Saltar ao contido

Alexa Internet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexa Internet, Inc.
TipoFilial
Fundación1996
LocalizaciónSan Francisco
IndustriaInternet
ProdutosMotor de busca
Na rede
https://www.alexa.com/
Facebook: alexainternet Twitter: AlexaInternet Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alexa Internet, Inc. e unha subsidiaria da compañía Amazon.com con sede en California. E coñecida por operar no sitio web alexa.com que prove información acerca da cantidade de visitas que recibe un sitio web e as clasifica. Alexa recolle información dos usuarios que teñen instalado Alexa Toolbar, que lles permite xerar estatísticas acerca da cantidade de visitas e dos enlaces relacionados.[1]

Alexa tamén proporciona unha gráfica onde se pode apreciar o crecemento/decrecemento das visitas a unha páxina web, ademais de información diaria (só das 100.000 primeiras páxinas da clasificación), media semanal e media nos últimos 12 meses.

Alexa Internet foi fundada en 1996 por Brewster Kahle e Bruce Gilliat.[2] O nome foi escollido en homenaxe á Biblioteca de Alexandría,[3] trazando un paralelo entre o maior coñecemento da antigüidade e o potencial de Internet.

  1. "Alexa Internet opens the doors" (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2014. 
  2. "ALEXA Internet Donates Archive of the World Wide Web To Library of Congress". Archived from the original on 27 de xullo de 2014. Consultado o 7 de novembro de 2014. 
  3. "A "Gift of the Web" for the Library of Congress from Alexa Internet". Archived from the original on 06 de outubro de 2014. Consultado o 7 de novembro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]