All Hands on the Bad One
All Hands on the Bad One | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Sleater-Kinney | ||||
Publicado | 2 de maio de 2000 | |||
Gravación | decembro de 1999 - xaneiro de 2000 | |||
Estudio(s) | Jackpot! Studio, Portland John & Stu's Place, Seattle | |||
Duración | 37:07 | |||
Xénero(s) | indie rock, punk rock | |||
Selo(s) | Kill Rock Stars Matador Records (RU) | |||
Produtor | John Goodmanson | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
All Hands on the Bad One é o quinto álbum da banda estadounidense de indie rock Sleater-Kinney, editado o 2 de maio do 2000 a través do selo Kill Rock Stars. O disco foi producido por John Goodmanson e gravouse entre decembro de 1999 e xaneiro de 2000 no Jackpot! Studio en Portland, Oregón e en John & Stu's Place en Seattle, Washington. A música do disco vai dende melodías máis suaves ata temas guitarreiros de punk rock rápido, mentres que as letras abordan temas como as mulleres no rock, a moral, os trastornos alimentarios, o feminismo, o xornalismo musical e os medios.
Tras o lanzamento, All Hands on the Bad One alcanzou o número 177 na lista Billboard Top 200 e o número 12 na lista Heatseekers Albums.[1] Unha canción do álbum, "You're No Rock n' Roll Fun", foi lanzada como sinxelo. O álbum recibiu críticas moi positivas, eloxiando os críticos a súa consistencia e as voces da cantante e guitarrista Corin Tucker. All Hands on the Bad One apareceu en varias listas de fin de ano e recibiu unha nomeación para o premio de Mellor Álbum de Música nos 12th Annual Gay and Lesbian Alliance Against Defamation Awards.[2]
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas compostos por Sleater-Kinney.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "The Ballad of a Ladyman" | 3:11 |
2. | "Ironclad" | 2:34 |
3. | "All Hands on the Bad One" | 2:57 |
4. | "Youth Decay" | 2:30 |
5. | "You're No Rock n' Roll Fun" | 2:38 |
6. | "#1 Must Have" | 3:04 |
7. | "The Professional" | 1:31 |
8. | "Was It a Lie?" | 3:16 |
9. | "Male Model" | 2:33 |
10. | "Leave You Behind" | 3:27 |
11. | "Milkshake n' Honey" | 2:55 |
12. | "Pompeii" | 2:43 |
13. | "The Swimmer" | 3:46 |
14. | "Maraca" | 3:16 |
A canción "Maraca" só está dispoñible no CD da edición xaponesa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sleater-Kinney". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-08-06.
- ↑ "GLAAD". web.archive.org. 2001-04-09. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2001. Consultado o 2024-08-06.