañas. Era xeneral e Prefecto de oriente, e trala morte de Marco Claudio Tácito as lexións de Siria non aceptaron o nomeamento de Floriano como emperador. Probo enfrontouse a Floriano, que quedara loitando contra os bárbaros en Occidente. A táctica deste era deixar pasar o tempo, pero moitos lexionarios pasáronse ó bando de Probo, e Floriano morreu asasinado polas súas tropas. O Senado apresurouse a aceptalo e nomealo emperador no 276.

Probo enfróntase con éxito a tódalas invasións dos godos, os vándalos, os francos e os burgundios, pobos de orixe escandinava que pasaran á Xermania e agora facían incursións na Galia. Así a todo, pactou con algúns grupos para que se establecesen nos limes do imperio, a cambio de que loitasen contra as invasións doutros pobos.

Negociou a paz con Persia, venceu os sármatas no norte e os isauros no leste e, unha vez conseguida a estabilidade e a paz, dedicouse a proxectar e construír numerosas obras públicas. Rematou en Roma a muralla de Adriano e dispuxo dalgunhas reformas que en tempos de Diocleciano se viron rematadas.

Puxo o exército a facer labores civís. Os lexionarios empezaron por limpar canles de rego nas terras de labranza para abastecer o imperio do necesario gran. Pero, este labor non esta moi ben vista por moitos destes, que consideraban un traballo aldraxante para un soldado. Preto de Sirmium, a cidade natal do emperador, nunha mañá en que estaba a pasear o emperador, un grupo de soldados deulle morte. Con el morre un dos mellores emperadores do século III, sendo tamén moi prezado polo pobo de Roma e o Senado. O elixido para substituílo foi Marco Aurelio Caro.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
Imperio Romano

Segue a:
Tácito
Probo
Precede a:
Caro
Emperadores Ilirios