Arco de medio punto
O arco de medio punto ou arco de volta perfecta[1] en arquitectura, é un tipo de arco que no intradorso ten a forma dun semicírculo. É o elemento principal da arquitectura abovedada, formando as de canón. Antigamente adoitaba estar conformado por doelas de pedra, adobe ou ladrillo, hoxe pode fabricarse en formigón.
Historia
[editar | editar a fonte]Comezou a empregarse na Mesopotamia (Arquitectura caldea) no terceiro milenio a. C. O seu uso pasou á arquitectura etrusca, e desta aos romanos, que o espallaron polas rexións do Mediterráneo. É característico da arte romana e de todos os estilos que del derivaron, como a arquitectura románica, a arquitectura renacentista e a arquitectura barroca.
Variantes do arco de medio punto
[editar | editar a fonte]A partir da forma básica de arco cun só centro, pódense distinguir algunhas variantes do arco de medio punto:
- Arco rebaixado: cuxa forma é máis "aplastada", ben por non ser un semicírculo (arco escarzano), ben por ter o centro xeométrico por baixo da liña de impostas (carpanel). Habitualmente diferéncianse estes dous tipos, aínda que se lles pode agrupar no mesmo apartado, pois ambos os dous danse no final do Gótico e o principio da Renacenza.
- Arco peraltado, é un arco ampliado mediante a inclusión de doelas colocadas por riba da liña de impostas; é característico do Prerrománico, concretamente da arte asturiana.
- Arco parabólico: foi empregado polos hititas e recuperado por Gaudí, no século XIX, aínda que o seu deseño era lixeiramente diferente.
Comportamento mecánico
[editar | editar a fonte]Dende o punto de vista da resistencia de materiais, a xeometría e características dun arco de medio punto fai que todos os seus puntos traballen en compresión. Cada doela ten un estado semellante ao dunha forra comprimida nas súas faces laterais.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Arco de medio punto.
-
Elementos principais dun arco de medio punto.
-
Outra versión dos elementos dun arco.
-
Rosca ou despezamento do arco.
-
Arco rebaixado (carpanel).
-
Arco peraltado.
-
Arco parabólico.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nomes para o tipo de arco en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arco de medio punto |