Gigliola Cinquetti
Aparencia
Gigliola Cinquetti, nada en Verona o 20 de decembro de 1947, é unha cantante e presentadora de televisión italiana. Debutou aos dezaseis anos no Festival de San Remo de 1964, xunto con Patricia Carli, gañando o concurso coa canción Non ho l'età (per amarti). Dous meses despois venceu en Copenhaguen, coa mesma canción, no Festival da Canción de Eurovisión.