Mosteiro do Escorial

O mosteiro de San Lourenzo do Escorial[1] é un complexo de palacio, basílica, biblioteca e mosteiro situado en San Lorenzo de El Escorial, na Comunidade de Madrid, España, construído entre 1563 e 1584. É, desde 1984, Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Modelo:Xeografía físicaMosteiro do Escorial
(es) Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomosteiro
palácio real (pt) Traducir
edifício de biblioteca (pt) Traducir
edifício de museu (pt) Traducir
Monumentos do patrimonio histórico de España
hospital (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EpónimoLourenzo mártir Editar o valor en Wikidata
Parte deMosteiro e Sítio do Escorial (pt) Traducir
Patrimonio Nacional Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaSan Lorenzo de El Escorial, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSan Lorenzo de El Escorial Editar o valor en Wikidata
Mapa
 40°35′21″N 4°08′52″O / 40.58917, -4.14778
Composto por
Características
Dimensións152 (ancho) × 192,5 (lonxitude) m
Superficie94 ha Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1984 (8ª Sesión)
Identificador318-001
Ben de interese cultural
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-51-0001064
Ben de interese cultural
Gardens of the Monastery of San Lorenzo de El Escorial (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data3 de xuño de 1931
IdentificadorRI-52-0000011
Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1563 Editar o valor en Wikidata
OcupanteReal Colexio Afonso XII (1875–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
FundadorFilipe II de España Editar o valor en Wikidata
PropietarioPatrimonio Nacional Editar o valor en Wikidata

Sitio webentradas.patrimonionacional.es… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX114690 Dialnet: 4377265

Características

editar

O palacio foi residencia da familia real española, a basílica é lugar de sepultura dos reis de España e o mosteiro, fundado por monxes xerónimos, está ocupado actualmente por frades da Orde de Santo Agostiño. É unha das máis singulares arquitecturas renacentistas de España e de Europa. Situado en San Lorenzo de El Escorial, ocupa unha superficie de 33.327 m², sobre a ladeira meridional do monte Abantos, a 1028 m de altitude, na Serra de Guadarrama. Está xestionado por Patrimonio Nacional.

Coñecido tamén como Mosteiro de San Lourenzo O Real, ou, sinxelamente, O Escorial, foi ideado na segunda metade do século XVI polo rei Filipe II e o seu arquitecto Juan Bautista de Toledo, aínda que posteriormente interviñeron Juan de Herrera, Juan de Minjares, Giovanni Battista Castello e Francisco de Mora. O rei concibiu un gran complexo multifuncional, monacal e palaciano que, plasmado por Juan Bautista de Toledo segundo o paradigma da Traza Universal, deu orixe ao estilo herreriano.

Foi considerado, desde finais do século XVI, a Oitava Marabilla do Mundo, tanto polo seu tamaño e complexidade funcional como polo seu enorme valor simbólico. A súa arquitectura marcou o paso do plateresco renacentista ao clasicismo desornamentado. Obra inxente, de gran monumentalidade, é tamén un receptáculo das demais artes.

As súas pinturas, esculturas, pergameos, ornamentos litúrxicos e demais obxectos suntuarios, sacros e áulicos fan que O Escorial sexa tamén un museo. A súa complexa iconografía e iconoloxía mereceu as máis variadas interpretacións de historiadores, admiradores e críticos. O Escorial é a cristalización das ideas e da vontade do seu creador, o rei Filipe II, un príncipe renacentista.

Galería de imaxes

editar
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para manierismo.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.