Anohni and the Johnsons
Anohni and the Johnsons | |
---|---|
Anohni and the Johnsons no Porto | |
Orixe | Nova York, |
Período | 1995 - 2015 2023 - presente |
Xénero(s) | art pop, chamber pop, avant-pop |
Selo(s) discográfico(s) | Secretly Canadian,, Rough Trade Records |
Membros | Anohni Rob Moose Jimmy Hogarth Leo Abrahams Chris Vatalaro Sam Dixon |
Antigos membros | Reuben Butchart Tahrah Cohen Baby Dee Joan Wasser Maxim Moston Doug Wieselman Jeff Langston Julia Kent Parker Kindred Thomas Bartlett Gael Rakotondrabe |
Na rede | |
anohni.com | |
Anohni and the Johnsons (anteriormente coñecida como Antony and the Johnsons) é un colectivo musical estadounidense de chamber pop formado en Nova York en 1995. Presentando o traballo da cantautora inglesa Anohni e os seus colaboradores, a banda lanzou o seu álbum debut homónimo en 2000. O seu segundo álbum, I Am a Bird Now de 2005, foi certificado ouro no Reino Unido, Suecia e Suíza, e tamén fixo que a banda gañase o Mercury Prize dese ano.
Tras o lanzamento de The Crying Light (2009) e Swanlights (2010), así como do álbum ao vivo Cut the World (2012), o proxecto desfíxose en 2015 despois dunha serie de concertos en Australia. Anohni comezou entón unha carreira en solitario, publicando o seu álbum de estrea o seguinte ano. O proxecto foi resucitado en 2023, lanzando a banda o seu quinto álbum de estudio, My Back Was a Bridge for You to Cross, en xullo dese ano.
Anohni and the Johnsons recibiron unha considerable aclamación da crítica ademais do seu éxito nas listas e a obtención de múltiples premios. Gran parte do foco estivo na voz única de Anohni, que foi comparada con artistas como Nina Simone, Brian Ferry e Jimmy Scott.[1] Como intérprete, The Guardian describiu a Anohni como "dotada cunha voz de vibrato, pensen en Nina Simone e Billie Holiday, que suspira con sinceridade e a destreza lírica para facer o profundamente persoal accesible e ambiguo".[2]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Antony and the Johnsons | 2000 | Durtro |
I Am a Bird Now | 2005 | Secretly Canadian |
The Crying Light | 2009 | Secretly Canadian |
Swanlights | 2010 | Secretly Canadian |
My Back Was a Bridge for You to Cross | 2023 | Secretly Canadian |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Antony and the Johnsons: I Am a Bird Now". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-12-11.
- ↑ Clarke, Betty (2005-03-11). "Antony and the Johnsons, I Am a Bird Now". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2023-12-11.