Concello de Bacalar
Bacalar (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Estado federado | Quintana Roo | ||||
Capital | Bacalar | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Escindido de | Othón P. Blanco (2011) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 41.754 (2020) (6,89 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 6.058,5 km² | ||||
Altitude | 32 m-110 m | ||||
Creación | 2 de febreiro de 2011 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 77900–77947 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 983 | ||||
Sitio web | bacalar.gob.mx |
Bacalar é o municipio mais novo de México ao sur do Estado de Quintana Roo creado no 2011, en México. Limita ao norte coas municipalidades mexicanas de José María Morelos e Felipe Carrillo Puerto, ao sur co Othón P. Blanco e ao oeste o Estado de Campeche, en particular co concello de Calakmul. A cabeceira municipal é Bacalar.[1]
Étimo do topónimo
[editar | editar a fonte]Bacalar identifícase coa palabra maia Bak'alja' (cfr. maia actual Bak: cana; e o sufixo -ja: auga). O seu significado pode por tanto ser "lugar de canas na auga".
Xeografía
[editar | editar a fonte]O municipio de Bacalar localízase no sur do estado de Quintana Roo e todo o seu territorio formaba parte con anterioridade á súa creación do concello de Othón P. Blanco. Conta cun litoral de 20,1 quilómetros de extensión no mar Caribe. De acordo ao decreto de creación, ten unha extensión territorial de 7.161,1 quilómetros cadrados que inclúen un sector de territorio en conflito co estado de Campeche.[2]
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o mesmo decreto, a súa poboación aproximada é de 32.000 habitantes.[2]
Localidades
[editar | editar a fonte]No seu territorio hai un total de 57 localidades, sendo a poboación das principais as seguintes:
Localidade | Poboación |
Total Concello | 32 759 |
Bacalar | 11 048 |
Limones | 2 535 |
Maya Balam | 2 018 |
Pedro Antonio Santos | 497 |
Política e goberno
[editar | editar a fonte]O concello de Bacalar foi creado segundo decreto do Congreso de Quintana Roo o 2 de febreiro de 2011,[3] segregando o seu territorio do concello de Othón P. Blanco culminando un proceso que deuse iniciado no 2001.
Alcaldes (Presidentes municipais)
[editar | editar a fonte]Goberno provisional
[editar | editar a fonte]De acordo ao decreto, o goberno do concello correspóndelle provisionalmente ao Consello Municipal designado polo propio Congreso do Estado, entrando en funcións o 11 de abril de 2011 e concluíndoas o 29 de setembro de 2013. O consello está integrado por un Presidente Municipal, un Síndico e o cabido conformado por nove rexidores. O primeiro consistorio constitucional foi electo o primeiro domingo de xullo de 2013, entrando en funcións o 30 de setembro do mesmo ano, xunto co resto dos concellos do estado.[2]
O 23 de marzo de 2011 o Congreso de Quintana Roo elixiu o Consello Municipal de acordo ao parágrafo anterior, designando como presidente do mesmo a Francisco Flota Medrano, asumindo as súas funcións o devandito 11 de abril.[4]
Representación lexislativa
[editar | editar a fonte]Para a elección de Deputados locais ao Congreso de Quintana Roo, e de Deputados federais á Cámara de Deputados do Congreso da Unión, o municipio de Bacalar encóntrase integrado aos seguintes distritos electorais:
Local:
- III Distrito Electoral Local de Quintana Roo con cabeceira en Bacalar
Federal:
- II Distrito Electoral Federal de Quintana Roo con cabeceira en Chetumal.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1] Bacalar
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Aprueba El Congreso Del Estado La Creación Del Municipio De Bacalar". El punto sobre la I (en castelán). 2-2-2011. Arquivado dende o orixinal o 12-05-2012. Consultado o 5-2-2011.
- ↑ Hernández, Silvia (2-2-2011). "Bacalar, el décimo municipio de Q. Roo". El Universal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08-06-2013. Consultado o 5-2-2011.
- ↑ Hernández, Silvia (23-3-2011). "PRI encabezará primer gobierno en Bacalar, QR". El Universal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26-03-2011. Consultado o 30-3-2011.
- ↑ Instituto Federal Electoral. "Condensado de Quintana Roo" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18-11-2008. Consultado o 5-2-2011.