Saltar ao contido

Asemblea Nacional de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo da Asemblea Nacional de Francia.

A Asemblea Nacional (en francés: Assemblée nationale) é a cámara baixa do Parlamento francés bicameral baixo a Quinta República, sendo a cámara alta o Senado. A súa función é debater, propoñer e reformar leis, tamén ten a función de controlar a acción do Goberno. Encóntrase no Palacio Borbón en París. Dende 1986, a Asemblea Nacional conta con 577 membros, chamados deputados, elixidos por sufraxio universal directo con balotaxe por un período de cinco anos.

Hai 577 deputados, cada un elixido por unha circunscrición uninominal (ao menos un por departamento) a través dun sistema con balotaxe. Polo tanto, requírense 289 escanos para unha maioría. O Presidente da Asemblea Nacional, actualmente Richard Ferrand, preside o órgano. O titular do cargo soe ser un membro do partido con maior representación, asistido por vicepresidentes. O mandato da Asemblea Nacional é de cinco anos; porén, o Presidente da República poderá disolver a Asemblea (convocando a novas eleccións) a menos que fora disolta nos doce meses anteriores. Esta medida volveuse pouco conveniente dende o referendo do ano 2000 que reducíu o mandato presidencial de sete a cinco anos: dende 2002, o Presidente da República sempre tivo unha maioría na Asemblea debido a que é elixida dous meses despois da elección presidencial. En consecuencia, sería de pouco beneficio disolvelo.

A primeira Asemblea Nacional francesa foi constituída en 1789 e serviu de ponte entre a asemblea dos Estados Xerais de 1789 e a Asemblea Nacional Constituínte creada o 9 de xullo do mesmo ano, que dotou a Francia da súa primeira Constitución. Aínda que dende esa data os franceses elixiron periodicamente representantes, o modo de elección e as atribucións dos mandatarios da cámara baixa foron variando considerablemente segundo as épocas, coincidindo os períodos de diminución das facultades da Asemblea con momentos de retroceso das liberdades públicas.

O nome de "Asemblea Nacional" adoptado en 1789 non se volveu a empregar ata a Segunda República Francesa en 1848, para desaparecer coa chegada de Napoleón III e reaparecer despois da segunda guerra mundial, en 1946.

Palacio Borbón, París.

A Asemblea Nacional atópase no Palacio Borbón, no 7.º Distrito de París, na marxe esquerda do Sena, nun edificio que dende 1799 albergou todas as cámaras baixas do Parlamento francés. A súa fachada monumental, lixeiramente desprazada do eixe do resto do edificio, da ao famoso Quai d'Orsay (a Asemblea Nacional tamén está ao lado do Ministerio de Asuntos Exteriores e da Ponte da Concordia). Se ben a entrada principal é o número 126 dende a rús da Universidade, tamén se pode acceder polo Quai d'Orsay (33-35) e pola rúa Aristide-Briand. O Hôtel de Lassay, sede da presidencia e residencia oficial do presidente da Asemblea Nacional, tamén está anexo ao Palacio Borbón.

Todos os edificios asignados á Asemblea Nacional cobren unha superficie de 158.000 m² para cerca de 9.500 locais. Ademais do Palacio Borbón, consta de outros catro edificios reservados para as oficinas dos deputados e os seus colaboradores:

  • Un primeiro edificio de sete andares construído en 1974, situado ao outro lado da rúa da Universidade, no número 101, e unido ao Palacio Borbón por unha pasaxe subterránea.
  • Un segundo localizado no bulevar de Saint-Germain, 233, adquirido en 1986.
  • Un terceiro comprado en 2002, localizado na rúa Aristide-Briand, 3 (antiga sede do partido Agrupación pola República).
  • Un cuarto comprado en 2016 cando albergaba oficinas ministeriais, o Hôtel de Broglie debe ser renovado para substituír a localización das oficinas na rúa Aristide-Briand, 3.

Algúns destes edificios tamén albergan os servizos necesarios para o funcionamento da Asemblea Nacional. Entre estes servizos, atópase, en particular, o departamento de informática, que garante o correcto funcionamento dos equipos empregados polos axentes lexislativos, pero tamén todas as plataformas dixitais que se ofrecen directamente aos deputados ou aos internautas. Outros servizos coma contabilidade, recursos humanos ou administración tamén se albergan neste lugar.

Características

[editar | editar a fonte]

Funciones da Asemblea Nacional

[editar | editar a fonte]

Os poderes da Asemblea Nacional están definidos pola Constitución, que foi emendada en varias ocasións entre 1958 e 2010. A Asemblea vota as leis, controla a acción do goberno e valora as políticas públicas.[1]

O Presidente da República Francesa pode disolver a Asemblea, agás se xa o fixo no último ano. A disolución supón automaticamente a convocatoria de novas eleccións xerais. A Asemblea ten máis poderes nese eido ca o Senado, e pode destituír o primeiro ministro (que é designado polo presidente da República) mediante tres procedementos: o voto de confianza, a moción de censura e o compromiso de responsabilidade do goberno sobre un texto de lei concreto.[2]

Relacións co Senado

[editar | editar a fonte]

A Asemblea Nacional vota e propón as leis, conxuntamente co Senado. Se un proxecto ou proposición de lei é rexeitado polo Senado, o texto volve á Asemblea para ser emendado. Ese vaivén dos textos de lei entre as dúas cámaras ata conseguir un voto de aprobación en ambas chámase navette parlementaire. Se o desacordo persiste, créase unha comisión parlamentaria mixta, composta de 7 deputados e 7 senadores, para establecer un novo texto con máis posibilidades de ser aprobado. Cando non se chega a ningún acordo, é a Asemblea Nacional a que aproba o texto nos termos decididos polos seus deputados. Este procedemento chámase o "poder da última palabra", un poder que a Constitución concede á Asemblea Nacional.

Os deputados

[editar | editar a fonte]

A Asemblea Nacional consta de 577 deputados, cada un dos cales se elixe en ata dúas rondas de votación. Son elixidos por unha circunscrición electoral pero non a representan, senón que representan á nación enteira. Cada circunscrición ten unha media de 105.600 habitantes, e a variación de tamaño entre circunscricións non pode exceder o 20%.

De conformidade coa lei constitucional de 23 de xullo de 2008 que estabeleceu a representación dos franceses que viven fóra de Francia na Asemblea Nacional e a redistribución das circunscricións electorais no 2010, os escanos distribúense da seguinte maneira, dende as eleccións de 2012:

Cada candidato preséntase cun suplente que ocupa o seu lugar en caso de falecemento ou incompatibilidade de funcións.

A duración do mandato da Asemblea e os seus deputados é de cinco anos.

Composición actual

[editar | editar a fonte]

Grupos parlamentarios

[editar | editar a fonte]

Segundo o regulamento da Asemblea Nacional, os "deputados poden reagruparse por afinidades políticas" en grupos parlamentarios. Deben conter polo menos 15 membros (dende 2009, este número era 20 entre 1988 e 2009, e 30 antes). O grupo político deberá presentar na apertura da lexislatura ao Presidente da Asemblea Nacional unha declaración política asinada polos seus membros.

Ademais dos membros de pleno dereito do grupo, que xeralmente son membros do mesmo partido (PS, LR, EELV, etc.), algúns deputados poden "afiliarse" a un grupo: entón non se inclúen no mínimo de 15 para a formación do grupo. Adoitan ser membros de partidos pequenos ou sen etiquetas próximas á tendencia do principal movemento político detrás da formación do grupo.

Os grupos deciden, co presidente da Asemblea Nacional, as zonas do hemiciclo onde se sentarán. Entón son os únicos xuíces de como distribuír os seus membros e afiliados dentro desta zona. Teñen a súa propia organización e o seu propio regulamento interno, elixen de entre eles un presidente que os representará dentro da Conferencia de Presidentes e que terá varias prerrogativas importantes (como a solicitude ou polo contrario a oposición á creación dunha comisión especial, o dereito a obter unha suspensión da sesión para convocar o grupo, solicitar o voto por votación pública, convocar a sesión para a verificación do cuórum con motivo dunha votación, preparar a orde do día parlamentaria mensual específica do seu grupo, propoñer ou opoñerse ao comezo de procedementos de compromiso simplificados, ou incluso o "dereito de xiro" que lle permite obter unha vez ao ano o exame en sesión pública unha resolución que propoña a creación dunha comisión de enquisa, etc. ). Cada grupo, de acordo coa súa representación numérica dentro da Asemblea, nomea os seus representantes dentro da Mesa e as distintas comisións. Ademais, dependendo do seu tamaño, contan co seu propio subsidio económico e contan con oficinas e salas para reunirse.

O récord de número de grupos políticos alcanzouse en maio de 2020 coa creación dun noveno e un décimo grupo.

Actualmente, a Asemblea Nacional atópase na súa XVI lexislatura, que comezou a raíz das eleccións xerais dos días 12 e 19 de xuño de 2022. Así, o hemiciclo quedou dividido da seguinte forma:


Grupos parlamentarios da Asemblea Nacional da República Francesa
Grupo parlamentario Compoñentes Presidente/a Escanos Afiliados Total
Renacemento
Renaissance
LReM: 133
TDP: 14
Agir: 6
Divers centre: 4
En Común: 4
DVD: 2
Horizontes: 2
Partido Radical: 2
Partido ecoloxista: 2
Calédonie ensemble: 1
FP: 1
Générations NC: 1
Aurore Bergé 168 4 172
Agrupación Nacional
Rassemblement National
RN: 88
LS: 1
Marine Le Pen 88 1 89
Francia Insumisa-Nova unión
popular ecolóxica e social

La France insoumise-Nouvelle Union
Populaire écologique et sociale
FI Mathilde Panot 75 0 75
Os Republicanos
Les Républicains
LR: 58
Libres!: 2
UDI: 1
DVD: 1
Olivier Marleix 59 3 62
Demócrata (MoDem e independentes)
Démocrate (MoDem et Indépendants)
MoDem: 46
LReM: 3
Jean-Paul Mattei 49 0 49
Socialistas e afiliados (NUPES)
Socialistes et apparentés (NUPES)
PS: 27
PPM: 1
Divers gauche: 1
PPDG: 1
FGPS:1
Boris Vallaud 27 4 31
Horizontes e afiliados
Horizons et apparentés
Horizontes: 28
Alianza centrista: 2
Laurent Marcangeli 28 2 30
Ecoloxista-NUPES
Écologiste-NUPES
EELV: 16
Génération.s: 4
GÉ: 2
LND: 1
Julien Bayou 23 0 23
Esquerda Demócrata e Republicana-NUPES
Gauche démocrate et républicaine-NUPES
PCF: 12
Tavini Huiraatira: 3
Divers gauche: 2
Pola Reunión: 2
Péyi-A: 1
MDES: 1
Progrès: 1
André Chassaigne 22 0 22
Liberdades, Independentes, Ultramar e Territorios
Libertés, Indépendants, Outre-mer et Territoires
UDI: 5
Femu a Corsica: 2
Divers gauche: 2
Divers droite: 2
Partido Radical: 1
Archipel demain: 1
Os Centristas: 1
PNC: 1
Rexionalista: 1
Bertrand Pancher 16 0 16
Deputados non inscritos
Députés non inscrits
Divers gauche: 3
PS: 2
PRG: 1
DVD: 1
DLF: 1
EXD: 1
Non aplica 9 0 9
  1. Artigo 24 da Constitución da V República.
  2. Artigo 49 da Constitución da V República.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]