Saltar ao contido

Black Brant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un Black Brant 12 durante a engalaxe.

Black Brant é o nome dunha familia de foguetes sonda do Canadá desenvolvidos nos anos 1950 e que seguen operativos.

A orixe dos foguetes Black Brant está no requirimento por parte do goberno do Canadá, en 1957, dun foguete sonda para estudar a ionosfera co fin de mellorar as comunicacións militares. A empresa elixida para facer o deseño foi Bristol Aerospace. O deseño inicial resultou nun foguete relativamente pesado pola robustez necesaria para soportar diferentes tempos de combustión, carga de propelente e ángulos de lanzamento. O foguete final, de produción, resultou máis lixeiro.

Co tempo desenvolvéronse variantes para o uso de distintos motores, propelentes e etapas. Os distintos tipos de foguete poden levar cargas desde 70 a 850 kg a alturas de entre 150 e 1500 km, con ata 20 minutos de microgravedade para facer observacións e experimentos. Usan os motores 9KS11000, 23KS20000, 26KS20000, 15KS25000, 12KS10000 e 9KS1660.

Variantes

[editar | editar a fonte]
  • Black Brant I: a versión orixinal, tiña unha soa etapa e un impulso de 111,0 kN. Podía levar ata 68 kg de carga a unha altura de 225 km. Voou entre 1959 e 1963.
  • Black Brant II: foguete dunha soa etapa, podía levar 68 kg a 274 km de altura. Voou entre 1960 e 1974.
  • Black Brant IIB: foguete dunha soa etapa, podía chegar aos 200 km de altura. Voou entre 1964 e 1965.
  • Black Brant III: foguete dunha soa etapa, podía levar 18 kg a 177 km de altura. Voou entre 1962 e 1984.
  • Black Brant IIIB: foguete dunha soa etapa, podía chegar aos 220 km de altura. Voou entre 1969 e 1985.
  • Black Brant IV: foguete dunha soa etapa, podía levar 18 kg a 1000 km de altura.
  • Black Brant IVA: foguete de dúas etapas, unha Black Brant VA e unha segunda Black Brant IIIA. Podía chegar aos 850 km de altura. Voou entre 1964 e 1976.
  • Black Brant IVB: foguete de dúas etapas, unha Black Brant VA e unha segunda Black Brant IIIB. Podía chegar aos 950 km de altura. Voou entre 1971 e 1981.
  • Black Brant VA: foguete dunha soa etapa, podía chegar aos 170 km de altura. Voou entre 1966 e 1999.
  • Black Brant VB: foguete dunha soa etapa, cunha lixeira mellora de rendemento con respecto do Black Brant VC. Podía chegar aos 400 km de altura. Voou entre 1965 e 2002.
  • Black Brant VC: foguete dunha soa etapa, podía chegar aos 350 km de altura. Voou entre 1970 e 2013.
  • Black Brant VI: foguete dunha soa etapa, podía chegar aos 72 km de altura. Voou entre 1969 e 1979.
  • Black Brant VII: foguete dunha soa etapa, podía chegar aos 40 km de altura. Voou entre 1970 e 1972.
  • Black Brant 8B: foguete de dúas etapas, un Nike e unha segunda Black Brant VB. Podía chegar aos 340 km de altura. Voou entre 1975 e 2003.
  • Black Brant 8C: foguete de dúas etapas, un Nike e unha segunda Black Brant VC. Podía chegar aos 340 km de altura. Voou entre 1976 e 2004.
  • Black Brant IX: foguete de dúas etapas, un Terrier MK 70 e unha segunda Black Brant VB. Podía chegar aos 300 km de altura. Voou entre 1982 e 2015.
  • Black Brant IX Mod 2: foguete de dúas etapas, un Terrier MK 70 e unha segunda Black Brant VC con cono estendido. Voou unha soa vez, o 11 de xaneiro de 2008, chegando a 315 km de altura.
  • Black Brant IXB: foguete de dúas etapas, un Terrier e unha segunda Black Brant VB. Podía chegar aos 300 km de altura. Voou entre 1985 e 1998.
  • Black Brant X: foguete de tres etapas, un Terrier, unha segunda Black Brant VB ou VC e unha terceira etapa Nihka. Podía chegar aos 1200 km de altura cunha carga útil de 90 kg ou a 550 km con 317 kg de carga. Voou entre 1981 e 2010.
  • Black Brant XB: foguete de tres etapas, un Terrier, unha segunda Black Brant VB e unha terceira etapa Nihka. Podía chegar aos 900 km de altura. Voou entre 1985 e 1989.
  • Black Brant XI: foguete de tres etapas, un Talos como primeira etapa, un Taurus como segunda e unha terceira etapa Black Brant VC. Podía chegar aos 1400 km de altura. Voou entre 1990 e 2012.
  • Black Brant XII: foguete de catro etapas, un Talos, unha segunda etapa Tauras, unha terceira Black Brant VB e unha cuarta etapa Nihka. Podía chegar aos 1500 km de altura levando 136 kg de carga. Voou entre 1988 e 2013.
  • Black Brant 9BM1: foguete de dúas etapas, un Terrier Mk 70 e unha segunda etapa Black Brant VB. Podía chegar aos 300 km de altura. Voou unha soa vez, o 9 de abril de 1992.
  • Black Brant 9CM1: foguete de dúas etapas, un Terrier Mk 70 e unha segunda etapa Black Brant VC. Podía chegar aos 300 km de altura. Voou entre 1989 e 2001.
  • Black Brant 10CM1: foguete de tres etapas, un Terrier Mk 70, unha segunda etapa Black Brant VC e unha terceira Nihka. Podía chegar aos 900 km de altura. Voou entre 1990 e 2004.
  • Mark Wade (2018). "Black Brant" (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2018. 
  • Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Black Brant" (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]