Mae West
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mary Jane West 17 de agosto de 1893 Brooklyn (Estados Unidos de América) |
Morte | 22 de novembro de 1980 (87 anos) Os Ánxeles (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | ictus |
Lugar de sepultura | cemiterio Cypress Hills |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | dramaturga, escritora, actriz de teatro, humorista, autobiógrafa, cantante, actriz de cinema, guionista, actriz de televisión, actriz |
Período de actividade | 1911 - 1978 |
Pseudónimo literario | Jane Mast |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Decca Records |
Familia | |
Cónxuxe | Guido Deiro (1914–1920) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, American Women Writers The St. James women filmmakers encyclopedia (en) |
|
Mary Jane "Mae" West, nada en Nova York o 17 de agosto de 1893 e finada nos Ánxeles o 22 de novembro de 1980, foi unha actriz, cantante, dramaturga, escritora e sex symbol estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A primeira vez que actuou foi nun club social da igrexa cando tiña cinco anos. Aos sete apareceu en espectáculos afeccionados e gañou varios concursos de talentos. Comezou a actuar profesionalmente no vodevil con catorce anos.
En 1911 actuou por primeira vez en Broadway e pouco despois foi descuberta polo New York Times. Tamén comezou a escribir obras teatrais “picantes” co pseudónimo de Jane Mast. En 1926 estreou en Broadway a obra Sex, que ela protagonizou, escribiu, dirixiu e produciu. A obra foi polémica e West e o resto do elenco foi detido pola policía, acusados de “corromper a moral dos rapaces”. O 19 de abril de 1927 West foi condenada a dez días no cárcere. Mentres estaba en Welfare Island ceou co director e a súa muller e dixo que levou medias de seda durante todo ese tempo.[1] A atención dos medios de comunicación a este caso deu pulo á súa carreira.
A súa seguinte obra, The Drag, sobre a homosexualidade non puido ser estreada en Broadway pola presión da Society for the Prevention of Vice. As seguintes obras tamén foron controvertida.
En 1932 a Paramount Pictures ofreceulle un contrato, a pesar de ter case corenta anos, e debutou en Night After Night con George Raft, filme no que lle permitiron reescribir as súas escenas.
O ano seguinte estreouse She Done Him Wrong, que supuxo un dos primeiros papeis importantes para Cary Grant. O filme tivo un grande éxito e logrou a candidatura ao Oscar ao mellor filme. Este éxito serviu para que a Paramount conseguise evitar a bancarrota.
A relación entre West e o estudio chegou ao seu fin co fracaso de Every Day's a Holiday, de 1937, pasando á Universal Pictures. Se ben tivo algúns éxitos, o último fracaso, con The Heat's On, fixo que West abandonase o cinema.
Desde 1937 tamén fixo aparicións na radio, causando polémica polo seu uso da sexualidade, chegando a ser prohibida a súa presenza pola NBC.
Durante os anos seguintes estivo activa tan só no teatro. En 1950 Billy Wilder ofreceulle o papel de Norma Desmond en Sunset Boulevard, pero rexeitouno. Ocasionalmente apareceu na televisión, como na serie de 1964 Mister Ed.
Como un intento en manterse en contacto co mundo contemporáneo, chegou a gravar un par de álbums de rock and roll.
Volveu ao cinema en 1970 con Myra Breckinridge, unha comedia sobre o cambio de sexo escrita por Gore Vidal e protagonizada por Raquel Welch, Rex Reed, Farrah Fawcett e Tom Selleck. O filme fracasou tanto na crítica coma entre público.
Tras sufrir un infarto e outros problemas de saúde, finou en 1980.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1932 | Night After Night |
1933 | She Done Him Wrong |
I'm No Angel | |
1934 | Belle of the Nineties |
1935 | Goin' to Town |
1936 | Klondike Annie |
Go West, Young Man | |
1937 | Every Day's a Holiday |
1940 | My Little Chickadee |
1943 | The Heat's On |
1970 | Myra Breckinridge |
1978 | Sextette |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schlissel, Lillian; West, Mae (1997). Routledge, ed. Three Plays by Mae West: Sex, The Drag and Pleasure Man. ISBN 0-415-90933-3.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mae West |
A Galicitas posúe citas sobre: Mae West |