Saltar ao contido

Zengi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 18 de xullo de 2018 ás 20:41 por Corribot (conversa | contribucións) (Traxectoria: +control autoridades using AWB)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

Imad ad-Din Atabeg Zengi (coñecido tamén como Zangi, Zengui, Zenki ou Zanki; en turco İmadeddin Zengi, en árabe عماد الدین زنكي), nado cara a 1085 e finado o 14 de setembro de 1146, foi un gobernador sirio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Aq Sunqur al-Hajib, gobernador de Alepo baixo o goberno de Malik Shah I. Seu pai foi condenado a morte por traizón e decapitado en 1094. Zengi foi criado por Kerbogha, gobernador de Mosul. Zengi foi nomeado atabeg de Mosul en 1127 e de Alepo en 1128, unindo ámbalas dúas cidades baixo o seu mando e unificando gran parte de Siria. En 1144 tomou Edesa con trinta mil soldados, destruíndoa por completo e queimando a cidadela cos cristiáns sitiados nela.

En 1146 condenou a morte a un escravo. Sen nada que perder, este escravo matouno mentres durmía.