Meridiano primario
Un meridiano primario (ou meridiano orixe) é un meridiano que, en cartografía, serve de referencia de lonxitude, é dicir representa os 0° de lonxitude, na escala de lonxitudes dun corpo celeste. A diferenza dos paralelos definidos completamente polo eixo de rotación dun obxecto celeste, a elección dun primeiro meridiano é totalmente arbitraria.
Historia
[editar | editar a fonte]A noción de lonxitude foi desenvolvida polos gregos Eratóstenes (c. 276 a.C. - c. 195 a.C.) en Alexandría, e Hiparco (c. 190 a.C. - c. 120 a.C.) en Rodas, e aplicouse a un gran número de cidades polo xeógrafo Estrabón (64/63 aC - c. 24). Porén, foi Tolomeo (c. 90 - c. 168) quen primeiro empregou un meridiano consistente para un mapa mundial na súa Geographia .
Tolomeo utilizou como base as illas Afortunadas, un grupo de illas do Atlántico que adoita estar asociado ás illas Canarias (de 13° a 18° O), aínda que os seus mapas sitúanas máis preto das illas do Cabo Verde (22° a 25° O). O punto principal está colocado ao oeste da punta occidental de África (17,5° O), xa que aínda non se utilizaban os números negativos. O seu primeiro meridiano corresponde actualmente a 18° 40' oeste de Winchester (uns 20° O).[1] Entón, o método principal para determinar a lonxitude era utilizar a hora das eclipses lunares en diferentes países.
A Geographia de Tolomeo imprimiuse por primeira vez con mapas en Boloña en 1477, e moitos mapas de principios do século XVI seguírona. Pero aínda había a esperanza de que existise unha base "natural" para un meridiano cero. Cristovo Colón informou en 1493 que o compás apuntaba cara ao norte nalgún lugar do Atlántico medio, e este feito utilizouse no tratado de Tordesillas de 1494, que resolveu a disputa territorial entre España e Portugal sobre as terras recentemente descubertas. A liña de Tordesillas estableceuse finalmente en 370 leguas ao oeste do Cabo Verde. Isto móstrase no mapa de Diogo Ribeiro de 1529. A illa de São Miguel (25,5° O) nos Azores aínda foi usada pola mesma razón até 1594 por Christopher Saxton, aínda que para entón demostrouse que a liña de desviación magnética cero non seguía unha liña de lonxitude.[2]
En 1541, Mercator realizou o seu famoso mapa de 41 cm do planeta terrestre e debuxou o seu meridiano precisamente a través de Fuerteventura (14 ° 1' O) nas Canarias. Os seus mapas posteriores empregaron os Azores, seguindo a hipótese magnética, mais no momento en que Ortelius publicou o primeiro atlas moderno en 1570, outras illas como o Cabo Verde tamén se estaban a utilizar. No seu atlas, as lonxitudes contábanse de 0° a 360°, non de 180º O a 180º L, como é habitual na actualidade. Esta práctica foi seguida polos navegantes ata o século XVIII.[3] En 1634, o cardeal Richelieu empregou a illa máis occidental das Canarias, El Hierro, a 19° 55' ao oeste de París, como elección do meridiano. O xeógrafo Delisle decidiu redondealo ata os 20°, de forma que se converteu simplemente no meridiano de París disfrazado.[4]
A principios do século XVIII, a batalla continuou para mellorar a determinación da lonxitude no mar, levando o desenvolvemento do cronómetro mariño de John Harrison. Pero foi o desenvolvemento dos gráficos de estrelas precisos, principalmente polo primeiro astrónomo real británico, John Flamsteed entre 1680 e 1719 e difundido polo seu sucesor Edmond Halley, o que permitiu aos navegantes utilizar o método lunar de determinar a lonxitude con maior precisión mediante a octante desenvolvido por Thomas Godfrey e John Hadley.[5] Entre 1765 e 1811, Nevil Maskelyne publicou 49 números do almanaque náutico baseado no meridiano do Observatorio Real de Greenwich. As táboas de Maskelyne non só facían que o método lunar fose posible, senón que tamén facían do meridiano de Greenwich o punto de referencia universal. Mesmo as traducións francesas do almanaque náutico retiveron os cálculos de Maskelyne de Greenwich, a pesar de que todas as demais táboas de Connaissance des Temps consideraban o meridiano de París como principal.[5]
En 1884, na Conferencia Meridiana Internacional de Washington, delegados de vinte e cinco países votaron para adoptar o meridiano de Greenwich como primeiro meridiano do mundo.[6] Os franceses argumentaron unha liña neutral, mencionando os Azores e o estreito de Bering, mais finalmente abstivéronse e continuaron a empregar o meridiano de París ata 1911.
Lista de meridianos primarios da Terra
[editar | editar a fonte]Localización | Lonxitude actual | Nome do meridiano | Notas |
---|---|---|---|
Estreito de Bering | 168°30' O | Ofrecido en 1884 como posibilidade para un "meridiano primario neutral" por Pierre Janssen na Conferencia Internacional do Meridiano.[7] | |
Washington, D.C. | 77°03′56.07″ O (1897) ou 77°04′02.24″ O (NAD 27) ou 77°04′01.16″ O (NAD 83) | meridiano do New Naval Observatory | |
Washington, D.C. | 77°02′48.0″ O, 77°03′02.3″, 77°03′06.119″ O ou 77°03′06.276″ O (ambos presuntamente NAD 27). Si fuese NAD27, o primeiro sería 77°03′05.194″ O (NAD 83) | meridiano do Old Naval Observatory | |
Washington, D.C. | 77°02′11.56299″ O (NAD 83),[8] 77°02′11.55811″ O (NAD 83),[9] 77°02′11.58325″ O (NAD 83)[10] (tres monumentos diferentes que orixinariamente tiñan que estar no meridiano da Casa Branca) | meridiano da Casa Branca | |
Washington, D.C. | 77°00′32.6″ O (NAD 83) | meridiano do Capitolio | |
Filadelfia | 75° 10' 12″ O | [11][12] | |
Río de Xaneiro | 43° 10' 19″ O | [13] | |
Illas Afortunadas / Azores | 25° 40' 32″ O | Usado ata a idade media, proposto como un dos meridianos neutrais por Pierre Janssen na Conferencia Internacional do Meridiano[14] | |
El Hierro (Ferro), Illas Canarias |
18° 03' O, posteriormente redefinido como 17° 39' 46″ O |
meridiano Ferro | [15] |
Tenerife | 16° 38' 22" O | meridiano de Tenerife | Acadou importancia grazas aos cartógrafos e navegantes neerlandeses despois de que abandonasen a idea dun meridiano magnético[16] |
Cádiz | 6° 17' 35.4" O | meridiano de Cádiz | Observatorio real na torre sueste do Castelo da vila, empregado en 1735–1850 pola armada española.[17][18] |
Lisboa | 9° 07' 54.862″ O | [19] | |
Madrid | 3° 41' 16.58″ O | [19] | |
Kew | 0° 00' 19.0″ O | Meridiano primario | Situado no Kew Observatory de Xurxo III |
Greenwich | 0° 00' 05.3101″ O | Meridiano de Greenwich | Meridiano Airy[20] |
Greenwich | 0° 00' 05.33″ O | United Kingdom Ordnance Survey Zero Meridian | Meridiano Bradley[20] |
Greenwich | 0° 00' 00.00″ | IERS Reference Meridian | |
París | 2° 20' 14.025″ L | meridiano de París | |
Bruxelas | 4° 22' 4.71″ L | [19] | |
Anveres | 4° 24' L | meridiano de Anveres | |
Ámsterdam | 4° 53' L | A través do Westerkerk de Ámsterdam; usado para definir o tempo legal nos Países Baixos entre 1909 e 1937[21] | |
Pisa | 10° 24' L | [11] | |
Oslo (Kristiania) | 10° 43' 22.5″ L | [11][12] | |
Florencia | 11°15' L | meridiano de Florencia | Usado na proxección Peters, 180° a partir do meridiano que atravesa o estreito de Bering |
Roma | 12° 27' 08.4″ L | meridiano do Monte Mario | Usado en Roma 40 Datum[22] |
Copenhague | 12° 34' 32.25″ L | Rundetårn[23] | |
Nápoles | 14° 15' L | [14] | |
Pressburg | 17° 06' 03″ L | Meridianus Posoniensis | Usado por Sámuel Mikoviny |
Buda | 19° 03' 37″ L | meridianu(s) Budense | Empregado en 1469–1495; introducido por Regiomontanus, usado por Marcin Bylica, Galeotto Marzio, Miklós Erdélyi (1423–1473), Johannes Tolhopff (c. 1445–1503), Johannes Muntz. Establecido no castelo real (e observatorio) de Buda. |
Estocolmo | 18° 03' 29.8″ L | no Observatorio de Estocolmo[19] | |
Cracovia | 19° 57' 21.43″ L | Meridiano de Cracovia | No antigo observatorio de Cracovia no Colexio Śniadecki; mencionado atmén na obra de Nicolao Copérnico Sobre as revolucións das esperas celestiais. |
Varsovia | 21° 00' 42″ L | Meridiano de Varsovia | [19] |
Várad | 21° 55' 16″ L | Tabulae Varadienses | [24] Between 1464 and 1667, a prime meridian was set in the Fortress of Oradea (Varadinum at the time) by Georg von Peuerbach.[25] |
Alexandría | 29° 53' L | Meridiano de Alexandría | Meridiano do Almaxesto de Tolomeo. |
San Petersburgo | 30° 19' 42.09″ L | Meridiano de Pulkovo | |
Gran Pirámide de Giza | 31° 08' 03.69″ L | 1884[26] | |
Xerusalén | 35° 13' 47.1″ L | [12] | |
A Meca | 39° 49' 34″ L | Tempo da Meca[27] | |
Ujjain | 75° 47' L | Empregado dende o século IV na astronomía e nos calendarios da India.[28] | |
Kyoto | 136° 14' L | Empregado nos mapas xaponeses dos séculos XVIII e XIX (oficialmente en 1779–1871). | |
~ 180 | Oposto a Greenwich, proposto o 13 de outubro de 1884 na Conferencia Internacional do Meridiano por Sandford Fleming[14] |
Outros corpos celestes
[editar | editar a fonte]Coma na Terra, os meridianos primarios noutros corpos teñen que definirse arbitrariamente. Ás veces emprégase algún elemento da paisaxe como un cráter, outras veces en referencia a outro obxecto celeste ou por campos magnéticos. Definiuse un meridiano cero para estes obxectos do Sistema Solar:
- Empréganse dous sistemas de coordenadas diferentes para o Sol. O primeiro é o sistema Carrington, segundo o cal o meridiano primario pasa polo centro do disco solar que se vía dende a Terra o 9 de novembro de 1853, cando o astrónomo Richard Christopher Carrington comezou as súas observacións de manchas solares.[29] O segundo é o sistema Stonyhurst, orixinado no Observatorio Stonyhurst.
- Na Lúa pasa directamente por medio da cara visible dende a Terra, preto do cráter Bruce. Máis xeralmente, para obxectos cunha rotación que sexa síncrona, é posible adoptar a posición media do punto que se atopa directamente ao corpo ao redor do cal viran como orixe das lonxitudes. Esta convención adóptase xeralmente para Ío, Europa, Ganímedes, Calisto ou Titán.
- En Mercurio, en 1975[30][31] definiuse como 20 ° ao leste do pequeno cráter chamado Hun Kal ("20" en maia).[32]
- En Venus, o meridiano pasa polo pico central do cráter Ariadne.[33]
- En Marte, o primeiro meridiano é definido polo cráter Airy-0 e definiuse en 1971.[34]
- Nos xigantes gasosos, que non teñen unha superficie sólida e a atmosfera vira a diferentes velocidades segundo a latitude, pódense utilizar varios sistemas como referencia do campo magnético destes planetas.[35]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Norgate & Norgate 2006
- ↑ Hooker 2006
- ↑ Por exemplo, Jacob Roggeveen en 1722 deu a lonxitude da illa de Pascua como 268° 45' (comezando en Fuerteventura) no extracto do seu diario oficial reproducido en Bolton Glanville Corney, ed. (1908). The voyage of Don Felipe Gonzalez to Easter Island in 1770-1. Hakluyt Society. p. 3. Consultado o 13 de xaneiro de 2013.
- ↑ Discurso de Pierre Janssen, director do observatorio de París na primeira sesión da Conferencia sobre o Meridiano.
- ↑ 5,0 5,1 Sobel & Andrewes 1998
- ↑ Royal Museums Greenwich, ed. (n.d.). "The Prime Meridian at Greenwich". Consultado o 28 de marzo de 2016.
- ↑ International Conference Held at Washington for the Purpose of Fixing a Prime Meridian and a Universal Day. Outubro de 1884. Project Gutenberg
- ↑ NGS 2016, PID: HV1847.
- ↑ NGS 2016, PID: HV1846.
- ↑ NGS 2016, PID: AH7372.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 Hooker (2006), introduction.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 Oct. 13, 1884: Greenwich Resolves Subprime Meridian Crisis, WIRED, 13 de outubro de 2010.
- ↑ Atlas do Brazil, 1909, by Barão Homem de Mello e Francisco Homem de Mello, published in Rio de Janeiro by F. Briguiet & Cia.
- ↑ 14,0 14,1 14,2 "The Project Gutenberg eBook of International Conference Held at Washington for the Purpose of Fixing a Prime Meridian and a Universal Day". Gutenberg.org. 12 de febreiro de 2006. Consultado o 28 de marzo de 2016.
- ↑ Antigüidade, usado na Geographia de Tolomeo. Posteriormente redefinido como 17° 39' 46″ O de Greenwich para estar exactamente 20° ao oeste de París.
- ↑ A.R.T. Jonkers; Parallel meridians: Diffusion and change in early modern oceanic reckoning, en Noord-Zuid in Oostindisch perspectief, A Haia, 2005, p. 7. Consultado o 2 de febreiro de 2015.
- ↑ "In search of the lost meridian of Cadiz" Arquivado 30 de novembro de 2019 en Wayback Machine., El País, 23 de decembro de 2016. Consultado o 8 de novembro de 2018.
- ↑ Antonio Lafuente and Manuel Sellés, El Observatorio de Cádiz (1753–1831), Ministerio de Defensa, 1988, páx.144, ISBN 84-505-7563-X. (en castelán)
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 Bartky, Ian R. (2007). One Time Fits All: The Campaigns for Global Uniformity. Stanford University Press. p. 98. ISBN 978-0-8047-5642-6.
- ↑ 20,0 20,1 Dolan 2013a.
- ↑ Eenheid van tijd in Nederland (Unity of time in the Netherlands), Utrecht University website, consultado o 28 de agosto de 2013 (en neerlandés).
- ↑ Grids & Datums – Italian Republic, asprs.org, Consultado o 10 de decembro de 2013.
- ↑ meridian, article from Den Store Danske Encyklopædi
- ↑ Oradea, Tourism office website, consultado o 3 de febreiro de 2015.
- ↑ "Romanian astronaut makrsk 10th anniversary of Prime Meridian Astronomy Club". NineO'Clock.ro. 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2017. Consultado o 26 de xuño de 2017.
- ↑ Wilcomb E. Washburn, "The Canary Islands and the Question of the Prime Meridian: The Search for Precision in the Measurement of the Earth Arquivado 29 de maio de 2007 en Wayback Machine."
- ↑ Maimónides, Hilchot Kiddush Hachodesh 11:17 Arquivado 25 de febreiro de 2009 en Wayback Machine., chama este punto אמצע היישוב, "o medio do cuarto", é dicir, o hemisferio habitable. Evidentemente isto é unha convención acepatada polos xeógrafos árabes do momento.
- ↑ Burgess 1860
- ↑ "Carrington heliographic coordinates".
- ↑ Merton E. Davies, "Surface Coordinates and Cartography of Mercury," Journal of Geophysical Research, Vol. 80, No. 17, 10 de xuño de 1975
- ↑ Merton E. Davies, S. E. Dwornik, D. E. Gault, and R. G. Strom, NASA Atlas of Mercury, NASA Scientific and Technical Information Office, 1978.
- ↑ "History NASA". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2013. Consultado o 21 de abril de 2020.
- ↑ "USGS Astrogeology: Rotation and pole position for the Sun and planets (IAU WGCCRE)". Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2011. Consultado o 22 de outubro de 2009.
- ↑ Merton E. Davies, and Berg, R. A.; "Preliminary Control Net of Mars", Journal of Geophysical Research, vol. 76, no. 2, 10 de xaneiro de 1971, pp. 373–393
- ↑ "Planetographic Coordinates". Consultado o 24 de maio de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Meridiano primario |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burgess, Ebenezer (1860). "Translation of the Surya-Siddhanta". Journal of the American Oriental Society (e book) 6 (publicado o c. 2013). p. 185.
- Dolan, Graham (2013a). "The Greenwich Meridian before the Airy Transit Circle". The Greenwich Meridian.
- Dolan, Graham (2013b). "WGS84 and the Greenwich Meridian". The Greenwich Meridian.
- Hooker, Brian (2006). A multitude of prime meridians. Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2018. Consultado o 28 de xuño de 2019.
- Howse, Derek (1997). Greenwich Time and the Longitude. Phillip Wilson. ISBN 978-0-85667-468-6.
- Norgate, Jean; Norgate, Martin (2006). Prime meridian. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2013. Consultado o 13 de xaneiro de 2013.
- NGS datasheet station name form. National Geodetic Survey. 2016. Consultado o 11 de decembro de 2016.
- Sobel, Dava; Andrewes, William J. H. (1998). The Illustrated Longitude. Londres: Fourth Estate.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Where the Earth's surface begins—and ends", Popular Mechanics, decembro de 1930
- scanned TIFFs of the conference proceedings
- Prime meridians in use in the 1880s, by country