Enodio de Pavia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 473 Arles, Francia |
Morte | 17 de xullo de 521 (47/48 anos) Pavia, Italia |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta, sacerdote, bispo católico |
Período de tempo | Alta Idade Media |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 17 de xullo |
Descrito pola fonte | Enciclopedia Católica, (sec:Magnus Felix Ennodius) Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Enodio de Pavia (en latín, Magnus Felix Ennodius), nado en 473 en Arles[1] (Galia) e finado o 17 de xullo de 521 en Pavia, foi un relixioso e escritor latino da época final do Imperio Romano, recoñecido como santo pola Igrexa católica, a súa festa celébrase o 17 de xullo,[2] e tamén foi recoñecido como Pai da Igrexa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os visigodos confiscaron o patrimonio familiar e perdeu de moi novo a seus pais polo que marchou a Pavia ou Milán, na Italia setentrional, onde foi educado por unha tía.[1] Dedicado á relixión, entrou nun convento e no 511 era bispo de Pavia. No 514 o papa Hormisdas I enviouno a Constantinopla xunto con outros bispos para combater os avances da herexía eutiquiana, pero non vai ter éxito porque o emperador apoiaba as teses eutiquianas. Volveu o 517 xunto con Peregrino, bispo de Misenum levando unha confesión de fe que as igrexas orientais habían de subscribir pero o emperador Anastasio I vainos botar fóra nun navío en mal estado coa prohibición de tocar terras do Imperio, aínda así conseguiu chegar a lugar seguro e volver á súa diocese onde morreu o 17 de xullo de 521.
Obras
[editar | editar a fonte]- Epistolarum ad Diversos Libri IX. Colección de 497 cartas.
- Panegyricus Theodorico regi dictus. Discurso dirixido ao rei Teodorico o Grande, probablemente o 507, unha das principais fontes do reinado deste rei.
- Libellus adversus eos qui contra synodum scribere praesumserunt (503).
- Vita beatissimi viri Epiphanii Ticinensis episcopi. Biografía de San Epifanio, o seu predecesor na sede de Pavia, morto o 496.
- Vita beati Antonii monachi Livinensis.
- Eucharisticum de vita.
- Paraensis didascalica ad Ambrosium et Beatum.
- Praeceptum de cellulanis episcoporum.
- Petitorium quo Gerontius puer Agapiti absolutus est.
- Cerei paschalis benedictiones duae.
- Orationes (28 declamacion, 6 sacrae, 7 scholasticae, 10 controversias, e 5 ethicae).
- Carmina. Colección de poemas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Sánchez (2007), p. 8
- ↑ Gross, Ernie (1990). This Day In Religion (en inglés). Nova York: Neal-Schuman Publishers, Inc. ISBN 1-55570-045-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sánchez Salor, Eustaquio (2007). "Introducción general". Ennodio: Obra miscelánea. Declamaciones. Col. Biblioteca Clásica Gredos (en castelán). Madrid: Gredos. pp. 7–41. ISBN 978-84-249-2865-0.