Saltar ao contido

Ulm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaUlm
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°24′N 10°00′L / 48.4, 10
EstadoAlemaña
Estado federadoBaden-Württemberg
Rexión administrativaRexión de Tubinga - Regierungsbezirk Tübingen Editar o valor en Wikidata
Capital de
Alb-Donau (pt) Traducir
Oberdonaukreis (en) Traducir (1808–1810)
Q1240941 Traducir (1818–1924) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación129.942 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.094,89 hab./km²)
Xeografía
Superficie118,68 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Danubio, Iller e Blau Editar o valor en Wikidata
Altitude481 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1181 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoChristoph Leonhard von Wolbach (en) Traducir (1819–1844)
Julius Schuster (en) Traducir (1845–1863)
Karl von Heim (pt) Traducir (1863–1890)
Heinrich von Wagner (pt) Traducir (1891–1919)
Emil Schwamberger (pt) Traducir (1919–1933)
Friedrich Foerster (pt) Traducir (1933–1945)
Hermann Frank (en) Traducir (1945–1945)
Karl Eychmüller (en) Traducir (1945–1945)
Robert Scholl (pt) Traducir (1945–1948)
Theodor Pfizer (pt) Traducir (1948–1972)
Hans Lorenser (1972–1984)
Ernst Ludwig (1984–1992)
Ivo Gönner (pt) Traducir (1992–2016)
Gunter Czisch (pt) Traducir (2016–2024)
Martin Ansbacher (2024–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal89081, 89073, 89075, 89077 e 89079 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0731, 07346 e 07305 Editar o valor en Wikidata
Código NUTSDE144 Editar o valor en Wikidata
Clave de rexión en Alemaña084210000000 Editar o valor en Wikidata
Número de municipio alemán08421000 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Vidin (pt) Traducir
Jinotega (1986–)
Bratislava (2003–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webulm.de Editar o valor en Wikidata

Ulm é unha cidade alemá do estado federado de Baden-Württemberg, situada entre Stuttgart no oeste e Augsburg e Múnic no leste, ás beiras do Danubio. O río separa Ulm de Neu-Ulm, a nova parte da cidade, que xa se atopa no estado federado de Baviera. Ulm é coñecido pola súa Catedral, santuario protestante de arquitectura gótica, coa torre de igrexa máis alta do mundo (161,53 m), pola súa cidade universitaria, na que se integrou a Escola de Ulm, sucesora da Bauhaus, e por ser a cidade natal de Albert Einstein.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ulm está na desembocadura dos ríos Blau e Iller no Danubio. A maior parte da cidade está na beira esquerda do río, estando no outro costado a súa cidade xemelga, Neu-Ulm (nova Ulm), que cos seus 50.000 habitantes está situada no land de Baviera.

A cidade está dividida en 18 distritos: Ulm-Mitte, Böfingen, Donaustetten, Donautal, Eggingen, Einsingen, Ermingen, Eselsberg, Gögglingen, Grimmelfingen, Jungingen, Lehr, Mähringen, Oststadt, Söflingen (con Harthausen), Unterweiler, Weststadt e Wiblingen.

A Catedral vista dende o Danubio

Ulm é mencionada por primeira vez en 854, sendo declarada cidade por Frederico I Barbarroxa en 1164. Floreceu durante o século XVI, debido maiormente á exportación téxtil. Estes séculos representan o cénit da arte en Ulm, especialmente para pintores e escultores.

En 1803, deixou de ser unha "Cidade Libre Imperial" e foi absorbida por Baviera. Durante a batalla de Ulm de 1805, no marco das Guerras Napoleónicas, o exército francés fixo unha emboscada á invasión da armada austríaca en mans do Xeneral Mack en Ulm forzando a súa retirada. En 1810, foi incorporada no Reino de Württemberg, pertencente á Confederación do Rin.

En 1938, de novo pasou a ser unha "cidade libre" ou Stadtkreis, o que significa que non pertence a ningún dos distritos rurais da contorna, formando un de tipo urbano.

Economía

[editar | editar a fonte]
Torre medieval
Torre da Catedral

A proximidade de Stuttgart fai que boa parte da actividade industrial da cidade estea ligada á produción automotriz. EvoBus, a división de autobuses e autocares de Daimler, ten a súa planta de produción principal de vehículos da marca SETRA nesta cidade, así como unha planta de montaxe de camións de IVECO.

En xeral, o estado federado de Baden-Württemberg é unha das rexións economicamente máis prósperas de Alemaña e, naturalmente, da Unión Europea (UE).

Puntos de interese

[editar | editar a fonte]
  • Sen dúbida a súa principal referencia é a Catedral de Ulm, coa torre de igrexa máis alta do mundo (161,53 m).
  • O barrio dos pescadores coa Schliefes Haus do século XVI (actualmente un hotel) e o Alte Münz (un edificio medieval ampliado con estilo renacentista).
  • Os restos da cidade que sobreviviron aos bombardeos.
  • A Casa do Concello, construída no ano 1370.
  • Os edificios da Hochschule für Gestaltung, a Escola de Ulm, hoxe empregados pola Universidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]