Guadix
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Granada | ||||
Capital de | |||||
Capital | Guadix | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 18.527 (2023) (58,44 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 317 km² | ||||
Altitude | 949 m | ||||
Comparte fronteira con | Albuñán (pt) Valle del Zalabí (pt) Gor (pt) Gorafe (pt) Freila (pt) Baza Cuevas del Campo Darro Villanueva de las Torres (pt) Benalúa (pt) Lugros (pt) Cogollos de Guadix (pt) Fonelas (pt) Beas de Guadix (pt) Purullena (pt) Marchal (pt) Huélago (pt) | ||||
Santo padrón | Q69480833 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 18500 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 18089 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | guadix.es | ||||
Guadix é un concello español da provincia de Granada, Andalucía, situada na cara norte da Serra Nevada. É a capital histórica da Comarca de Guadix (coñecida tamén como Accitania). Ten unha poboación de 20.326 habitantes (2008). É un dos asentamentos humanos máis antigos da Península. En época romana denominábase Julia Gemella Acci e de aí o seu xentilicio, accitanos. O nome actual da cidade remóntase á dominación musulmá, cando a cidade se chamaba Wadi Ash ("río Ash", arabización do nome Acci), pronunciado wad ish no árabe coloquial granadino. En época do Reino de Granada Wadi Ash era unha das súas 33 madinas ou cidades amuralladas que contaba con alcazaba. Durante este período a súa demarcación xurisdicional era case idéntica á da actual Accitania.
Cabe mencionar os numerosos monumentos que conforman a súa fisionomía arquitectónica, entre os que destacan a alcazaba árabe que domina a localidade, así como a catedral de Guadix, na que se superpoñen diversos estilos, desde o gótico ata o neoclásico que é unha das tres catedrais españolas con planta renacentista xunto ás de Granada e Málaga. Cabe destacar tamén as súas covas habitadas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guadix |