Likud
Likud | |
---|---|
Tipo | partido político e Grupo parlamentario |
Ideoloxía | conservadorismo, Nacional-liberalismo, populismo de direita e Sionismo revisionista |
Data de fundación | 13 de setembro de 1973 |
Presidente/a | Benjamin Netanyahu (2005-) |
Nº de membros | 125.000 (2012) |
Organización subsidiaria | Likud Leumi |
Sede | Metzudat Ze'ev |
País | Israel |
Na rede | |
https://www.likud.org.il/, https://www.likud.org.il/en/ e https://www.likud.org.il/ru/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Likud (en hebreo: הליכוד, transliterado HaLikud, e traducible como "A Consolidación") é un partido de centro dereita israelí.
A orixe do Likud está no sionismo revisionista de Vladimir Jabotinsky que deu orixe ao Herut.
O Likud formouse coa coalición de La'am e Gahal para as eleccións de 1973, que se consolidou como unha coalición permanente dirixido por Menachem Begin ata que en 1988 o Likud converteuse nun único partido. En 1998 o Likud sufriu unha escisión, Benny Begin e outros membros da dereita do partido crearon un novo partido, Movemento Nacional Herut.
Nas eleccións para a Knesset o Likud tivo 40 escanos (sobre 120), pero na actualidade só permanecen 25 no partido.
O 21 de novembro de 2005 o Likud sufriu unha escisión ao crear o ata entón líder do partido, Sharon, un novo partido denominado Kadima. O Likud pasou a estar liderado por Benjamin Netanyahu.
Gobernos
[editar | editar a fonte]O Likud tivo catro primeiros ministros de Israel: Menachem Begin (1977), Yitzhak Shamir (1983), Benjamin Netanyahu (1996) e Ariel Sharon (2001)