Rubus
Rubus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Silva (Rubus fruticosus) | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
Véxase Especies de Rubus. |
O xénero Rubus acolle a especies de plantas pertencentes á familia das rosáceas, subfamilia Rosoideae. A silveira e o framboeseiro pertencen a este xénero.
Descrición botánica
As especies do xénero Rubus caracterízanse por posuír talos espiñentos como as roseiras e a miúdo se lles chama silvas; aínda que o nome é máis frecuentemente utilizado para a especie Rubus ulmifolius (a verdadeira silva ou silveira) e especies similares coma Rubus fruticosus, que teñen hábitos rubideiros, e non para o framboeseiro que posúe talos erectos. Os seus froitos (amoras e framboesas), encádranse popularmente nos chamados froitos do bosque; botanicamente malia agruparse coma bagas non o son. Os froitos son carnosos e están formados por numerosas drupas miudiñas (polidrupa) unidas entre si.
Especies
- Artigo principal: Especies de Rubus.
Algunhas das especies máis coñecidas do xénero:
- Rubus caesius
- Rubus idaeus: framboeseiro común
- Rubus chamaemorus: silveira boreal
- Rubus fruticosus: silveira brava
- Rubus glaucus: silveira andina
- Rubus loganobaccus: silveira de Logan (híbrido natural entre framboeseiro e silveira)
- Rubus phoenicolasius: framboeseiro xaponés
- Rubus spectabilis: silveira laranxa
- Rubus ulmifolius: silveira de follas de umeiro
Véxase tamén
Outros artigos
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rubus |