Saltar ao contido

Delhi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaDelhi
दिल्ली (hi)
देहली (sa)
دهلي (sd)
دہلی (ur) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 28°42′N 77°12′L / 28.7, 77.2
PaísIndia
Territorios da UniónNational Capital Territory of Delhi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación26.495.000 (2016) Editar o valor en Wikidata (18.961,57 hab./km²)
Lingua usadalingua punjabi
Bauria (en) Traducir
Línguas tibetanas centrais (pt) Traducir
Língua mewari (pt) Traducir
Kanjari (en) Traducir
Sansi (en) Traducir
Mala Malasar (en) Traducir
lingua hindi
Língua braj (pt) Traducir
Lingua maithili
Lingua sánscrita
Lingua bhojpuri
Hariani (pt) Traducir
Lingua awadhi
Lingua sindhi
Lingua tibetana
Gade Lohar (en) Traducir
Língua gaddi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie1.397,3 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude221 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creacióndécada de 500 a. C. Editar o valor en Wikidata
Evento clave
19 de outubro de 1804Siege of Delhi (en) Traducir
21 de setembro de 1857Siege of Delhi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Delhi (en) Traducir Editar o valor en WikidataShelly Oberoi (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal110000–110999 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webdelhi.gov.in… Editar o valor en Wikidata
Facebook: DelhiGovDigital Twitter: DelhiGovDigital Instagram: delhigovdigital BNE: XX452221 Editar o valor en Wikidata

Delhi (en hindi: दिल्ली, Dilli, e oficialmente Territorio da Capital Nacional de Delhi) é unha cidade e un territorio da Unión da India.[1][2] Está rodeado polo estado de Haryana por tres dos seus lados e por Uttar Pradesh polo leste. O territorio da capital abrangue unha área de 1 484 km². Segundo o censo de 2011, a poboación da cidade de Delhi era de máis de 11 millóns de persoas,[3] sendo a segunda cidade máis grande da India despois de Bombai, mentres que a poboación total de todo o territorio é de máis de 16,8 millóns.[4] A área urbana de Delhi esténdese fóra dos límites do territorio e inclúe unha poboación estimada de 26 millóns de persoas nunha área coñecida como Rexión do Territorio da Capital Nacional, que inclúe as cidades de Faridabad, Gurgaon, Noida e Ghaziabad, sendo a segunda área urbana meirande do mundo segundo a Organización das Nacións Unidas.[5] Estimacións de 2016, sitúan a economía metropolitana de Delhi como a segunda máis produtiva da India.[6] Delhi é a segunda cidade india máis rica despois de Bombai, cunha riqueza total de $450 billóns, sendo o fogar de 18 billionarios e 23 000 millonarios.[7]

Delhi foi habitada ininterrompidamente dende o século -VI.[8] Durante a maior parte da súa historia, Delhi serviu como capital de diferentes reinos e imperios. Foi capturada, saqueada e reconstruída varias veces, especialmente durante a Idade Media. No presente, Delhi é un conxunto de varias cidades espalladas pola rexión metropolitana. Un territorio da unión, a administración política do territorio de Delhi aseméllase máis a un estado da India, coa súa propia lexislatura, altos tribunais e un consello executivo de ministros liderados polo Xefe de Goberno. Nova Deli é administrada conxuntamente polo goberno federal da India e o goberno local de Delhi, e é á súa vez capital do territorio de Delhi. Delhi foi a sede dos primeiros e novenos Xogos Asiáticos en 1951 e 1982, respectivamente, así como sede da reunión Movemento de Países Non Aliñados de 1983, o Campionato Mundial de Hóckey herba masculino de 2010, os Xogos da Commonwealth de 2010, a cuarta reunión dos BRICS en 2012 e foi unha das principais cidades da Copa Mundial de Crícket de 2011.

Delhi é tamén o centro da Rexión da Capital Nacional (RCN), que é unha área 'rexional interestatal' creada en 1985.[9][10]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A etimoloxía de "Delhi" é incerta, mais existen moitas posibilidades. A posibilidade máis común é que o seu epónimo sexa Dhillu ou Dilu, un rei da dinastía Mauria, que construíu a cidade en -50 e deu nome a cidade.[11][12][13] A palabra hindi/prácrita dhili ("frouxo") era usada polos Tuar Rajputs para se referir a cidade por causa do piar de ferro construído polo Raxá Dhava, que tiña un fraco alicerce e foi substituído.[13] As moedas en circulación na rexión na época dos Rajputs eram chamadas dehliwal.[14] Algúns outros historiadores acreditan que o nome deriva de Dilli, unha variación de dehleez ou dehalihindi para "entrada" — que designaba a cidade como porta de entrada para a chaira indoganxética.[15] Outra teoría suxire que o nome orixinal da cidade era Dhillika.[16]

Ao longo da historia Delhi é máis ben, lugar de cidades, ata oito cidades relevantes se contabilizan nunha área triangular de 14 km ao longo da ribeira occidental do río Yamuna por 10 km ata os últimos contrafortes dos montes Aravalli; as principais ao sur do centro actual.[17]

Indraprastha

[editar | editar a fonte]

Indraprastha é a primeira, mítica capital dos Pandavas, aparece citada no Mahabharata: así cando a Yudhisthira, o maior dos irmáns pandavas, se lle concede esta terra, Krishna intercede perante o deus arquitecto Vishvakarman para que lle constrúa unha capital. Será Indraprastha.

O certo é que se atopan vestixios arqueolóxicos do 500 a.C. (pode que ata do 1000 a.c.) xunto ao Yamuna, no lugar do Forte Vello (Purana Qila) [18] [Ligazón morta], e que ademais un poboado co nome de Indrapat existiu no lugar ata comezos do século XX cando os británicos deseñaron a actual capital, Nova Delhi.

Tamén existe unha semimítica dinastía Jat do norte da India e Paquistán, os Dhillon, un dos seus gobernante Raja Dhilu disque fundou Dheli cara ao 800 a.C. e os seus descendentes mantiveron alí o poder ata o 283 a.C..

En todo caso, semella que Indraprastha continuou coma cidade importante durante os períodos Maurya (320-185 a.C.) e Gupta (250-540), mais nun segundo plano fronte a posición dominante de Pataliputra (Patna) no val do Ganxes. Probablemente foi saqueada polos Hunos (400-500).

Época Rajput

[editar | editar a fonte]
Rajput.

O medievo comeza coa construción do Forte Lal Kot no 731 ao suroeste de Indraprastha (nas proximidades do posterior Qutb Minar). Os Rajput, clan guerreiro antiquísimo proveniente do Rajastán, comeza a se instalar nos arredores do que hoxe é Delhi dende o século VII a través dunha das súas dinastías, os Tomaras. Semella que en Suraj Kund, fundada por Surajpal, no límite sur da cidade co estado de Haryana e onde hai un templo estanque do século XI adicado a deidade solar [19], puidera estar o primitivo asentamento dende o que o rei Anangpal I decidira fundar nas proximidadees Anangpur (hoxe aforas de Faridabad), e no 731 o forte de Lal Kot uns quilómetros ao noroeste.

En todo caso, no 736 xunto ao forte, fundan a cidade de Dhillika o Dilli (Lal Kot), no que hoxe é o barrio de Mehrauli, talvez coma capital do seu reino de Haryana. O nome rememora a cidade do mítico Raja Dhilu e talvez fose construída sobor das ruínas daquela outra.

No 1180 os rajput Chauhan de Ajmer conquistan Lal Kot e o seu rei Prithviraja III (Rai Pithora), heroe hindú, derradeiro en reinar antes da chegada dos musulmáns, amplía a cidade (3,4 km²) construíndo baluartes con sete portas e templos e a renomea Qila Rai Pithora.

Sultanato de Delhi

[editar | editar a fonte]

Os musulmáns apodéranse da cidade a partir de 1191 establecendo o agora chamado Sultanato de Delhi en 1206. Para conmemorar a súa vitoria sobor dos rajputs constrúen a que será primeira mesquita na India, a Quwwat al-Islam co seu magnífico minarete, o Qutb Minar, de 75 metros de altura [20],[21]. O complexo, agrandado ao longo do século XIII convértese no centro da cidade.

O segundo sultán da seguinte dinastía, Alaudín Khilgi, manda construír a partir de 1303 unha nova cidade fortificada a uns 4 km ao nordés do Qutb Minar: Siri [22]. De planta oval e muralla de cascotes con sete portas e 1,7 Km2. Tamén mandou construír nela un pazo de mil piares e para o abastecemento de auga, un enorme estanque no inmediación de Hauz Khas, ao oeste.

Pola súa banda, o fundador da seguinte dinastía Giyat al-Din Tughlaq, constrúe tamén a súa propia cidade fortaleza: Tughlaqabad [23], ao leste do Qutb Minar. Faino en soamente tres anos, de 1321 a 1324, mais a imprevisión respecto ao abastecemento de auga fixo que nunca chegase a ocuparse plenamente e catro anos despois é abandonada [24].

Aos 2,2 km² do recinto engadiuse polo sur o apéndice de Adilabad (1325), outra fortaleza do sultán seguinte, fillo de Giyat ademais da tumba deste último, fortificada tamén [25].

Namentres, a cidade real estendíase entre Qila Rai Pithora e Siri. Para protexer o espazo intermedio, que xa estaba moi poboado, o antedito sultán fillo de Giyat, Muhammad bin-Tughlaq manda facer un cinto completo de murallas [26] e a cidade resultante noméase Jahanpanah(literalmente refuxio do mundo) (1327). Foi o tempo no que o sultanato acadou a súa plenitude, gobernando case todo o subcontinente.

No entanto, o sultán que lle sucedeu, Firuz Shah Tughlaq, construíu á súa vez unha cidade de seu: Firuzabad. Foi no 1354, pero desta vez moi ao norte, a beira do Yamuna, preto do centro actual. A cidadela era un recinto fortificado de dez hectáreas [27][28] con pazos, mesquita e o baradari para o Piar de Asoka, traído dende Ambala [29][30].

En 1398 o mongol Timur (Tamerlán) conquista a cidade saqueándoa e arrasándoa. Mata ou escraviza a maior parte da poboación polo que Delhi queda reducida a unha morea de ruínas.

Após o caos, a recuperación foi lenta durante as dinastías Sayyid e Lodhi das que tan só fican unhas fermosas tumbas nos xardíns Lodhi [31].

Imperio mogol

[editar | editar a fonte]

1526 é o ano no que que Babur pon fin ao Sultanato de Delhi. O seu fillo e segundo emperador mogol, Humayun, decide en 1533 construír a súa capital. Elixe as ruínas de Indraprastha como lugar para Dinpanah (refuxio da fe). De planta rectangular, murallas de 18m e 2 km [32], tres portas principais, está no fundamental rematada en 1538.

Xusto ao ano seguinte foxe a Persia ó ser derrotado por Sher Shah Suri quen establece a dinastía Suri coma un interludio ata que Humayun volva recuperar o poder. Sher Sha constrúe, con todo, a súa cidade no interior dos muros de Dinpanah e chámaa Dilli Sher Shahi ou Shergarh. Coma na de Humayun, utilízanse materiais de Siri e Firuzabad, en ruínas dende o saqueo de Timur. O conxunto recibe hoxe o nome de Purana Qila (Forte Vello)[33][34].

Tumba de Humayun.

En 1555 Humayun reinstaura o Imperio mogol, aínda que morre pouco despois. A súa tumba, ó sur da que foi a súa cidade é o primeiro e un dos máis logrados edificios da arquitectura mogol, claro precedente do Taj Mahal. O seu fillo e sucesor, Akbar, traslada a capital as proximidades de Agra, o que supuxo o declive de Delhi durante medio século.

O emperador Shah Jahan (o que fixo o Taj Mahal precisamente) devolve a capital imperial a Delhi, para o que manda construír unha nova cidade axeitada e representativa: Shahjahanabad (1638-49). Elixe unha zona sen restos do pasado, ao norte da arrasada Firuzabad xunto ao río Yamuna

O plan de Shahjahanabad pretendeu conxugar os principios urbanísticos hindús cos islámicos. Así, unha certa ortogonalidade e xerarquía. Dous eixos principais dende un foco de poder, Lal Qila (o Forte Vermello con exquisitos exemplos da arquitectura mogol : Diwan-I-Amm e Diwan-I-Hass)[35] : Chandni Chowk [36] dende aquel cara ao oeste, e Faiz Bazaar cara ao sur. Ambas as dúas rúas posuían unha canle de auga central. Así mesmo, é característica hindú a zonificación urbana segundo as castas e os oficios. Por outra banda, o centro de culto islámico fundamental, a mesquita do venres, Jama Masjid, a maior da India [37]. E os xardíns, Begum ka Bagh e Roshanara, obra das fillas do emperador, ao longo do lado norte de Chadni Chowk, con fontes, estanques e acuedutos ; e máis ao norte, fóra das murallas, Tees Hazari e Qudsia.

O conxunto foi a cidade que permaneceu ata o século XX e hoxe chamamos Vella Delhi. O seu saqueo polo afgán Ahmed Shah entre 1756 e 1761 supuxo a fin de facto do Imperio mogol.

Imperio Británico

[editar | editar a fonte]

En 1857 a cidade caeu no poder dos británicos, que pouco despois trasladaron a capital da India a Calcuta. Mais no 1911, a posición estratéxica de Delhi no medio do subcontinennte favoreceu a recuperación da capitalidade. Porén, facíase necesario un espazo urbano máis axeitado para a esa función. Por iso, seguindo ademais unha tradición milenaria, decidiuse a planificación dunha nova cidade. O encargado foi o arquitecto Edwin Lutyens [38].

Edificios do goberno de Delhi.

Así, entre 1929 e 1931 naceu Nova Delhi. Levantouse o sur da capital mogola, conectada con ela por unha gran praza rotonda, Connaught Place, da que parten grandes bulevares en abano cara ao sur onde intersectan unha ampla avenida leste-oeste [39], entre a Porta da India e os edificios oficiais (parlamento, presidencia e bloques administrativos).

Independencia

[editar | editar a fonte]

Trala independencia do país en 1947, Nova Delhi pasou a ser a súa capital oficial. En 1976 unha nova cidade veu a se sumar a longa listaxe: Noida (New Okhla Industrial Development Authority). Aínda que se sitúa fóra do territorio da capital nacional, na beira leste do Yamuna, deseñouse coma suburbio de expansión e modelo de futuro da metrópole. Dende entón, o conglomerado de tódalas cidades de Delhi, estase a converter nunha das maiores e máis puxantes urbes do mundo.

Área metropolitana

[editar | editar a fonte]

En contra do difundido nos últimos tempos, a metrópole maior da India vai ser Delhi e non Bombai. O crecemento nos últimos anos do aglomerado urbano en que radica a capitalidade do país ten sido maior que a daquela ata sobrepasala.

O AM de Delhi confórmase, ademais de coa poboación da National Capital Territory (13 782 976h, censo 2001) cunha coroa de cidades que están a crecer aceleradamente nesta última década: Faridabad (1 054 981h) no sur e Ghaziabad (968.521) ao leste son as maiores. Máis ao nordeste a área de Delhi, na súa expansión, conúrbase co de Meerut (1 074 225h; 1 167 399 no AM), cidade de Uttar Pradesh tamén cun gran crecemento pola súa proximidade á capital.

Transporte

[editar | editar a fonte]
O Aeroporto Internacional Indira Gandhi é un dos aeroportos con máis movementos de Asia Meridional.[40] Na foto, terminal 1D do aeroporto.
Metro de Delhi.
Autobús de Delhi que se move con a gas natural.

O transporte público de Delhi está composto por autobuses, tuk-tuks e un sistema de metro.

O autobús é o medio de transporte máis popular que responde a preto do 60% da demanda.[41] A empresa pública Delhi Transport Corporation (DTC) é a maior empresa de autobuses da cidade. A DTC opera a maior frota de autobuses movidos a gas natural do mundo.[42] Un sistema de autobús de tránsito rápido opera entre Ambedkar Nagar e Delhi Gate.

O metro de Delhi, operado pola empresa Delhi Metro Rail Corporation (DMRC), atende moitas partes de Delhi ben como a cidade satélite de Noida en Uttar Pradesh. En 2009, o metro consistía en tres liñas cunha extensión total de 90 km e 78 estacións, con varias outras liñas en construción.[43] A liña 1 opera entre "Rithala" e "Shahdara", a liña 2 entre "Jahangirpuri" e "Central Secretariat" e a liña 3 entre "Dwarka Sector 9" e "Noida City Centre". A fase-II do sistema está en construción e terá un total de 128 km. Está previsto o seu remate en 2010.[44] A fase-I, en operación, foi construída cun custo de 2,3 billóns de dólares e a fase-II custará 4,3 billóns adicionais.[45] As fases-III e IV estarán completas en 2015 e 2020 respectivamente, creando unha rede de 413,8 km, máis longa que o Metro de Londres.[46]

O tuk-tuk é un medio de transporte público popular en Delhi, pois cobra unha tarifa máis barata que os taxis. A maioría móvense con gas natural e son amarelos e verdes. Os taxis non forman parte do transporte público de Delhi, malia que existe bastante dispoñibilidade. Os particulares operan a maioría dos taxis, e a maioría dos barrios posúen puntos de taxis onde poden ser solicitados. Alén diso, estanse facendo cada vez máis populares os radios taxis con aire acondicionado, que poden ser solicitados por teléfono a través dunha central e que cobran unha taxa fixa por quilómetro.

Delhi é un importante entroncamento no mapa ferroviario da India e é a sede da Zona dos Ferrocarrís do Norte (Northern Railways Zone), unha das 16 zonas da Indian Railways. As cinco principais estacións ferroviarias son New Delhi Railway Station, Old Delhi, Nizamuddin Railway Station, Anand Vihar Railway Terminal e Sarai Rohilla.[41] Delhi está ligada con outras cidades a través de moitas autoestradas e vías expresas. Delhi posúe tres vías expresas e outras tres están en construción para ligala con seus suburbios prósperos e comerciais. A Delhi-Gurgaon Expressway liga Delhi a Gurgaon e ó aeroporto internacional. A DND Flyway e a Noida-Greater Noida Expressway conectan Delhi con dous prósperos suburbios. A grande Noida vai ter un novo aeroporto mentres que Noida se converteu na sede do Gran Premio da India.

O Aeroporto Internacional Indira Gandhi (DEL) está situado na parte occidental de Delhi e serve como porta de entrada principal para o tráfico aéreo doméstico e internacional da cidade. En 2006–2007, o aeroporto rexistrou un tráfico de máis de 23 millóns de pasaxeiros,[47][48] facendo del un dos aeroportos de maior movemento de Asia Meridional. A terminal 3 está en construción e terá capacidade adicional de 34 millóns de pasaxeiros a partir de 2010.[49] Outros proxectos de expansión permitirán ó aeroporto recibir máis de 100 millóns de pasaxeiros por ano a partir de 2020.[47] O aeroporto de Safdarjung é outro campo de pouso en Delhi usado para a aviación xeral.[50]

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]
  1. Ministry of Law and Justice, Goberno da India (ed.). "The Constitution (Sixty-Ninth Amendment) Act, 1991". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2016. Consultado o 23 de novembro de 2014. 
  2. Habib, Irfan. Oxford University Press, ed. The agrarian system of Mughal India, 1556–1707. ISBN 978-0-19-562329-1. 
  3. Delhi Metropolitan/City Population section of "Delhi Population Sex Ratio in Delhi Literacy rate Delhi NCR". 2011 Census of India. Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2018. Consultado o 22 de maio de 2018. 
  4. City Population (ed.). "Delhi (India): Union Territory, Major Agglomerations & Towns - Population Statistics in Maps and Charts". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2017. Consultado o 28 de febreiro de 2017. 
  5. Nacións Unidas, ed. (outubro de 2016). "The World's Cities in 2016" (PDF). p. 4. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xaneiro de 2017. Consultado o 4 de marzo de 2017. 
  6. Brookings Institution (ed.). "Global city GDP 2014". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2019. Consultado o 8 de maio de 2015. 
  7. The Indian Express, ed. (27 de febreiro de 2017). "Mumbai richest Indian city with total wealth of $820 billion, Delhi comes second: Report". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2017. Consultado o 28 de febreiro de 2017. 
  8. Asher, Catherine B (2000). James D. Tracy, ed. City Walls. Cambridge University Press. pp. 247–281. ISBN 978-0-521-65221-6. Consultado o 1 de novembro de 2008. 
  9. "Rationale". ncrpb.nic.in. NCR Planning Board. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2012. Consultado o 22 de maio de 2018. 
  10. National Informatics Centre (ed.). "Census 2011" (PDF). National Capital Region Planning Board. p. 3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de abril de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2016. 
  11. S.R. Bakshi (1995). Delhi Through Ages. Anmol Publications PVT. LTD. p. 2. ISBN 81-7488-138-7. 
  12. "Chapter 1: Introduction" (PDF). Economic Survey of Delhi, 2005–2006. Planning Department, Government of National Capital Territory of Delhi. pp. pp1–7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2006. 
  13. 13,0 13,1 George Smith (1882). J. Murray, ed. "The Geography of British India, Political & Physical". pp. 216–217. Consultado o 1 de novembro de 2008. 
  14. NCERT (ed.). "Our Pasts II, History Textbook for Class VII". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2007. Consultado o 6 de xullo de 2007. 
  15. Cohen, Richard J. (1989). "An Early Attestation of the Toponym Dhilli". Journal of the American Oriental Society 109 (4): 513–519. doi:10.2307/604073. 
  16. Ian Austin e Thhakur Nahar Singh Jasol. mewarindia.com, ed. "Chauhans (Cahamanas, Cauhans)". The Mewar Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2006. Consultado o 22 de decembro de 2006. 
  17. Mapa
  18. http://www-us.flickr.com/photo_zoom.gne?id=118773995&size=o&context=set-72057594091918832
  19. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2010. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  20. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2012. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  21. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2010. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  22. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 29 de setembro de 2007. 
  23. Google map
  24. A view and description from the 'Saturday Magazine', 1840
  25. [1] Fonte: http://www.vcoins.com/ancient/ecin/store/viewItem.asp?idProduct=1458&large=0
  26. Vanishing heritage
  27. Mapa
  28. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2010. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  29. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  30. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  31. The Shish Gumbad, probably from Sikandar Lodi's time; it's not known whose tombs are inside
  32. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de abril de 2007. 
  33. Mapa
  34. Mapa
  35. http://www.liveindia.com/redfort/1.html
  36. http://www.columbia.edu/itc/mealac/pritchett/00routesdata/1600_1699/shahjahanabad/chandnichauk/chandnichauk.html
  37. http://www.columbia.edu/itc/mealac/pritchett/00routesdata/1600_1699/shahjahanabad/jamamasjidphotosearly/jamamasjidphotosearly.html
  38. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2009. Consultado o 26 de outubro de 2009. 
  39. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2007. Consultado o 16 de xuño de 2012. 
  40. Airport-delhi.com, ed. (2 de maio de 1986). "Delhi Indira Gandhi International Airport (IGI)" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2009. 
  41. 41,0 41,1 Planning Department, Government of National Capital Territory of Delhi (ed.). "Chapter 12: Transport" (PDF). Economic Survey of Delhi, 2005–2006. pp. pp130–146. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de xaneiro de 2007. Consultado o 21 de decembro de 2006. 
  42. Delhi Transport Corporation (ed.). "Citizen Charter" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2007. Consultado o 21 de decembro de 2006. 
  43. Daily News and Analysis, ed. (12 de novembro de 2009). "Metro enters Noida, set to change travelling habits of people". Consultado o 12de xaneiro de 2009. 
  44. Economictimes.indiatimes.com (ed.). "Get ready for revolution on wheels- Shipping / Transport-Transportation-News By Industry-News-The Economic Times" (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2008. 
  45. Bloomberg.com (ed.). "Bloomberg.com: Opinion" (en inglés). Consultado o 3 de novembro de 2008. 
  46. [www.delhimetrorail.com/commuters/images/metro_map_big.jpg Mapa de extensións]
  47. 47,0 47,1 Indira Gandhi International Airport
  48. Essential Travel Ltd., UK. (ed.). "Delhi – Indira Gandhi International Airport (DEL) information" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2006. Consultado o 29 de abril de 2006. 
  49. Dailytimes.com.pk (ed.). "Daily Times — Leading News Resource of Pakistan". Arquivado dende o orixinal o 04-09-2012. Consultado o 3/11/2008. 
  50. Karl L. Swartz (ed.). "VIDD — Airport". Great Circle Search. Consultado o 14 de xaneiro de 2007. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]