Kermes
Kermes | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Femias reprodutoras de Kermes echinatus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Kermes é un xénero de insectos hemípteros da superfamilia dos cocoideos,[1] que é o tipo da familia dos quermésidos (cochinillas).
Taonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1798 polo entomólogo francás Pierre André Latreille.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Kermes procede do árabe persa qirmiz, "carmesí", e este do sánscrito krimiga, "producido por insectos", de krmi, "verme, insecto".[2]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñecuese tamén polos sinónimos:[3]
- Dryocecis Amyot, 1848
- Kermes Boitard, 1828
- Kermococcus Silvestri, 1911
- Kermesococcus Cromartie, 1959
- Talla von Heyden, 1860
Especies
[editar | editar a fonte]Recoñécense no xénero unhas 20 especies,[4] entre elas:
- Kermes bacciformis Leonardi, 1908
- Kermes corticalis (Nassonov, 1908)
- Kermes echinatus Balachowsky, 1953
- Kermes gibbosus Signoret, 1875
- Kermes ilicis (Linnaeus, 1758)
- Kermes quercus (Linnaeus, 1758)
- Kermes roboris (Fourcroy, 1785)
- Kermes vermilio Planchon, 1864
O Sistema Integrado de Información Taxonómica, na actualidade, recoñece 18,[1] e ScaleNet, 65.[3]
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Non todos os autores admiten a autoría do xénero por parte de Latreille, e adxudícanlla a Pierre Boitard en 1828, admitíndo, porén ambos os sinónimos. A razón é que opinan que o uso que Latreille, en 1798, lle dá ao nome Kermes, presentándoo como un nome común de grupo, o que non invalida o seu uso posterior por Boitard, en 1828, nun sentido mái técnico.[3]
Características
[editar | editar a fonte]Todas as especies de Kermes comparten os seguintes trazos anatómicos nas femias adultas:[5]
- Presenza dunha banda submarxinal de conduto tubulares no ventre.
- Poros multiloculares ventralmente nos segmentos abdominais
- Un labio de tres segmentos con 14 setas sedas.
Rstudis recentes suxiren que moitas especies incluídas actualmente no xénero Kermes teñen unha morfoloxía moi variada, o que dificulta o diagnóstico xenérico, polo que é necesario realizar máis trablljos, en particular sobre as femias postreprodutoras.[5]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]A maioría destes insectos son parasitos das árbores do xénero Quercus, aliméntanse do seu zume. Os individuos desenvólvense principalmente en fendas de casca e en pequenas poliñas.[6] ·
As femias producen un pigmento vermello, chamado quermes, que é a fonte natural do colorante carmesí.[7]
Historia
[editar | editar a fonte]Na época romana o médico Dioscórides escribiu que o mellor carmesí proviña do quermes das provincias de Galacia e Armenia.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Kermes no ITIS.
- ↑ carmine no Online Etymology Dictionary. Consultado o 12 de xuño de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Kermes Boitard, 1828 en ScaleNet.info.
- ↑ Spodek, Malkie; Ben-Dov, Yair (2012). "Morphology of the first-instar nymph and adult female of Kermes echinatus Balachowsky, with a comparison to K. vermilio Planchon (Hemiptera, Coccoidea, Kermesidae)". ZooKeys 246: 11–26. ISSN 1313-2970. doi:10.3897/zookeys.246.3766.
- ↑ 5,0 5,1 Spodek, M. & Ben-Dov, Y. (2014): "A taxonomic revision of the Kermesidae (Hemiptera: Coccoidea) in Israel, with a description of a new species". Zootaxa 3781 (1): 1-99
- ↑ (Ben-Dov, Y. et al. (2012): "Scale insect (Hemiptera: Coccoidea) species on pine trees of Turkey". Turkish Journal of Zoology 36 (5):623-636.
- ↑ Naturenet article with images and description of Kermes vermilio and its foodplant
- ↑ Obaldeston, T. A. (2000). Dioscorides, De Materia Medica. Cinco libros nun só volume: nova tradución inglesa moderna (PDF). Johannesburgo, Sudáfrica. ISBN 978-0-620-23435-1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xaneiro de 2015. Consultado o 13 de xuño de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Kermes |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Claire Giry-Lozinguez (17 de outubro de 1995): Dominique Cardon... Arquivado 13 de novembro de 2010 en Wayback Machine., en Libération (en francés). Consultada o 13 de xuño de 2020.