Eduard von Zambaur

orientalista, numismático e militar austríaco

Eduard Karl Max Ritter von Zambaur, nado o 11 de maio de 1866 en Podgórze, Cracovia, e finado o 10 de outubro de 1947 en Graz, foi un orientalista, numismático e oficial do exército austríaco.[1]

Modelo:BiografíaEduard von Zambaur
(Eduard Karl Max Ritter von Zambaur)
Biografía
Nacemento11 de maio de 1866
Cracovia, Polonia Editar o valor en Wikidata
Morte10 de outubro de 1947
Graz
Austria Austria
País de nacionalidadeAustríaca
EducaciónAcademia Militar Teresiana.
Actividade
Campo de traballoExército, orientalismo e numismática.
Ocupaciónnumismático, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAcademia Militar Theresiana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
- (1928): Medalla Huntington.
- (1947): Medalla da RNS.

Traxectoria

editar

Como militar

editar

Eduard von Zambaur era fillo dun xeneral do exército austríaco. Logo de recibir a súa educación secundaria militar inferior en Koszeg (actualmente en Hungría) e a superior en Hranice (hoxe na R. Checa), von Zambaur asistiu entre 1880 e 1883 á Academia Militar Teresiana en Wiener Neustadt. En agosto de 1886 acadou o grao de tenente e en 1890 o de tenente primeiro.[2]

De 1890 a 1893 foi instrutor na escola de cadetes de Viena,[2] desde 1897 na Academia Militar Teresiana e a partir de 1913 na Escola Militar de Maribor.

Paralelamente á súa actividade militar, entre 1890 e 1895 frecuentou a Academia Real e Imperial de Linguas Orientais (Kaiserlich-königliche Akademie für Orientalische Sprachen) en Viena, onde aprendeu árabe, turco e persa.[2]

Durante a primeira guerra mundial foi o representante militar do Imperio Austrohúngaro en Constantinopla.[2] En 1917 foi ascendido ao rango de coronel e dous anos despois retirouse do servizo activo. Con todo, entre 1920 e 1925 foi o responsable do servizo de tradución da sección austríaca da Comisión Interaliada de Reparacións.

Como orientalista e numismático

editar

Os intereses de von Zambaur como orientalista non se limitaron ao coñecemento das linguas orientais, senón a aspectos históricos e numismáticos dos pobos da área islámica.[2]

As moedas que adquiriu durante unha viaxe a París, entre as que había algunha de orixe persa, foron a base do seu interese pola moeda oriental, non só no relativo ao seu estudo senón tamén como coleccionista. O seu artigo de 1915 "Nouvelles contributions à la numismatique orientale"[3] tivo moita repercusión nos círculos numismáticos da época e abriulle as portas para ser considerado unha autoridade na numismática do mundo islámico.[2]

Ao seu regreso a Austria logo do seu retiro como representante militar en Constantinopla, en outono de 1918, unha boa parte da súa colección de moedas perdeuse preto da fronteira austríaca en Galicia, e os exemplares que conservou viuse na obriga de venderllos ao Museo de Historia da Arte de Viena, por mor das dificultades económicas que padecía. Nesta época foi cando escribiu o traballo máis salientable da súa traxectoria: Manuel de généalogie et de chronologie pour l’histoire de l’Islam.[4][5]

En 1901 ingresou na Sociedade Numismática Austríaca e en 1929 foi elixido o seu presidente, posto que mantivo ata pouco antes da súa morte, en 1947.[6]

Recoñecementos

editar

Condecoracións militares

editar
  • (1908): Cruz Militar do Xubileu.
  • (1898): Medalla Militar do Xubileu.
  • Medalla ao Mérito Militar (bronce e prata).
  • Cruz do Mérito Militar, clase III.
  • Cabaleiro da Orde Imperial da Coroa de Ferro, clase III.

Premios numismáticos

editar

Publicacións

editar
  1. "Eduard von Zambaur, 1866-1947". Institut dominicain d'études orientales.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Osman Gazi Özgüdenli (2013). Páxina 116.
  3. Von Zambaur, E. (1915). "Nouvelles contributions à la numismatique orientale". En Numismatische Zeitschrift. 47. Páxinas 115-190.
  4. Véxase (1927) en "Publicacións".
  5. Osman Gazi Özgüdenli (2013). Páxina 117.
  6. Osman Gazi Özgüdenli (2013). Páxinas 116-117.
  7. "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
  8. "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar