Atopa calquera dispositivo Android perdido, bloquéao, borra o seu contido ou fai que reproduza un son
Localiza o teu dispositivo Android e bloquéao ata que o recuperes
Funcións
Consulta a localización do teu teléfono, tableta ou outros dispositivos e accesorios Android nun mapa. Se a localización actual non está dispoñible, verás onde estaba a última vez que se conectou a Internet.
Usa os mapas de interior para axudar a atopar os teus dispositivos en aeroportos, centros comerciais ou outros edificios grandes.
Obtén indicacións para chegar ata os teus dispositivos con Google Maps tocando a súa localización e, despois, a icona de Maps.
Fai que reproduzan un son co volume ao máximo aínda que estean silenciados.
Borra o contido dos dispositivos Android perdidos ou bloquéaos e engade á pantalla de bloqueo unha mensaxe personalizada, así como información de contacto.
Consulta o estado da conexión de rede e da batería.
Consulta os detalles sobre o hardware.
Permisos
• Localización: Requírese para mostrar a localización actual do teu dispositivo nun mapa.
• Contactos: Úsase para acceder aos enderezos de correo electrónico asociados á túa Conta de Google.
• Identidade: É necesario para acceder aos enderezos de correo electrónico asociados á túa Conta de Google e xestionalos.
• Cámara: Serve para tirar fotos e gravar vídeos.
Última actualización
3 de dec. de 2024