Bieito VI, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Bieito VI, nado en Roma en data descoñecida e morto na mesma cidade en xuño de 974, foi o 134º papa da Igrexa católica dende o 19 de xaneiro de 973 até o seu pasamento.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Roma, Italia |
Morte | xullo de 974 Roma, Italia |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Basílica de San Pedro |
134º Papa | |
24 de xaneiro de 973 – xuño de 974 ← Xoán XIII – Bieito VII → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | sacerdote católico, escritor |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Benedict VI. Enciclopedia de Otto |
Traxectoria
editarFillo dun home chamado Hildebrant, Bieito VI foi escollido papa cando era cardeal diácono de San Teodoro grazas á axuda de Odón I. Pero atopouse co rexeitamento de Crescencio I, irmán do papa anterior, que prefería sentar na cadeira de San Pedro ao diácono Francone.
Aproveitando a morte de Odón o 7 de maio de 973, Crescencio encabezou un motín no cal retivo a Bieito VI e nomeou pontífice ao seu protexido Francone, que tomou o nome de Bieito VII.
Pouco despois, en xuño de 974, o novo papa fixo esganar a Bieito VI para evitar a súa liberación por parte de Sicco de Spoleto, o representante do emperador.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |