Koyaanisqatsi
Koyaanisqatsi | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Koyaanisqatsi |
Director | Godfrey Reggio |
Produtor | Godfrey Reggio |
Guión |
|
Música | Philip Glass |
Fotografía | Ron Fricke |
Montaxe |
|
Estudio | Institute for Regional Education American Zoetrope |
Distribuidora |
|
Estrea | 27 de abril de 1983 |
Duración | 85 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Experimental |
Recadación | 1,7 millóns de dólares[2] |
Filme seguinte | Powaqqatsi |
Na rede | |
http://www.qatsi.org e http://www.koyaanisqatsi.org/films/koyaanisqatsi.php | |
Koyaanisqatsi, tamén coñecido como Koyaanisqatsi: Life Out of Balance, é un filme experimental de 1982 dirixido por Godfrey Reggio. A música é obra de Philip Glass e a fotografía de Ron Fricke. O filme componse de escenas en slow motion e time-lapse de cidades e paisaxes naturais ó longo dos Estados Unidos de América. É un poema visual que non contén ningún diálogo nin narración: o seu sentido estabelécese pola xustaposición de imaxes e música. Reggio explicou a carencia de diálogo declarando "non é por falta de amor á lingua que estes filmes non teñen palabras. Débese, dende o meu punto de vista, a nosa linguaxe está nun estado de grande humillación. Xa non describe o mundo no que vivimos".[3] Na lingua hopi, a verba Koyaanisqatsi quere dicir "vida desequilibrada".[4] O filme é o primeiro da coñecida como triloxía Qatsi e foi seguido por Powaqqatsi (1988) e Naqoyqatsi (2002). A triloxía amosa diferentes aspectos da relación entre humanos, natureza e tecnoloxía. Koyaanisqatsi é o máis coñecido da triloxía e é considerado un filme de culto.[5] Porén, por mor de temas de dereitos de autoría, o filme estivo fóra de publicación durante a maior parte da década de 1990.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (1983). "KOYAANISQATSI (U)". Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2015. Consultado o 19 de abril de 2015.
- ↑ Box Office Mojo (ed.). "Koyaanisqatsi (1983)". Internet Movie Database. Consultado o 19 de abril de 2015.
- ↑ Carson, Greg (director) (2002). Essence of Life (DVD). MGM Home Entertainment.
- ↑ "Film: Koyaanisqatsi". Consultado o 26 de xaneiro de 2017.
- ↑ The Michigan Daily (ed.). "Cult Koyaanisqatsi blends music, film" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2018.
- ↑ Spirit of Baraka, ed. (21 de maio de 2007). "Koyaanisqatsi". Consultado o 28 de maio de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Koyaanisqatsi na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Criterion (en inglés)