Linguaxe de Modelaxe Unificada
En enxeñería software, a Linguaxe de Modelaxe Unificada (Unified Modeling Language, UML) é unha linguaxe de especificación e mais de modelaxe de obxectos; é un estándar aberto. Con todo, o uso de UML non se restrinxe a modelaxe de obxectos: pode usarse para a modelaxe de procesos de negocio (business process) e mais para a de organizacións e, incluso, para a de hardware.
UML é o froito da recompilación das mellores prácticas de enxeñería probadas na modelaxe de sistemas grandes e complexos, en particular ao nivel de arquitectura software.
UML úsase, xunto cun proceso asociado, para especificar, describir visualmente, construír e documentar os aparellos ou elementos (artifacts), en forma de orientación a obxectos, dun sistema ou dunha aplicación.
Historia
[editar | editar a fonte]UML é un estándar na industria, amplamente utilizado, creado baixo os auspicios da OMG, integrando os conceptos de Booch, OMT, OOSE e Class-Relation fundidos nunha única e común linguaxe de modelaxe, o que permite a modelaxe de sistemas distribuídos.
Características
[editar | editar a fonte]Hai tres modelos prominentes no desenvolvemento dun sistema en UML:
- Modelo funcional: describe, en forma de casos de uso (use cases) as funcionalidades que debe realizar o sistema desde o punto de vista do usuario final.
- Modelo de clases/obxectos (modelo estático): describe as estruturas do sistema, en forma de diagramas de clases/obxectos, cos seus atributos e interrelacións.
- Modelo dinámico: describe a dinámica do sistema. Prové dos seguintes diagramas para este fin:
- Diagramas de secuencia: diagramas de interacción entre clases/obxectos nunha perspectiva temporal.
- Diagramas de colaboración: similar aos diagramas de secuencia, nunha perspectiva semitemporal.
- Diagramas de estado: describen a evolución de estados dun obxecto.
- Diagramas de actividade: describen a evolución de actividades dun obxecto.
UML é fundamental mais non é dabondo
[editar | editar a fonte]UML non define un método específico nin forza, polo tanto, a usar ningún método específico de modelaxe.
Un exemplo de método usado en conxunción con UML é o Rational Unified Process de IBM-Rational, e existen outros máis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina UML da OMG.
- Titorial de UML Arquivado 26 de outubro de 2004 en Wayback Machine. (en inglés).
- Referencias UML
- Artigode modelaxe de bases de dados en UML (en inglés)