Ernst Boris Chain
(Redirección desde «Ernst B. Chain»)
Ernst Boris Chain, nado en Berlín o 19 de xuño de 1906 e finado en Castlebar (Irlanda) o 12 de agosto de 1979, foi un bioquímico británico. En 1945 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina canda a Alexander Fleming e mais Howard Walter Florey polos seus traballos sobre a penicilina.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |