Saltar ao contido

Wergeld

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Wergeld (formas alternativas: weregild, wergild, weregeld, etc.) foi unha forma de compensación, normalmente pago como reparación esixido a unha persoa culpábel de homicidio ou outro tipo de morte ilegal, aínda que tamén podía ser esixido por calquera outro crime serio[1][2].

Datos xerais

[editar | editar a fonte]

O pago do Wergeld foi un mecanismo legal moi importante nas sociedades do norte de Europa, como a viquinga ou a anglosaxoa, durante a Alta Idade Media; a outra forma de reparación nesa época era a vinganza sanguenta blutrache. O pago facíase normalmente ao clan familiar. Se o pago non se realizaba, ou era rexeitado polo bando ofendido, adoitaba derivar a unha constante débeda de sangue[3].

O tamaño do Wergeld en casos de asasinato viña imposto polo rango social da vítima. Nos casos de escravos ou thralls (escravos na cultura escandinava), non se estipulou ningún prezo, aínda que era común realizar un pago simbólico no caso do thrall e o valor do escravo no seu caso. Un clásico exemplo dunha disputa por un Wergeld dun escravo nárrase na Saga de Egil Skallagrímson.

Este imposto era tamén coñecido polos celtas, quen o denominaban ericfine en Irlanda e galanas en Gales, e polos pobos eslavos que o chamaban vira ("вира") en Rusia e główczyzna en Polonia.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra Wergeld está composta por were, que significa "home", e geld, que significa "pago"; a palabra significaría "prezo dun home"[4]. Etimoloxicamente, were está relacionado co termo latino vir. Geld é a raíz da palabra inglesa gilt (dourado, de cor dourada), como 'Gold', que significa: 'Ouro'. Hoxe en día, a palabra Geld segue significando "diñeiro" en linguas como o holandés, o yiddish e o alemán.

  1. Wergeld en dictionary.reference.com
  2. Wergeld en oed.com
  3. Ignasi Terradas Saborit (2008), Justicia Vindicatoria, ISBN 8400087437 (10), ISBN 9788400087432 (13) p. 217
  4. Laia San José Beltrán, Quienes fueron realmente los vikingos, Quarentena, 2015, ISBN 978-84-16229-16-1 p. 199.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Historia del Derecho: Teresa Da Cunha Lopes - Cap. III Derecho Visigodo.