Saltar ao contido

Ciutat Morta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ciutat Morta
Ficha técnica
Título orixinalCiutat Morta
DirectorXavier Artigas
Xapo Ortega
ProdutorDiana Asenjo
GuiónJesús Rodríguez
Mariana Huidobro
MúsicaLas Casicasiotone
Rui Aires
FotografíaXapo Ortega
Marielle Paon
Xavier Artigas
MontaxeXavier Artigas
Núria Campabadal
EstudioMetromuster
DistribuidoraMetromuster
Estrea24 de marzo de 2014
Duración120 minutos
OrixeCataluña Cataluña
XéneroDocumental
Orzamento€ 4 720
Na rede
http://ciutatmorta.wordpress.com
IMDB: tt3638598 Filmaffinity: 324809 Allmovie: v603341 Editar o valor en Wikidata

Ciutat Morta é un filme documental catalán sobre o caso 4F, dirixido por Xavier Artigas e Xapo Ortega no 2013. Pre-estreouse o 8 de xuño de 2013 en Barcelona e estreouse oficialmente o 24 de marzo de 2014 en Málaga. Foi premiado no Festival de Guia d'Isora, MiradasDoc, cunha mención honorífica, e tamén como mellor documental do Festival de Málaga de Cinema de 2014.[1] Foi publicado baixo a licenza Creative Commons BY-NC-SA 3.0.

Recepción

[editar | editar a fonte]

O 17 de xaneiro de 2015, Ciutat Morta emitiuse no Canal 33, dentro do programa Sala 33. Cunha audiencia do 20% e 569.000 espectadores foi o programa máis visto do día e o máis visto en toda a historia de Sala 33.[2][3] O documental emitiuse con 5 minutos censurados por decisión dun xulgado de Barcelona, despois que o «ex-xefe de información da garda urbana de Barcelona, Víctor Gibanel» o denunciase por unha posible «violación do seu dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe».[2][4] Os 5 minutos censurados puidéronse ver no documental completo. O Sindicato dos Mossos d'Esquadra dende a súa conta de Twitter cualificaron o documental de «fantasía», dicindo: «Boa noite para ir ó cinema. Aínda que se vos gusta a fantasía, con C33 tedes de abondo.»[5] Despois da emisión produciuse unha concentración na praza Sant Jaume de Barcelona con centos de persoas.[6]

  1. Cros, Benoît (29 de marzo de 2014). "Un documental sobre el caso 4F, premiado en el festival de Málaga". eldiario.es. Consultado o 18 de xaneiro de 2015. 
  2. 2,0 2,1 "La censura dispara l'expectació per 'Ciutat Morta'". Vilaweb. 18 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2015. Consultado o 21 de xaneiro de 2015. 
  3. "El documental 'Ciutat morta' rebenta audímetres i aconsegueix ser el programa més vist del dia". Ara. 18 de gener de 2015. Consultado o 21 de xaneiro de 2015. 
  4. "Un jutjat de Barcelona ordena que TV3 emeti 'Ciutat Morta' amb cinc minuts de censura". La Directa. 16 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 21 de xaneiro de 2015. 
  5. "El Sindicat de Mossos d'Esquadra qualifica de fantasia el film 'Ciutat Morta'". Vilaweb. 18 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2015. Consultado o 21 de xaneiro de 2015. 
  6. "Concentració a Sant Jaume després de l'emissió de 'Ciutat Morta'". Vilaweb. 18 de xaneiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2015. Consultado o 21 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]