PR603B (Xunta de Galicia) | 633269 (BDNS)
O 30 de novembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a concesión a Telefónica de España, S.A.U. das subvencións destinadas a reforzar a conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos, por unha contía total de 382.351,18 euros correspondente a dous liñas de actuación no período 2022-2023.
Proxecto de “Extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020”
AP400A (Xunta de Galicia) | 770581 (BDNS)
O 28 de xuño de 2024 publicouse no DOG a resolución coa que se pon en marcha a terceira convocatoria do programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables. O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2024.
AP400C (Xunta de Galicia) | 778881 (BDNS)
O 7 de agosto de 2024 publicouse no DOG a resolución coa que se pon en marcha unha nova convocatoria da liña de axudas para a mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios (AP400C).
O 23 de xullo de 2024 publicouse no DOG a resolución coa que se pon en marcha unha convocatoria da liña de axudas para o reforzo da conectividade en polígonos industriais e centros loxísticos (AP400F).
Proxecto de “Extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020”
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia puxo en marcha no ano 2017 unha liña de subvencións dentro do Plan de Banda Larga 2020 , destinada a dotar de servizos de banda larga ultrarrápida de cando menos 30 Mbps a empresas situadas en zonas illadas do rural sen cobertura actual de redes de banda larga para estes servizos.
SA.45332 (UE) – 303889 (BDNS) – PR603A (Xunta de Galicia)
Proxecto de “Extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia. cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)” no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020