Saltar ao contido

Antonio Palacios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntonio Palacios Ramilo

Antonio Palacios, retrato en Vida Gallega, 1929 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento8 de xaneiro de 1874 Editar o valor en Wikidata
O Porriño, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de outubro de 1945 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Aravaca, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSacramental de San Lorenzo y San José Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid
Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto, urbanista Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresRicardo Velázquez Bosco Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAdela Ramírez Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosé Palacios Ramilo Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 39447 BNE: XX969387 BUSC: palacios-antonio-1876-1945

Antonio Palacios Ramilo, nado no Porriño o 8 de xaneiro de 1874 e finado en Madrid o 27 de outubro de 1945, foi un arquitecto galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Estatua a Antonio Palacios no Porriño.

Antonio Luciano Juan Palacios Ramilo naceu na rúa de Ramón González do Porriño. Seu pai era madrileño, mais de ascendencia galega, e fora a Galicia para traballar como axudante de obras públicas na liña de ferrocarril en obras entre Guillarei e Valença do Minho. Afincouse no Porriño ao casar con Jesusa Ramilo de Nieves, veciña da localidade. O matrimonio tivo sete fillos, dos cales Antonio era o menor.

En 1892, Palacios marchou para Madrid para estudar arquitectura, obtendo o título en 1900, sendo posteriormente profesor de debuxo na Escola de Arquitectura de Madrid. Aínda que acabou por radicarse na capital de España, onde casou con Adela Ramírez, practicamente todos os veráns pasaba as súas vacacións na súa localidade natal, excepto nos últimos anos nos que parou en Vigo.

Hospital de Jornaleros de Maudes.

O éxito profesional acaeulle moi loguiño, ao gañar xunto co seu compañeiro Joaquín Otamendi o concurso de edificación do Pazo de Comunicacións de Madrid. Tal fortuna levou aparelladas unha serie de honras. Así, en 1916 foi nomeado membro da Academia de Ciencias históricas e artísticas de Toledo, en 1922 foi nomeado membro da prestixiosa Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, mentres en 1934 Vigo nomeouno Arquitecto Honorario, e até aínda foi distinguido como cóengo da catedral de Ourense polas obras de reforma que acometera na mesma. Ademais Palacios desempeñou cargos oficiais, como o de arquitecto-xefe do Ministerio de Fomento.

Durante os anos da guerra civil, Palacios permaneceu en Madrid, adicándose a completar o plano de urbanización desa cidade, que acometera anos antes. Ó acabar a guerra, o seu proxecto foi rexeitado pola Xunta de Reconstrución por ser considerado inviable economicamente.

O Banco Río de La Plata en Madrid.

Nos últimos anos da súa vida, Palacios estivo doente dos ollos, que o levaron á perda paulatina da súa capacidade de visión, o que non lle impediu traballar en obras como a igrexa da Vera Cruz do Carballiño. Mantivo ademais, neses anos, aberto un obradoiro arquitectónico en Vigo, no que traballou no proxecto do ensanche da cidade olívica, que lle fora encargado xa en 1930. Faleceu en Madrid o 27 de outubro de 1945, na súa casa de "El Plantío", sendo sepultado nesa cidade. O 30 de outubro de 1976, os seus restos foron trasladados para o camposanto municipal do Porriño, onde descansan na actualidade.

A figura de Palacios supuxo para Madrid a introdución dunha imaxe moderna: o seu persoal estilo monumentalista, herdeiro tanto da obra do seu mestre Otto Wagner como da arquitectura histórica española, condicionou en boa medida a percepción urbana da cidade. A el débese a construción das primeiras liñas do metro, e os seus deseños de accesos ás estacións aínda se contemplan hoxe en día. En cambio, os seus templetes de acceso da Rede de San Luis e Sol non chegaron á actualidade.

O Pazo de Comunicacións de Madrid (1904-1918) foi a súa primeira obra. Realizada en colaboración co seu socio Joaquín Otamendi, mostra un exterior con forte influencia do gótico salmantino e dos Entretiens de Viollet-le-Duc, aínda que no sistema estrutural e na busca de sinceridade nos acabados interiores así como no mobiliario, se atopan influencias de Wagner e das vangardas arquitectónicas do momento.

Unha das bocas do Metro de Madrid, deseñadas por Palacios.

Outras obras súas foron o Círculo de Belas Artes de Madrid (1919-1926), o Banco do Río da Plata (Banco Central), hoxe sede central do Instituto Cervantes (Madrid, 1910-1919), o Hospital de Jornaleros de Maudes (Madrid, 1908) ou o Banco Mercantil e Industrial de Madrid (1933-1945).

Igrexa da Veracruz do Carballiño.

En Galicia realizou diversas obras, o Teatro García Barbón de Vigo (1910-1927), a Virxe da Rocha en Baiona (1912), o Banco de Viñas Aranda (Vigo, 1942), o Templo Votivo do Mar (Panxón) ou a Igrexa da Veracruz (O Carballiño).

A súa inclinación cara ao rexionalismo arquitectónico propiciou a súa amizade con Valentín Paz Andrade e Castelao, aínda que nunca chegou a adquirir un compromiso ideolóxico: as súas colaboracións co periódico Galicia convivían con escritos técnicos, como a memoria do proxecto non realizado de reestruturación da Porta do Sol madrileña na que enxalzaba a Hispanidade.

Nas súas estancias en Galicia foi asiduo visitante do Pazo de Lourizán onde tiñan lugar longos parladoiros con Eugenio Montero Ríos e outros intelectuais destacados da época.

Foi membro numerario da Academia de Belas Artes de San Fernando, e en 1924 foi nomeado fillo predilecto da súa vila natal. Na súa memoria, o Concello do Porriño instituíu en 1999 o premio anual de arquitectura en granito Antonio Palacios.

Plan do Ensanche de Vigo

[editar | editar a fonte]

Palacios intentou levar a cabo un proxecto racionalista para o ensanche de Vigo, que nunca chegou a callar na cidade olívica. Para intentar convencer o pobo vigués e as autoridades da necesidade do mesmo para a cidade, que daquela comenzaba a crecer a gran velocidade, Palacios deu dúas conferencias no Teatro García Barbón os días 5 e 6 de setembro de 1934. No seu discurso expresou a súa preocupación polo que podería acontecer se ese proxecto non se levaba a cabo:

A idea do Vigo futuro ocorréuseme desde o mar. Sempre que vou a Vigo adoito pasear en lancha pola badía e contemplando a cidade dende o mar fixábame no seu incremento... Esténdese, tense que estender e isto que actualmente se realiza en absoluto desorde, fíxome suxerir a idea de que se poida facer algo belo... Por iso pensei no novo Vigo. Vigo está ao pé dunha ladeira de pendente esaxeradísima. Por esta causa necesita que se constrúan tres ou catro liñas horizontais e outras oblicuas que se aparten da liña de máxima pendente... Créoo moi viable. Polo pronto non tardará en facerse á beira do mar unha liña horizontal de 9 quilómetros, que forma parte do gran proxecto, de inmediata construción, das súas obras do porto. Isto é o que se chama a Gran Vía Atlántica. E é seguro que se faga outra alta, no cumio da ladeira, no que poderíamos chamar, tomando o nome da famosa Niza, "A Cornixa" de Vigo. O resto sería xa só completar as arterias de vialidade da futura gran cidade... Creo que a Gran Vía e a Cornixa faranse fatalmente.[1]

Obras (selección)

[editar | editar a fonte]

En Galicia

[editar | editar a fonte]

Resto de España

[editar | editar a fonte]
Palacio de Comunicacións de Madrid.
  • Gran Casino (1903), Madrid, en colaboración con Joaquín Otamendi.
  • Palacio de Comunicacións (1904-1918), Madrid, en colaboración con Joaquín Otamendi.
  • Banco do Río de la Plata (1910-1919), Madrid, en colaboración con Joaquín Otamendi, que posteriormente foi Banco Central, e na actualidade é sede do Instituto Cervantes.
  • Hospital de Jornaleros de Maudes (1908-1912), Madrid, en colaboración con Joaquín Otamendi.
  • Edificio para o Círculo de Bellas Artes (1919-1926), Madrid.
  • Edificio para a Sociedad de Autores (1923), Madrid.
  • Proxecto de urbanización da Alcazabilla de Málaga (1927-1932).
  • Banco Mercantil e Industrial (1933-1945), Madrid.
  • Santuario da Gran Promesa (1942), Valladolid.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Galicia: O oficio de vivir. A cidade, de Gonzalo Allegue "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2007. Consultado o 13 de outubro de 2008.  (páx 5). No mesmo libro recóllese unha imaxe da conferencia (páx. 6), así coma unha maqueta do proxecto (páx. 5). Texto orixinal en castelán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fullaondo, Juan Daniel (1986). Antonio Palacios y el Hospital de Maudes en la memoria arquetectonica de Madrid, (en castelán). Madrid: Centro de Información y Documentación, Consejería de Ordenación del Territorio, Medio Ambiente y Vivienda. ISBN 9788450541557. 
  • González Amézqueta, Adolfo; Iglesias Veiga, José Ramón; Pereira Alonso, José Luis (1999). Arquitecto Antonio Palacios 1874-1945. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. 
  • Iglesias Veiga, Xosé Marí Ramón (1993). Antonio Palacios, arquitecto: de O Porriño a Galicia (en castelán). Pontevedra: Excma Deputación Provincial de Pontevedra, Servicio de Publicaciones. ISBN 9788486845940. 
  • Iglesias Veiga, Xosé María Ramón (1993). Antonio Palacios: a pedra, o país, a arte, o urbanismo, a renovada tradición : o oficio de arquitecto. Col. Galegos na historia, nº 3. Vigo: Ir Indo. ISBN 9788476801741. 
  • Palacios, Antonio (1991). Antonio Palacios, 1874-1945 (en castelán). A Coruña: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. 
  • Tovar Martín, Virginia (1988). Tradición y modernidad en la arquitectura de Antonio Palacios Ramilo: la Casa del Conde de Bugallal en Madrid (en castelán). Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas. OCLC 24111460. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]