Baco (Michelangelo)
Baco | |
---|---|
Artista | Michelangelo |
Data | entre 1496 e 1497 |
Dimensións | 203 cm cm × cm |
Localización | Museo Nacional do Bargello (Florencia) |
Baco (Bacco en italiano) é unha escultura en mármore realizada entre 1496 e 1497 por Michelangelo, a obra dunha altura de 203 centímetros atópase no Museo Nacional do Bargello en Florencia.
A obra foi realizada por Michelangelo na súa primeira viaxe o ano 1496 a Roma, o encontro nesta cidade coa escultura antiga debeu de inspirarlle para a execución do Bacus que mostra unha clara tendencia, a unha interpretación das obras, que naquel momento, estábanse descubrindo por medio das escavacións en Roma.
Neste sentido descríbea Ascanio Condivi:
...esta obra en forma e xeito, en cada unha das súas partes, corresponde á descrición dos escritores antigos, o seu aspecto festivo: os ollos, de mirada furtiva e cheos de lascivia, como os daqueles dados excesivamente aos praceres do viño. Sostén unha copa na súa man dereita, como o que está a piques de beber e míraa amorosamente, sentindo o pracer do licor do que foi inventor; por este motivo represéntaselle coroado cunha grilanda de follas de vide...Na súa man esquerda sostén un acio de uvas, do cal un pequeno sátiro alegre e vivo que está aos seus pés, furtivamente goza.
Esta obra é claramente a primeira grande obra mestra de Michelangelo, onde se mostra a característica constante da sexualidade na súa escultura, simboliza o espírito do hedonismo clásico que Savonarola e os seus seguidores estaban dispostos a suprimir de Florencia.
Mostra tamén esta escultura a característica constante na obra do artista, de evocar a sexualidade, de forma andróxina, como a mesma natureza do deus na antigüidade que era ambigua e misteriosa, mostra o sátiro como referencia a Sileno, sátiro que fora mestre de Bacus e a pel desollada e chea de uvas simboliza a vida sobre a morte.
A escultura foi un encargo do cardeal Riario, rexeitada por este, foi comprada e conservouse nos xardíns do banqueiro Jacopo Galli, onde foi debuxada por Martín Heemskerck cara a 1532 onde se aprecia a falta da súa man dereita. Máis tarde foi adquirida por Francisco I de Medici en 1572 ata o seu paso ao Bargello en 1873.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baco |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Baldini, Umberto (1978). Miguel Ángel: La Escultura. Editorial Teide. ISBN 84-307-8163-3.
- Hodson, Rupert (2000). Miguel Ángel, escultor. Florencia, Grupo Editoriale Faenza Editrice. ISBN 88-8138-044-7.
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |