Saltar ao contido

Jaume Vicens Vives

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJaume Vicens Vives

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1910 Editar o valor en Wikidata
Xirona, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xuño de 1960 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Sexto Distrito de Lión, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Director de teseAntonio de la Torre y del Cerro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoIdade Media en Cataluña Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, profesor universitario, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Ramón Muntaner
Universidade de Zaragoza
Universidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosJosep Fontana Editar o valor en Wikidata
Participou en
1933Cruceiro universitario polo Mediterráneo de 1933 Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoJordi Nadal i Oller Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeRoser Rahola d'Espona Editar o valor en Wikidata
FillosPere Vicens i Rahola Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1093456 Dialnet: 541000

Jaume Vicens i Vives, nado en Xirona o 6 de xuño de 1910, e finado en Lión o 28 de xuño de 1960, foi un historiador, escritor, catedrático e editor catalán. Vicens Vives foi un intelectual inquedo e viaxeiro con contactos co catalanismo interior e exterior, con Josep Pla e con Josep Tarradellas.[1] Sen ser afín ó Opus Dei, tiña amizade con algúns dos principais intelectuais que o integraban, e o seu nome chegou a soar para ocupar algún cargo de responsabilidade en Madrid. «Era un home importante», sentenza o membro do IEC, Antoni Simon. Grazas a isto, Vives conseguiu levar cara a adiante a historiografía contemporánea.[2] A súa obra de investigación sobre a historia do século XV na Coroa de Aragón e sobre a figura de Fernando II de Aragón está considerada de referencia obrigada.[3]

Chegou á política a través da historia, onde atopou a explicación do seu presente. Segundo Pla, era "se cadra o intelectual que se fixo unha idea máis completa e directa".[4] En verbas do expresidente da Generalitat, Jordi Pujol, "Vicens tiña a idea dunha España aberta, moderna, esponxosa, quen de sumar vontades e de aceptar un intervencionismo de Cataluña en España. Coa vontade de que España fose cara a adiante e se evitasen novos episodios traumáticos".[5]

O seu forte pragmatismo e unha visión integradora permitíronlle acceder a figuras de diferentes ideoloxías e ser un "home-ponte" entre sensibilidades catalanistas e o réxime franquista. Esta ollada integradora explica as mensaxes de dó de personaxes tan diversos como Juan de Borbón y Battenberg, Josep Tarradellas ou o comité de Barcelona do prohibido PSUC.[6]

A súa morte puxo fin de súpeto a unha traxectoria política que podería ter xogado un rol transcendental na transición democrática española, optando mesmo a ser presidente da Generalitat.[7]

Recollín centares de milleiros de feitos concretos e por está razón estou tranquilo. Certamente, podería facer isto toda a miña vida.
Jaume Vicens i Vives. Carta a Josep Fontana en 1957[8]
  1. Fundació Josep Pla (ed.). "Jaume Vicens i Vives - Josep Pla. Complicitats". Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2011. Consultado o 18 de xullo de 2012. 
  2. Antoni Simon al butlletí de l'IEC
  3. Francisco Abad Nebot. El Padre Batllori ante Jaume Vicens. Arquivado 18 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
  4. Muñoz, 1991..., páx. 406-409
  5. Pujol, Jordi. Conferència en el centenari de Jaume Vicens Arquivado 09 de setembro de 2011 en Wayback Machine.. Sabadell, (30 de xuño de 2010)
  6. El País, 11-02-2010. Reportaxe sobre a exposición do centenario
  7. El País, 11-02-2010. Recensión biográfica de Genís Barnosell
  8. Fontana i Lázaro, Josep (2014). La formació d'una identitat. Una història de Catalunya (4a ed. ed.). Vic: Eumo (Universitat de Vic). pp. 8–9. ISBN 978-84-9766-526-1. He recollit centenars de milers de fets concrets i per aquesta raó estic tranquil. Certament, hauria pogut fer això tota la meva vida 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]