Google Family Link

4,6
3,69 M recensións
100 M+
Descargas
Clasificación de contido
Todos
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla
Imaxe de captura de pantalla

Acerca desta aplicación

Google Family Link é unha aplicación de controis parentais que che axuda a protexer a túa familia cando está en liña. Como cada familia se relaciona coa tecnoloxía dunha maneira distinta, deseñamos ferramentas flexibles como Family Link para que elixas o equilibrio ideal para a túa familia e lle axudes a crear hábitos saudables no mundo dixital. Family Link conta con ferramentas intuitivas que che permiten, por exemplo, saber o que fai o teu fillo ou filla co seu dispositivo, ver a súa localización e xestionar a configuración de privacidade.


Para axudar ao teu fillo ou filla, con Family Link podes:

Establecer normas básicas no mundo dixital
• Fixa límites de tempo diante da pantalla. Family Link ofréceche a opción de definir tempos de descanso para o seu dispositivo e límites de tempo de uso das aplicacións, de tal xeito que poida lograr un bo equilibrio.
• Dálle acceso ao contido adecuado para a súa idade. Aproba ou bloquea as aplicacións que queira descargar. Con Family Link tamén podes escoller o uso de YouTube que máis lle convén: unha experiencia supervisada en YouTube ou YouTube Kids.

Xestionar e protexer a súa conta
• Protexe a súa privacidade. Grazas á xestión de permisos de Family Link, podes tomar decisións apropiadas sobre os seus datos. Consulta e xestiona os permisos para os sitios web e as extensións ás que accede a través de Chrome, así como os das aplicacións descargadas no seu dispositivo.
• Protexe a súa conta. Family Link permíteche xestionar a configuración dos seus datos e a súa conta. Como pai ou nai, podes axudarlle a cambiar ou restablecer o contrasinal, a editar a información persoal e mesmo a eliminar a conta de ser preciso.

Manter o contacto esteades onde esteades
• Mira onde está. Resulta moi útil poder atopar a familia facilmente. Con Family Link podes establecer a localización do teu fillo ou filla, sempre que leve enriba o dispositivo.
• Recibe notificacións e alertas. Family Link envía notificacións esenciais, como cando chega ou marcha dun lugar concreto. Podes facer soar os dispositivos e ver canta batería lles queda.


Información importante

• As ferramentas de Family Link varían segundo o dispositivo. Tes unha lista de dispositivos compatibles en https://families.google/familylink/device-compatibility/
• Aínda que Family Link che axuda a xestionar as compras e as descargas do teu fillo ou filla en Google Play, non necesitará a túa aprobación para instalar as actualizacións das aplicacións (mesmo as actualizacións que amplíen os permisos), as aplicacións que aprobases ou as que compartises na Mediateca familiar. As aprobacións de compras só se aplicarán cando faga compras a través do sistema de facturación de Google Play, non cando use outros sistemas de facturación. Os pais deberían revisar regularmente as aplicacións que ten instaladas a súa filla ou fillo e os permisos das aplicacións en Family Link.
• Examina as aplicacións do seu dispositivo supervisado e desactiva as que non queiras que use. Talvez non poidas desactivar algunhas aplicacións preinstaladas, como Play, Google etc.
• Para ver a localización do seu dispositivo, tanto de nenos como de adolescentes, cómpre que estea acendido, con actividade recente e conectado a Internet mediante wifi ou datos.
• Os controis parentais de Family Link só están dispoñibles para as contas de Google supervisadas. Coas Contas de Google supervisadas, os nenos teñen acceso a produtos de Google como a Busca, Chrome e Gmail. Os pais poden fixar normas básicas no mundo dixital para supervisalas.
• A pesar de que Family Link dispón de ferramentas para xestionar a experiencia en liña dos fillos, non fai de Internet un lugar totalmente seguro. Family Link non pode determinar o contido de Internet, pero si darlles aos pais a oportunidade de decidir como queren que use o dispositivo o seu fillo ou filla. Tamén poden escoller a mellor seguranza en liña para a súa familia.
Última actualización
13 de dec. de 2024

Seguranza dos datos

A seguranza pasa por entender como recompilan e comparten os teus datos os programadores. As prácticas relacionadas coa seguranza e a privacidade dos datos utilizadas poden variar en función do uso, a rexión e a idade. O programador facilitou esta información e pode modificala co paso do tempo.
Non se comparten datos con terceiros
Máis información sobre como fan os programadores declaracións acerca dos datos que comparten
Esta aplicación pode recompilar estes tipos de datos
Información persoal, Información financeira e 7 máis
Encríptanse os datos en tránsito
Podes solicitar que se eliminen os datos
Revisión de seguranza independente

Valoracións e recensións

4,6
3,64 M recensións
Sonia
5 de decembro de 2024
Quitar el bloqueo es tan fácil como apagar y encender el teléfono. Ojalá lo arreglen.
Pareceuche útil?
Google LLC
5 de decembro de 2024
Hola, Sonia. Gracias por la información. En este caso, te sugerimos ponerte en contacto con nuestros especialistas para obtener ayuda adicional: goo.gle/2xlyisa. Nuestros especialistas estarán encantados de ayudarte. Saludos.
David Gomez
30 de setembro de 2024
no sirve para nada. no controla el tiempo en pantalla ni bloquea la instalación de apps
Pareceuche útil?
Google LLC
30 de setembro de 2024
Hola, David. Gracias por la información. En este caso, te sugerimos ponerte en contacto con nuestros especialistas para obtener ayuda adicional: goo.gle/2xlyisa. Nuestros especialistas estarán encantados de ayudarte. Saludos.
Babarro González
6 de novembro de 2022
Muy fácil de usar y efectiva
2 persoas consideraron que esta recensión é útil
Pareceuche útil?

Novidades

Diversas melloras de estabilidade e corrección de erros.