Volkswagen Escaravello
Volkswagen Typ 1 | |
---|---|
Nomes | Volkswagen Käfer |
Tipo | modelo de automóbil e serie de modelos de automóbiles |
Fabricante | Volkswagen |
Marca | Volkswagen |
País | Alemaña |
Deseño | Ferdinand Porsche |
Produción | 21.529.464 |
Configuración | |
Carrozaría | Sedán de 2 portas Cabriolé de 2 portas |
Dimensións | |
Lonxitude | 4079 mm |
Anchura | 1539 mm |
Altura | 1.500 mm |
Distancia eixes | 2400 mm |
Peso | 800 – 840 kg |
Características técnicas | |
Motor | 1100 cc H4 1200 cc H4 1300 cc H4 1500 cc H4 1600 cc H4 |
Modelos relacionados | |
[ Commons ] [ Wikidata ] |
O Volkswagen Escaravello (oficialmente o Volkswagen Tipo 1, informalmente en alemán Käfer, que significa «escaravello»), é un automóbil de dúas portas destinado a cinco ocupantes (máis tarde restrinxíronse a catro persoas nalgúns países),[1][2][3] que foi fabricado e comercializado polo fabricante de automóbiles alemán Volkswagen (VW) desde 1938 ata 2003.[4] Con 21 529 464 producidos,[5] o Escaravello é o coche máis fabricado e durante máis tempo por unha soa plataforma.
Na competición Car of the Century de 1999, para determinar o coche máis influente do mundo no século XX, o Tipo 1 quedou cuarto, despois do Ford T, o Mini e o Citroën DS.[6]
Historia
[editar | editar a fonte]A necesidade dun coche popular (en alemán, Volkswagen), o seu concepto e os seus obxectivos funcionais foron formulados polo líder da Alemaña nazi, Adolf Hitler, que quería que se producise un coche barato e sinxelo para a nova rede de estradas do seu país (Reichsautobahn). Aos membros do Partido Nacionalsocialista, cunha recarga adicional, prometéronlles a primeira produción, mais a guerra civil española transferiu a maioría dos recursos de produción a vehículos militares para apoiar os franquistas. O enxeñeiro principal Ferdinand Porsche e o seu equipo tardaron ata 1938 para finalizar o deseño. A Béla Barényi[7] atribúeselle o primeiro deseño orixinal do coche en 1925 (por exemplo pola páxina web de Mercedes-Benz), incluído o seu debuxo técnico orixinal,[8][9] cinco anos antes de que Porsche afirmase que fixera a súa versión inicial.[10] A influencia sobre o deseño de Porsche doutros coches contemporáneos, como o Tatra V570, e o traballo de Josef Ganz segue a ser un tema de disputa.[11] O resultado foi o primeiro Volkswagen e un dos primeiros coches con motor traseiro desde a era do latón.
Aínda que deseñados na década de 1930, debido á segunda guerra mundial, os Escaravellos civís só comezaron a producirse en cantidades significativas a finais dos anos corenta. O coche foi entón designado internamente Volkswagen Tipo 1 e comercializado simplemente como Volkswagen. Os modelos posteriores designáronse Volkswagen 1200, 1300, 1500, 1302 ou 1303, os tres primeiros indicando a cilindrada do motor e os dous últimos derivados do número de modelo. O coche fíxose moi popular no seu país como Käfer (en alemán "escaravello") e posteriormente comercializouse con ese nome en Alemaña, [4] e como Volkswagen noutros países. Por exemplo, en Francia era coñecido como Coccinelle (en francés, xoaniña).[12][13] En 1943, Roy Fedden solicitou unha patente,[14] GB570814, "Melloras relativas aos vehículos por estrada", un coche moi similar ao Tipo 1 cun motor radial e suspensión con resorte.
O Escaravello orixinal de 25 CV foi deseñado para unha velocidade máxima duns 100 km/h, o que era unha velocidade de cruceiro viable no sistema Reichsautobahn. A medida que as velocidades das autoestradas aumentaron nos anos da posguerra, a súa produción aumentou a 36 e logo 40 CV, configuración que durou ata 1966 e que se converteu no motor "clásico" de Volkswagen. O Escaravello deu orixe a varias variantes: principalmente o Tipo 2 'Bus' de 1950, o Karmann Ghia de 1955, así como os coches familiares do Tipo 3 'Ponton' de 1961 e os coches familiares do Tipo 4 (411/412) de 1968, formando finalmente a base dunha gama de produtos de Volkswagen totalmente motorizada. O Escaravello marcou unha tendencia significativa, liderada por Volkswagen e logo por Fiat e Renault, polo que o deseño do motor traseiro e da tracción traseira aumentou do 2,6 por cento da produción continental de automóbiles de Europa Occidental en 1946 ao 26,6 por cento en 1956.[15] En 1959 mesmo General Motors lanzou un coche con motor traseiro e refrixerado por aire, o Chevrolet Corvair, que ata compartía o motor plano do Escaravello e a arquitectura do eixe basculante.
Co paso do tempo, a tracción dianteira e, con frecuencia, os coches con carrozaría hatchback chegaron a dominar o mercado europeo dos coches pequenos. En 1974, o propio Golf hatchback con tracción dianteira de Volkswagen sucedeu o Escaravello. En 1994, Volkswagen presentou o Concept One, un concept-car con tema "retro" semellante ao Escaravello orixinal, e en 1998 presentou o "New Beetle", construído sobre a plataforma do Golf contemporáneo cun estilo que lembra o Tipo 1 orixinal. Mantívose en produción ata o 2010 e foi sucedido en 2011 polo Beetle (A5), a última variante do Escaravello, que tamén lembraba máis o Escaravello orixinal. A produción cesou por completo en 2019.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "TheSamba.com :: VW Archives - 1970 VW Beetle Sales Brochure". www.thesamba.com. Consultado o 2018-01-15.
- ↑ "Beetle Sheet".
- ↑ Borroz, Tony (17 de febreiro de 2010). "Feb. 17, 1972: Beetle Outruns Model T" – vía www.wired.com.
- ↑ Faragher, Scott (2005). Porsche The Ultimate Guide: Everything You Need to Know About Every Porsche Ever Built. Krause Publications. p. 7. ISBN 0-87349-720-1.
- ↑ Clodfelter, Tim (2 de marzo de 2010). "The Bug Doctor: Former dealership mechanic opened a shop to work on VWs in 1973 and never looked back". Winston-Salem Journal (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2010. Consultado o 2 de marzo de 2010.
- ↑ Cobb, James G. (24 de decembro de 1999). "This Just In: Model T Gets Award". The New York Times.
- ↑ "Inductees: Béla Barényi". Automotive Hall of Fame (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2006. Consultado o 2006-05-20.
- ↑ Mercedes-Benz
- ↑ "Béla Barényi, the lifesaver" (en inglés). Mercedes-Benz. Arquivado dende o orixinal o 2018-08-25. Consultado o 2019-06-14.
- ↑ A tese de Barényi anticipou os principios do deseño de VW en 1925/1926. ("Mit seiner Abschlussarbeit zu den Grundlagen des späteren Volkswagenkonzepts (Zentralrohrrahmen mit Boxermotor im Heck und Stromlinienkarosserie in Pontonbauweise) nahm er bereits (1925/26) entscheidende Konstruktionsmerkmale des VW vorweg.")—De: Niemann: Barenyi, Bela.
- ↑ Wood, Jonathan (2003). The Volkswagen Beetle. Osprey Publishing. pp. 3–5. ISBN 978-0-7478-0565-6.
- ↑ "Full line". The samba (brochure) (en inglés). Canadá. 1970. Consultado o 1 de xuño de 2011.
- ↑ "Super Beetle Sedan and Convertible". The samba (sales brochure) (en inglés). EUA. 1971. Consultado o 1 de xuño de 2011.
- ↑ "Patente". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2021. Consultado o 10 de maio de 2021.
- ↑ "BMC's Mini: The Background story: Part one: The Volkswagen cometh". Small Car: 42–47. xaneiro de 1965.
- ↑ "VW Beetle comes to the end of the road". 2018-09-14. Consultado o 2019-09-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Volkswagen Escaravello |
A Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hiott, Andrea (2012). Thinking Small: The Long Strange Trip. Nova York: Random House. ISBN 9780345521422.
- Nelson, Walter Henry, Small Wonder: The Amazing Story of the Volkswagen, Boston: Little, Brown, 1967.
- Rieger, Bernhard, The People's Car: A Global History of the Volkswagen Beetle. Harvard University Press, 2013.
- Ivan Margolius & John G Henry, Tatra - The Legacy of Hans Ledwinka, Dorchester: Veloce, 2015. ISBN 978-1-845847-99-9.
- Copping, Richard, VW Beetle: The Car of the 20th Century, ISBN 978-1-901295-863, 2014.
- Imseng, Dominik (2016). "Ugly Is Only Skin-Deep: The Story of the Ads That Changed the World". Matador. ISBN 978-1785893179. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2019. Consultado o 10 de maio de 2021.
- "Why Did Volkswagen Kill The Beetle?". CNBC. 2019-09-03.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Beetle: From Hitler to HippiesArquivado 02 de xuño de 2010 en Wayback Machine.: slideshow by Life
- History of the Volkswagen Super Beetle