Saltar ao contido

Cova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O interior dunha caverna en Alabama, USA
Caverna do Acsibi
Cova dos verdes, Lanzarote

Unha cova, caverna, espenuca, gruta, furna ou pala é unha abertura ou cavidade na superficie da codia terrestre.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

As covas poden clasificarse segundo varios parámetros:

Distribución

[editar | editar a fonte]

En Galicia existen principalmente tres zonas con covas:

Por suposto tamén pode haber covas noutros lugares: por exemplo as furnas, na costa, creadas pola erosión da auga, do sal e do vento mariños.

Antropoloxía

[editar | editar a fonte]

As covas sempre foron obxecto dun temor atávico por parte dos galegos modernos, e asociábanas normalmente a seres de lenda: as mouras e os mouros, os franceses, os trasnos etc. Unha das máis coñecidas foi literaturizada por Vicente Risco en A trabe de ouro e a trabe de alquitrán. Existen lendas con ou sen fundamento (por exemplo, en Pico Sacro) que falan de que dende o curuto dun monte se podía chegar ó río por medio dalgunha destas covas.

Lexicoloxía

[editar | editar a fonte]

A lingua galega aproveita étimos de moitas orixes para denominar ós distintos tipos de covas:

  • Pala, denominación prelatina asociada con Lapa;
  • Burato ou buraco, denominación indoeuropea que tamén espallou ata Oceanía (Bora Bora) [Cómpre referencia];
  • Furado (relacionada coas anteriores) ou cova-cavidade, de clara orixe latina;
  • Espelunca ou espenuca, denominación de orixe grega;
  • Sima, un substantivo de orixe descoñecida.

Os habitantes das covas son os cavernícolas ou trogloditas, e esta é en realidade a denominación que se usa para os antigos homínidos. Porén, houbo ou mesmo segue habendo certas culturas famosas por habitar cavidades naturais ou artificiais:

A causa de que se habiten é que o ambiente químico (térmico e higrométrico) das covas é moito máis estable. Isto permite a conservación de tres tipos de restos moi importantes para a arqueoloxía, a paleoantropoloxía e a antropoloxía en xeral:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]