Guía de boas prácticas para actuacións de tendido da rede de fibra óptica en contornas urbanas de especial protección e conxuntos históricos de Galicia

Guía de boas prácticas para actuacións de tendido da rede de fibra óptica en contornas urbanas de especial protección e conxuntos históricos de Galicia

A Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia ten por obxecto a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia de forma que sirva á cidadanía como unha ferramenta de cohesión social, desenvolvemento sostible e fundamento da identidade cultural do pobo galego, así como a súa investigación, valorización e transmisión ás xeracións futuras. No que se refire á incorporación de novas instalacións en conxuntos históricos ou contornas protexidas establece no Artigo 53 que: Non poderán instalarse cables e antenas que prexudiquen a apreciación dos bens, salvo que non existan solucións técnicas que resulten máis compatibles coas súas características. De acordo con este artigo, prohíbese o tendido da rede de fibra óptica por fachada ou cuberta. A única opción admisible é o tendido da rede de fibra óptica soterrado, polo espazo público e acometendo a cada inmoble a través de canalizacións soterradas, ata a caixa de derivación que se atopa nunha zona común deste.

A presente "Guía de boas prácticas para actuación de tendido de fibra óptica en contornas urbanas de especial protección e conxuntos históricos de Galicia", ten por obxecto o establecemento dunha metodoloxía de traballo que permita a incorporación do tendido de fibra óptica (de forma provisional  entres non se execute a remodelación integral) nos conxuntos históricos e nas contornas urbanas e agrupacións de especial protección, ao tempo que se garanta a protección e conservación dos seus valores culturais.

Partindo sempre de que a solución idónea é enterrar toda a rede sen que exista ningún tramo de superficie por espazos públicos, as catro alternativas que se expoñen para o tramo de vía pública elixido, propoñen unha alternativa para instalar a rede de fibra óptica de maneira temporal ata que non se acometa a revisión integral de todas as redes (saneamento, fontanería, electricidade, gas, iluminación, xestión de residuos, telecomunicacións etc.).

Guía de boas prácticas para actuacións de tendido da rede de fibra óptica en contornas urbanas de especial protección e conxuntos históricos de Galicia

Consulta Fibra Óptica