David Aganzo
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nome orixinal | (es) David Aganzo Méndez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 10 de xaneiro de 1981 (43 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 177 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 64 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1999 - 2015 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Empregador | FIFPro (pt) , presidente (2021–) Spanish Footballers Association (en) , presidente (2017–) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
David Aganzo Méndez, coñecido habitualmente como Aganzo, nado en Leganés (Madrid) o 10 de xaneiro de 1981, é un futbolista profesional español da canteira do Real Madrid que xoga como dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Leganés, Madrid, Aganzo é froito da canteira do Real Madrid, onde pasou desde o equipo xuvenil directamente ao primeiro equipo, sen ter xogado antes nin en Segunda nin en Terceira. Así, debutaría co primeiro equipo madridista en Primeira división na tempada 1999-2000 o 20 de febreiro nun encontro en Mestalla ante o Valencia CF que remataría con empate 1-1. Ese ano acabaría xogando catro partidos de liga e un da Liga de Campións, concretamente na vitoria do seu equipo por 1-0 ante o Rosenborg Ballklub. Ese mesmo ano Aganzo engade ao seu palmarés o máximo título continental.
Nos seguintes anos sería cedido a outros clubs de Primeira División, o u de Segunda con aspiracións de ascenso: CF Extremadura, RCD Espanyol, Real Valladolid[1] e Levante UD. Co Valladolid, en Primeira, sería o máximo goleador do equipo esa tempada, mentres que ao ano seguinte sería peza clave no ascenso do Levante á Primeira División. Ao ano seguinte Aganzo deixa de ser xogador do Real Madrid e asina co Racing de Santander da máxima categoría, onde pese a destacar no primeiro ano, por mor das lesións sería menos habitual nos dous seguintes, onde mesmo foi cedido temporalmente ao Beitar Xerusalén FC en xaneiro.
Na seguinte tempada, Aganzo deixa o Racing e asina co Deportivo Alavés da Segunda División, contribuíndo con 10 goles a axudar á permanenecia do conxunto vasco. Ao ano seguinte asinaría co Rayo Vallecanoda mesma categoría, onde permanecería durante tres tempadas, chegando a meter 12 goles en tan só 30 partidos para os madrileños. Tras tres tempadas no conxunto de Vallecas, Aganzo ficha polo Hércules CF, aínda que unha tempada farta de lesión evita que poida dar o seu máximo nivel. Tras acabar a tempada no club alacantino marcha a Grecia para asinar co Aris Salónica, onde metería un total de 12 goles en 38 partidos na máxima categoría helena. Tras final o seu contrato co equipo mecedónico, asina o 18 de agosto de 2014 co Club Deportivo Lugo da Segunda División.
Clubs
[editar | editar a fonte]Ano | Club | División | Partidos | Goles |
---|---|---|---|---|
1999-2000 | Real Madrid | Primeira | 4 | 0 |
2000-2001 | CF Extremadura | Segunda | 16 | 5 |
2001-2002 | RCD Espanyol | Primeira | 11 | 0 |
2002-2003 | Real Valladolid | Primeira | 30 | 9 |
2003-2004 | Levante UD | Segunda | 33 | 9 |
2004-2005 | Racing de Santander | Primeira | 26 | 7 |
2005-2006 | Racing de Santander | Primeira | 17 | 3 |
2006-2007 | Racing de Santander | Primeira | 6 | 0 |
2006 | Beitar Xerusalén | Premier Israel | 12 | 3 |
2007-2008 | Deportivo Alavés | Segunda | 30 | 11 |
2008-2009 | Rayo Vallecano | Segunda | 30 | 12 |
2009-2010 | Rayo Vallecano | Segunda | 19 | 9 |
2010-2011 | Rayo Vallecano | Segunda | 23 | 7 |
2011-2012 | Hércules CF | Segunda | 19 | 2 |
2012-2013 | Aris FC | Superliga Grecia | 21 | 9 |
2013-2014 | Aris FC | Superliga Grecia | 17 | 3 |
2014-2015 | CD Lugo | Segunda | 11 | 3 |
Títulos
[editar | editar a fonte]- Real Madrid
- Selección española
- Copa do Mundo de Fútbol Sub-20: 1999
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "David Aganzo, cedido al Valladolid" [David Aganzo, emprestado ao Valladolid] (en castelán). Diario AS. 28 de maio de 2002. Consultado o 11 de marzo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1981
- Nados en Leganés
- Futbolistas da Comunidade de Madrid
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do CF Extremadura
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores do Levante UD
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Beitar Xerusalén FC
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do Hércules CF
- Xogadores do Aris Salónica FC
- Xogadores do CD Lugo
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA