Saltar ao contido

Comandante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O rango militar de comandante[1][2] ou maior[3] é o inmediatamente inferior ao de tenente coronel e inmediatamente superior ao de capitán.

Polo xeral comanda un batallón. Na mariña de guerra é o grao equivalente a capitán de corveta.

Escudo da Escola Interarmas, destinada aos comandantes do Exército Español.

En España coñécese como comandante e ten como distintivo do seu rango unha estrela de oito puntas.

Noutras linguas

[editar | editar a fonte]

En inglés e en alemán, este rango escríbese con «iota»: major. A pronunciación é diferente en cada unha desas dúas linguas.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.