Crea presentacións, edítaas e colabora nelas con outros usuarios desde a túa tableta ou teléfono Android grazas á aplicación Presentacións de Google, coa que podes:
- Crear novas presentacións ou editar ficheiros existentes.
- Compartir presentacións e colaborar canda outros usuarios na mesma presentación.
- Traballar en calquera lugar e en calquera momento, mesmo sen conexión.
- Engadir comentarios e responder a eles.
- Engadir e reordenar diapositivas, aplicar formato ao texto e ás formas e moito máis.
- Mostrar contido directamente desde o teu dispositivo móbil.
- Esquecerte de perder os traballos, xa que todo se garda de maneira automática ao escribir.
- Crear fermosas diapositivas ao instante con Explorar.
- Mostrar diapositivas en videochamadas; as reunións programadas aparecerán automaticamente
- Abrir, editar e gardar ficheiros de PowerPoint.
Aviso sobre permisos
Calendario: úsase para unirse ás videochamadas desde as invitacións do calendario.
Cámara: úsase para aproveitar o modo de cámara nas videochamadas e para inserir as imaxes sacadas con ela.
Contactos: úsase para suxerir persoas que se poden engadir aos ficheiros e coas que se poden compartir estes.
Micrófono: úsase para transmitir audio nas videochamadas.
Almacenamento: úsase para inserir imaxes e abrir ficheiros desde un almacenamento USB ou SD.
Última actualización
12 de dec. de 2024