Saltar ao contido

Eulalia de Abaitua y Allende-Salazar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEulalia de Abaitua y Allende-Salazar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de xaneiro de 1853 Editar o valor en Wikidata
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de setembro de 1943 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafa Editar o valor en Wikidata

BNE: XX962285

Eulalia de Abaitua Allende-Salazar, nada en Bilbao o 25 de xaneiro de 1853, e finada o 16 de setembro de 1943, foi unha fotógrafa vasca. É a primeira fotógrafa da que existen referencias no País Vasco.[1] Destacou pola calidade técnica das súas fotografías; por recompilar os costumes, festas e tradicións do momento; polo interese social e humano dos seus retratos ao natural, xa que rompe coa práctica habitual dos fotógrafos que se centraban en monumentos e retratos de estudo; e por retratar as faenas e actitudes das mulleres dándolles protagonismo.

A maioría do seu traballo, que foi de carácter afecionado por ser muller na súa época e que suma máis de 2.500 imaxes, consérvase no Museo Vasco de Bilbao onde está exposta unha mostra.[2]

Inicios na fotografía

[editar | editar a fonte]

En 1861, mudouse coa súa familia a vivir a Liverpool en Inglaterra, coincidindo coa Terceira guerra carlista. Alí casou cun enxeñeiro civil, Juan Narciso con quen tivo catro fillos. Durante a súa estancia en Inglaterra, Abaitua descubriu a fotografía, os materiais e a súa técnica.[3]

Ao seu regreso a España en 1876 estableceuse no Palacio do Piñeiro, situado xunto ao Santuario da Virxe de Begoña, en Bilbao (Biscaia). No soto desta mansión instalou o seu laboratorio fotográfico e empezou a retratar o universo que a rodeaba. O seu material preferido foron as placas estereoscópicas de vidro, tanto positivas como negativas, en formato 4,5 cm x 10,7 cm, e emulsión de gelatinobromuro.

Estudos e traballo

[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio do Sagrado Corazón de Xesús de Sarriá (Barcelona), aínda que se descoñece que estudou.[3]

A obra de Abaitua é un documento histórico que recolle os costumes, festas, tradicións da súa época, considerada fotografía antropolóxica. Baixo unha atenta e sensible ollada recolle aspectos da vida rural e urbana que a rodeaba, á vez que capta as máis diversas faenas e actitudes das mulleres da época, dándolles un importante protagonismo e achegando o seu papel aos nosos días.

Debido á calidade técnica das súas fotografías e ao profundo interese social e humano dos seus retratos, nunha época na que os fotógrafos retrataban sobre todo monumentos e personaxes en estudo, é recoñecida como unha fotógrafa excepcional e unha das pioneiras da fotografía en España.[4]

Traxectoria artística

[editar | editar a fonte]

Abaitua foi fotógrafa da sinxeleza, a naturalidade e a espontaneidade e traballou case sempre en exteriores e coa luz natural. Para fotografar persoas, utilizou varios encadramentos: planos de busto ou medios, americanos ou de tres cuartos e de corpo enteiro.

Inmortalizou coa súa cámara múltiples escenas nas que as mulleres son as protagonistas: vendedoras de sardiñas no Mercado da Ribeira, lavandeiras nas beiras do río Nervión, leiteiras, mulleres carrexando auga ou cultivando a terra. Capturou tamén as celebracións sociais, os recunchos mariñeiros e urbanos, persoas de todas as idades, os rostros, os traballos e os xestos, achegando unha visión etnográfica da súa terra na súa época.

Centrouse en retratar, sen retoques, a sinxeleza das xentes do pobo, as persoas humildes, na súa vida común, no quefacer diario e no tempo de asueto, describíndoa como "Insólitas estampas da vida cotiá en pleno auxe dunha revolución industrial que parecía que soterraba todo o demais e que conforman un universo de recordos".

A súa obra divídese en tres bloques: a vida privada, as imaxes costumistas e as viaxes. O primeiro bloque protagonízano familiares e amizades no Palacio do Piñeiro; o segundo componse de instantáneas que rexistran o ambiente da súa localidade e arredores; o terceiro son fotografías das viaxes por Italia, Venecia, Marrocos, Lourdes, Málaga, Madrid, Illa de Creta e outros lugares.[4]

Arquivo fotográfico

[editar | editar a fonte]

Os fondos documentais do arquivo fotográfico de Abaitua atópanse no Museo Vasco de Bilbao, que custodia máis de 2.500 imaxes tomadas pola fotógrafa. Unha mostra deste traballo exponse para dar a coñecer a vida e obra desta muller, proporcionándolle un merecido recoñecemento público pola beleza das instantáneas e por ser un testemuño de indubidable valor histórico sobre a súa época.

A colección completa resulta unha mostra da paisaxe urbana e rural de Biscaia no paso do século ao século. Por iso, o seu traballo fotográfico, levado a cabo cunha linguaxe directa, considérase como unha proba rigorosa da realidade do seu tempo.

Exposicións

[editar | editar a fonte]

Individuais

[editar | editar a fonte]
  • Las mujeres de Eulalia Abaitua (Museo de Las Encartaciones, Sopuerta, 2021)[5]
  • Arratiako irudiak / Imágenes de Arratia (Ludoteca de Areatza, Bilbao, 2013)[6]
  • La fotógrafa Eulalia de Abaitua, 1853-1943 (Museo Vasco, Bilbao, 2010-2011)
  • Gernika-Lumo (Euskal Heria Museoa, 2011)
  • República y Santuario / Errepublika eta Santutegia (2005)
  • Miradas del pasado / Lehenagokoen begiratuak (1998)
  • La Familia / Senitartea (1994)
  • La Ría imágenes de otro tiempo / Kresalibaia behinolako irudiak (1991)
  • Mujeres Vascas de Ayer / Gure Aurreko Andrak (Museo Vasco, Bilbao, 1990)
  • Begoña (1900)

Colectivas

[editar | editar a fonte]
  • El contrato (Alhóndiga Bilbao, Bilbao, 2014)
  • España contemporánea: fotografía, pintura y moda (Fundación Mapfre, Madrid, 2013)
  • 100 años en femenino: una historia de las mujeres en España (Centro Conde Duque, Madrid, 2012)
  • Pasado de moda / Boladaz pasatuta (Museo Arqueológico, Etnográfico e Histórico Vasco / Euskal Arkeologia, Etnografía eta Kondaria Museoa, Bilbao, 2003)

Homenaxes e recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O seu nome incluíuse no rueiro dalgunhas cidades:

  1. VVAA (2013). "Diccionario de fotógrafos españoles del siglo XIX al XXI: Eulalia Abaitua" (PDF) (en español). Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Promoción del Arte. La Fábrica. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de decembro de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  2. "Euskal-Museoa". Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Maite Jiménez Ochoa de Alda (2011). "Eulalia Abaitua (1853-1943): memoria fotográfica de nuestro pasado" (PDF) (en español). Revista Internacional de Estudios Vascos. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Maite Jiménez Ochoa de Alda (marzo de 2010). "Eulalia de Abaitua y Allende-Salazar, pionera de la fotografía en el Bilbao de 1900" (en español). Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  5. Deia. "Enkarterri mira la obra de Eulalia Abaitua con ojos de inclusión" (en castelán). Consultado o 2022-02-07. 
  6. "Areatza acoge hasta julio la muestra de fotografías de Eulalia Abaitua "Arratiako Irudiak"". Europa Press. 12 de xuño de 2013. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  7. "Glorieta Eulalia Abaitua - Callejero de Valdemoro - Callejero.club". Consultado o 24 de outubro de 2019. 
  8. "Calle de Eulalia Abaitúa - Callejero de Guadalajara - Callejero.net". Consultado o 31 de marzo de 2016. 
  9. Correo, El. "Bilbao da nombre a dos calles del barrio de Txurdinaga . El Correo". Consultado o 31 de marzo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]