Saltar ao contido

Hernando de Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHernando de Soto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 1500 Editar o valor en Wikidata
Jerez de los Caballeros (Coroa de Castela) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de maio de 1542 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Guachoya (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Governor of Cuba (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónConquistadores casteláns, militar, explorador Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIsabel de Bobadilla Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1101238 WikiTree: De_Soto-50 Find a Grave: 7450123 Editar o valor en Wikidata
Hernando de Soto.

Hernando de Soto, nado en Barcarrota en 1500 e finado no río Mississippi o 21 de maio de 1542, foi un conquistador e explorador estremeño. Viaxou a América e participou na expedición de Gaspar de Espinosa que descubriu a costa de Nicaragua, e logo na conquista deste territorio, ás ordes de Francisco Hernández de Córdoba, en 1523. Foi Gobernador da Illa de Cuba entre 1538 e 1539 ano en que parte á conquista da Florida.

Hai unha discusión sobre se naceu en Jerez de los Caballeros ou en (Villanueva) de Barcarrota, ambas as dúas poboacións da provincia de Badaxoz, Estremadura. No seu testamento expresou o seu desexo de ser enterrado ao morrer, xunto aos restos da súa nai, na capela da Concepción da parroquia de San Miguel en Jerez de los Caballeros.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicios na exploración

[editar | editar a fonte]

Os pais de Hernando de Soto eran fidalgos da rexión de Estremadura, unha rexión onde abundaba a pobreza e polo cal moita xente nova buscou xeitos de facer fortuna noutros lugares. Existen dúas posibles cidades nas que puido nacer: Barcarrota ou Jerez dos Cabaleiros. Aínda que o que si se coñece con certeza é que na súa nenez viviu en ambas as cidades e que estipulou que o seu corpo fose sepultado en Jerez de los Caballeros, onde se atopaban enterrados xa outros membros da súa familia [1].

En 1514, de Soto acompañou a Pedro Arias Dávila ás colonias españolas, desembarcando en Panamá. As súas posesións naquel tempo eran soamente un escudo e a súa espada. En 1516, fíxose líder dunha unidade da cabalaría e foi con Francisco Hernández de Córdoba na súa viaxe de descubrimento e colonización a través de Nicaragua e de Honduras.

Soto gañou fama como xinete, e coma combatente de tácticas excelentes. Nun conflito pola supremacía de Nicaragua, Soto loitou para Dávila contra Gil Dávida González; González, oficial de Dávila, intentara separarse do grupo para explorar e conquistar pola súa conta. Hernando de Soto denunciou a traizón e derrotou ao exército de González.

Primeira expedición - Suramérica

[editar | editar a fonte]
O Cuarto do Rescate

En 1528 de Soto conduciu a súa propia expedición ao longo da costa do Iucatán, esperando atopar a conexión polo mar directa, entre o océano Atlántico e o Pacífico. Para ese efecto, acompañou a Francisco Pizarro como representante directo del, na súa empresa no Perú e explorou o país. De Soto descubriu a cidade de Cajas. Cun grupo de cincuenta homes, tamén atopou un camiño cara a Cuzco, a capital do Imperio Inca , e foi o primeiro europeo en falar co emperador Inca, Atahualpa cando precedeu a Pizarro na invasión de Cajamarca. Despois de que Atahualpa fose arrestado durante a Batalla de Cajamarca en 1532, de Soto visitouno a miúdo durante o confinamento, e alí emerxeu unha amizade entre os dous homes. El separouse de Pizarro cando os Andes debían ser redistribuídos entre os conquistadores, e cando Atahualpa foi executado a pesar de cumprir a súa promesa de encher O Cuarto do Rescate, unha vez de ouro e dous de prata.

Regreso a España

[editar | editar a fonte]

Volveu a España en 1536 levando con el aproximadamente 100.000 Pesos de ouro, a súa parte da conquista do Imperio Inca. Neste tempo, De Soto era famoso por ser o heroe da Batalla de Cuzco. Foi a Sevilla, onde casou, en 1537, con Inés de Bobadilla, a filla de Dávila, que pertencía a unha das familias máis respectables de Castela, con influencia na corte española, baixo Carlos I. Este período era o ápice da reputación e da abundancia de Soto.

De Soto, vendo os lendarios recursos no Perú e lido un informe escrito por Álvar Núñez Cabeza de Vaca, sospeitou dunha riqueza similar en Florida. Cabeza de Vaca era un de catro sobreviventes da desastrosa tentativa de Pánfilo de Narváez para conquistar Florida. De Soto viu a s��a ocasión para realizar unha conquista famosa como as de Pizarro e as Cortés. Foi nomeado gobernador de Cuba por Carlos I. De Soto vendeu gran parte dos seus bens e equipouse para a expedición naquelas terras inexploradas. A súa misión era conquistar, situarse, e "pacificar" os territorios descoñecidos.

Segunda exploración - Florida

[editar | editar a fonte]
Hernando de Soto

En maio de 1539, con entre 600 e 700 homes, vinte e catro sacerdotes, nove naves, e 220 cabalos, chegou á costa occidental de Florida, que se convertería en Bradenton, e sur de Tampa, Florida. Nomeou o lugar Espírito Santo. O obxectivo de Hernando de Soto era colonizar a área, preferiblemente buscando unha cidade como Cuzco ou Cidade de México. Polo tanto, trouxo varias toneladas de equipo distribuídos en ferramentas, armas, canóns, cans, e porcos. Ademais dos mariñeiros, as naves trouxeron a sacerdotes, ferreiros, artesáns, enxeñeiros, granxeiros e comerciantes. Poucas deles viaxaran antes fose de España, ou peor aínda, fóra das súas aldeas.

Comezando no Espírito Santo, de Soto explorou Florida e gran parte dos Estados Unidos meridionais. Xa en Florida, comezou a súa desgraza . No canto de estar cheo de ouro, o país estaba rodeado de pantanos e de mosquitos, e era extremadamente cálido e húmido. Tamén os indios fixeron o seu labor complicado.

Os nativos tiveran malas experiencias coa expedición anterior de Pánfilo de Narváez. As tropas de De Soto foron moito menos brutais. Non capturaron a indios para utilizalos como traballadores e guías, non violaron mulleres e non saquearon aldeas en procura de alimento para os seus homes e cabalos como o fixo Narváez. Instalou cruces cristiás nos lugares sacros dos indios. Para asegurar o desenvolvemento da expedición, os españois capturaron, a miúdo, a caciques das tribos aldeás.

O axudante máis importante das tropas foi Juan Ortiz, que veu a Florida en busca da expedición de Narváez e foi capturado polos Uzica, unha tribo de Calusa. A filla do xefe Hirrihigua serviu como precursora de Pocahontas pedindo pola vida de Ortiz, xa que o seu pai ordenara que Ortiz fose queimado vivo. Ortiz sobreviviu ao cativerio e á tortura, e uniuse na primeira oportunidade, á nova expedición de Hernando de Soto.

Ortiz coñecía o terreo e tamén axudou como intérprete. Como un guía para a expedición de de Soto, Ortiz estableceu un método único para dirixir a expedición e para comunicarse nos diferentes dialectos tribais. As guías de "Paracoxi" foron recrutadas de cada tribo ao longo da ruta.

O primeiro campamento de inverno da expedición asentouse en Anhaica, cerca do Lago Tallahas. O sitio está tamén preto de "Baía de Cabalos" onde forzaron aos membros da tropa de Narváez a comer cabalos para sobrevivir. Este é o único lugar da ruta, enteira, onde os arqueólogos puideron establecer con exactitude que estivo a expedición de Hernando de Soto.

No norte - A batalla de Mauvila 1540

[editar | editar a fonte]

A expedición aventurouse ao longo das montañas apalaches do leste e estiveron a un paso da aniquilación. Os membros da avanzada conquistadora tiveron que negociar, ás veces, os porcos que traían para obter alimentos e noutras ocasións deberon conseguir, pola forza, o que necesitaban. Cruzaron Xeorxia, Carolina do Sur, Carolina do Norte e Tennessee.

Oíndo falar do famoso tesouro do ouro do Cofitachequi, e acompañado polos seus amigos, os Ocute, a expedición continuou polas Carolinas. Durante semanas de marcha, con fame e sede, con carrexadores que non sabían o xeito de atravesar os territorios de Cofitachequi. No entanto, a metade de maio, a expedición descubriu o capital da tribo, situada no sitio que hoxe se coñece como Columbia, en Carolina do Sur.

Recibiron aos españois cunha benvida relativamente amigable. Os peninsulares esixiron ver o ouro da cidade inmediatamente. Tras un exame máis detido o ouro resultou ser simple cobre. Atoparon algunhas perlas e armas na cidade e continuaron despois tras a súa procura de riqueza a través das Carolinas, Xeorxia, e Alabama.

Posteriormente seguiron coa idea de conseguir máis metal precioso, o que os conduciu ás supostas reservas xigantes de ouro no leste. No norte de Alabama, atoparon a cidade de Mauvila (ou de Mabila). A tribo choctaw, baixo o liderado do cacique Tascalusa, defendeu a cidade fortemente fortificada. Os españois aguantaron un tempo, pero logo a cidade foi atacada repetidamente, unha e outra vez. Nunha batalla de nove horas, morreron vinte españois, o resto resultou case todo ferido, e vinte máis morreron nos días posteriores. Todos os guerreiros choctaw desa área - entre 2.000 e 6.000 - morreron pelexando, xa sexa por execucións, ou a través de suicidio. Mauvila foi queimada.

Aínda cando os españois gañaron a batalla, perderon a maior parte das súas posesións e corenta cabalos. Foron feridos, enfermaron, e atopáronse sen equipo apropiado nun territorio descoñecido, rodeado por inimigos. Coa batalla de Mauvila, a cantidade de nativos tamén diminuíu na tropa en marcha. Durante a travesía os españois foron atacados, cada vez máis, por un sistema intermitente de guerrillas.

Mentres que os homes da tropa de de Soto perderon as esperanzas e de alí en diante só desexaban volver á costa, abordar as súas naves e regresar a Cuba; de Soto soñaba aínda, ilusoriamente, con facer novos descubrimentos.

No oeste - Desmoralizado 1541

[editar | editar a fonte]
Descubrimento de Mississippi por Guillermo H. Power, Hernando de Soto vindo por primeira vez o río Mississipi

A expedición volveu ao norte, onde atoparon a tribo chickasaw onde de Soto lle esixiu á comunidade indíxena que lle entregase 200 homes para servir de carrexadores. Eles negáronse a aceptar esta demanda e, en cambio, atacaron o asentamento español durante a noite. Os españois perderon preto de corenta homes e o resto do seu equipo. Segundo cronistas que participaban, a expedición estivo a piques de ser destruída completamente. Afortunadamente para a avanzada, os Chickasaw permitíronlles irse, talvez, intimidados polo éxito alcanzado.

O 8 de maio, tropas de Hernando de Soto alcanzaron o río Mississippi. Por iso, o conquistador adxudícase o título de ser o primeiro europeo en ver este río.

De Soto mostrouse moi pouco interesado neste descubrimento, porque representaba para el un obstáculo á súa misión. El e 400 homes tiveron que cruzar un amplo e caudaloso río, que era patrullado constantemente por nativos hostís. Logo de case un mes, e logo da construción de varias balsas, finalmente cruzou coa súa xente o Mississippi e continuou o seu percorrido cara ao oeste, pola actual Arcansas, Oklahoma e Texas. No inverno estableceuse en Autiamique, no río Arcansas.

Logo dun duro inverno, a expedición española diluíuse e seguiu adiante de xeito cada vez máis irregular. O seu fiel intérprete , Juan Ortiz, morrera, facendo máis difícil a tarefa de atopar rutas, fontes de alimento e establecer comunicación cos nativos, en xeral. A expedición dirixiuse cara ao interior do territorio coñecido como o Río Caddo, onde tomaron contacto cunha tribo nativa á que chamaron Tula, e á que os españois consideraron como a que tiña os guerreiros máis expertos e perigosos que xamais achasen. O encontro, entre europeos e nativos, posiblemente ocorreu en Caddo Gap (un monumento está en pé naquela comunidade). En base aos documentos do legado de de Soto e ao que indica o Inca Garcilaso, os españois volvéronse posteriormente ao río Mississippi.

Morte de Hernando de Soto

[editar | editar a fonte]
Estatua de Hernando de Soto en Barcarrota, Badaxoz. España.

Sobre os bancos occidentais de Mississippi, na vila indíxena de Guachoya[2] morre Hernando de Soto o 21 de maio de 1542 por mor das febres. Posto que de Soto era considerado "inmortal" entre os nativos o seu corpo foi ocultado, polos seus homes, en mantas lastradas con area e afundírono no medio do río Mississippi durante a noite.[3][4]

  1. Charles Hudson (1997). Page 39.
  2. Charles Hudson (1997). Page 349-52 "Death of de Soto"
  3. Charles Hudson (1997). Page 349-52 "Death of de Soto".
  4. Both Lake Providence, Louisiana and Lake Village, Arkansas claim that de Soto is buried in their respective lakes

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Inca Garcilaso de la Vega, Historia del adelantado H. de S. (Madr. 1723).
  • Clayton, Lawrence A. Clayton, Vernon J. Knight e Edward C. Moore (Editor): The de Soto Chronicles: The Expedition of Hernando de Soto to North America in 1539-1543; University of Alabama Press 1996. ISBN 0-8173-0824-5
  • Duncan, David Ewing: Hernando de Soto: A Savage Quest in the Americas; University of Oklahoma Press 1997. ISBN 0-8061-2977-8
  • Hudson, Charles M., Knights of Spain, Warriors of the Sun: Hernando De Soto and the South's Ancient Chiefdoms, University of Georgia Press, 1997. ISBN 0-8203-1888-4
  • Milanich, Jeralt T., Charles R. Ewen e John H. Hann: Hernando de Soto Among the Apalachee: The Archaeology of the First Winter Encampment; University Press of Florida, 1998. ISBN 0-8130-1557-X
  • Young, Gloria A. e Michael Hoffmann: The Expedition of Hernando de Soto West of the Mississippi, 1541-1543: Proceedings of the de Soto Symposia, 1988 and 1990 University of Arkansas Press 1999 ISBN 1-55728-580-2

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]