Saltar ao contido

Billón (aliaxe)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 12 de abril de 2023 ás 09:12 por Estevoaei (conversa | contribucións) (Outros artigos)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O billón (do francés billon, tronco de árbore —e diñeiro en argot—; do latín medieval billia tronco da árbore)[1] é unha aliaxe de prata e cobre.[2]

Tipos e usos

[editar | editar a fonte]

A aliaxe utilizouse principalmente para facer moedas e medallas en épocas con escaseza de metais nobres e de desvalorización monetaria.O uso máis extenso do billón foi na antiga Grecia e na Idade Media. Por exemplo, durante os séculos VI e V a. C. algunhas cidades da illa de Lesbos utilizaban moedas feitas dun 60 % de cobre e un 40 % de prata, mais no medievo o contido de prata baixaba a entre un 25 % ou un 20 %. En períodos de inflación, como no século III na Roma ou durante as revoltas de 1620 no imperio dos Habsburgo, as moedas de prata, a causa da redución constante e gradual do contido de prata, acaban sendo moedas de billón.

Xeralmente en numismática utilizouse o termo billón para referirse directamente ao anaco de metal empregado para cuñar a moeda independentemente da súa composición. Distínguese entre billón rico se o metal que predomina é a prata, e billón pobre se predomina o cobre.

  1. bille2 no TLF.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para billón.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]