George Follmer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xaneiro de 1934 (90 anos) Phoenix, Estados Unidos de América |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Premios | |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
George Follmer, nado en Phoenix (Arizona) o 27 de xaneiro de 1934 é un expiloto de automobilismo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa familia mudouse a California cando era só un bebé. Follmer comezou a súa carreira cun Volkswagen Beetle competindo en Gymkhanas nos aparcadoiros de San Gabriel Valley no Sur de California.
Follmer correu na serie do campionato USAC nas tempadas de 1967-1971 e 1974, con 25 carreiras profesionais, incluíndo as carreiras das 500 Millas de Indianápolis de 1969 a 1971. Terminou entre os dez primeiros 11 veces, coa súa única vitoria en 1969 no Phoenix International Raceway. O seu mellor final nas 500 Millas de Indianapolis foi en 1971. Comezou 29º e terminou na 15ª posición pilotando o Offy turbo de Grant King Racer.
En 1973, Follmer competiu na Fórmula 1 co equipo Shadow de Don Nichols. Participou no seu primeiro Gran Premio, no Gran Premio de Suráfrica de 1973, á idade de 39 anos e 1 mes, converténdose no debutante máis vello da F1 desde a década de 1950, unha distinción que aínda mantén.[1] Nas 13 carreiras do Campionato, os seus mellores resultados foron un podio, 3º no Gran Premio de España de 1973 e 6º en Suráfrica, o que lle outorgou o posto décimo itavo no Campionato de Pilotos con cinco puntos. Tamén competiu en varias carreiras fora do campionato.
Follmer tamén tivo éxito noutras series de carreiras. En 1965 gañou o United States Road Racing Championship da SCCA. Follmer gañou dúas carreiras no SCCA Continental Championship de 1970 para os coches de Fórmula A, colocándose sexto na clasificación. Gañou o campionato Trans-Am en 1972, gañando catro carreiras cun AMC Javelin e 1976, pilotando un Porsche 934 Turbo.
En 1972, Follmer foi o campión da Can-Am, substituíndo ao ferido Mark Donohue nun Porsche 917/10 do equipo Penske Racing, facendo que a prensa de carreiras alcumase a Follmer como "George Am". Foi bicampión en 1973 pilotando para Rinzler e 1974 nun Shadow. Logrou 6 vitorias e 13 podios en tres anos. É o único piloto que gañou o campionato Can-Am e Trans-Am o mesmo ano.
Follmer competiu na serie NASCAR na Winchester Cup en 1974, con 13 aparicións das 30 carreiras. Logrou tres acabados no top 5 e unha pole position. En 1974 e 1975, correu a International Race of Champions, onde gañou unha carreira.
En 1977 regresou á resucitada Can-Am, acabando sexto en 1977 e o quinto en 1978.
Logo da súa retirada, regresou ás carreiras nas 24 Horas de Le Mans de 1986, obtendo un prestixioso terceiro posto cun Porsche 956.
Aínda que se retirou da competición profesional dos deportes de motor, Follmer aínda compite en carreiras de época, moitas veces pilotando os mesmos coches nos que competiu durante o seu apoxeo.
Ademais da súa andaina nas carreiras, Follmer tamén posuía un concesionario Porsche-Audi-Subaru en Pomona, California, e posteriormente mudouse a Montclair, California, desde 1977 ata 1990.
Rexistro de carreiras
[editar | editar a fonte]Resultados nas 24 Horas de Le Mans
[editar | editar a fonte]Ano | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1966 | North American Racing Team | Charlie Kolb | Ferrari Dino 206S | P 2.0 | 9 | Ret | Ret |
1986 | Joest Racing | John Morton Kenper Miller |
Porsche 956 | C1 | 355 | 3º | 3º |
American open-wheel racing
[editar | editar a fonte](clave) (Carreiras en grosa indican pole position)
Campionato USAC
[editar | editar a fonte]500 Millas de Indianápolis
[editar | editar a fonte]Ano | Chasis | Motor | Saída | Final | Equipo |
---|---|---|---|---|---|
1968 | Cheetah | Ford | NSC | George R. Bryant | |
1969 | Cheetah | Ford | 27 | 27 | George Follmer |
1970 | Brawner Hawk | Ford | 21 | 31 | STP Racing |
1971 | Kingfish | Offenhauser | 29 | 15 | Grant King |
1975 | Eagle | Offenhauser | NSC | American Kids Racer | |
Eagle | Offenhauser | NSC | Adams Automotive |
NASCAR
[editar | editar a fonte](key) (Bold – Pole position awarded by qualifying time. Italics – Pole position earned by points standings or practice time. * – Most laps led.)
Winston Cup Series
[editar | editar a fonte]500 Millas de Daytona
[editar | editar a fonte]ano | Equipo | construtor | Saída | Final |
---|---|---|---|---|
1974 | Bud Moore Engineering | Ford | 5 | 20 |
1975 | Moyer Racing | Chevrolet | 40 | 24 |
International Race of Champions
[editar | editar a fonte](clave) (Grosa – Pole position. * – Máis voltas liderando.)
International Race of Champions results | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ano | Construtor | 1 | 2 | 3 | 4 | Pos. | Pts | Ref |
1973–74 | Porsche | RSD 4 |
RSD 1 |
RSD 5 |
DAY 5 |
5º | - | [8] |
1974–75 | Chevy | MCH 5 |
RSD 2 |
RSD 5 |
DAY 8 |
7º | - | [9] |
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1973 | UOP Shadow Racing Team | Shadow DN1 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ARX | BRA | RSA 6 |
ESP 3 |
BEL Ret |
MON NTS |
SWE 14 |
FRA Ret |
GBR Ret |
NED 10 |
ALE Ret |
AUT Ret |
ITA 10 |
CAN 17 |
USA 14 |
13º | 5 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The F1 FAQ". Atlas F1. Consultado o 16 de novembro de 2013.
- ↑ "George Follmer – 1972 NASCAR Winston Cup Results". Racing-Reference. Consultado o April 23, 2017.
- ↑ "George Follmer – 1974 NASCAR Winston Cup Results". Racing-Reference. Consultado o April 23, 2017.
- ↑ "George Follmer – 1975 NASCAR Winston Cup Results". Racing-Reference. Consultado o April 23, 2017.
- ↑ "George Follmer – 1986 NASCAR Winston Cup Results". Racing-Reference. Consultado o April 23, 2017.
- ↑ "George Follmer – 1987 NASCAR Winston Cup Results". Racing-Reference. Consultado o April 23, 2017.
- ↑ "George Follmer – 1988 NASCAR Winston Cup Results". Racing-Reference. Consultado o April 23, 2017.
- ↑ "George Follmer – 1974 IROC Results". Racing-Reference. Consultado o April 23, 2017.
- ↑ "George Follmer – 1975 IROC Results". Racing-Reference. Consultado o April 23, 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: George Follmer |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Madigan, Tom. Follmer: American Wheel Man. ejje Publishing. Follmer Book.comArquivado 19 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.