FC Amsterdam
Nome | FC Amsterdam | ||
---|---|---|---|
Fundación | 20 de xuño de 1972 | ||
Desaparición | 17 de maio de 1982 | ||
Estadio | Estadio Olímpico Ámsterdam, Países Baixos | ||
Inauguración | 1928 | ||
Capacidade | 64.000 | ||
|
O FC Amsterdam foi un club de fútbol neerlandés con sede en Ámsterdam, que existiu entre 1972 e 1982.
Foi fundado o 20 de xuño de 1972, a partir da fusión dos clubs Blauw Wit e DWS, aos que se uniu tamén o Volewijckers para a tempada 1973/74. Esa mesma tempada, o club rematou quinto na Eredivisie e clasificouse para a Copa da UEFA da seguinte campaña, competición na que derrotou ao Hibernians maltés por un resultado global de 12-0, ao Inter de Milán de Luis Suárez por 2-1 e ao Fortuna Düsseldorf por 5-1, antes de caer nos cuartos de final diante do Köln.
Despois de descender á Eerste Divisie na tempada 1977/78, reduciuse o seu número de seareiros e o club abandonou o Estadio Olímpico en 1980. Finalmente o FC Amsterdam disolveuse en maio de 1982.
Entre os xogadores que pasaron polo club figuran entre outros Jan Jongbloed (1972-1977), porteiro da selección neerlandesa na final do Mundial de 1974, Geert Meijer, Gerard van der Lem, Nico Jansen, Andre Wetzel, Martin Wiggemansen e Heini Otto.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "No 8, Jan Jongbloed, World Cup finals 1974 and 1978, long wait and modern style of goalkeeping". soccervoice.com (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2022.