Microcarbo
Microcarbo | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Microcarbo melanoleucos | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||
|
Microcarbo é un xénero de aves da orde dos suliformes e familia dos falacrocorácidos.
Na actualidade recoñécense no xénero cinco especies viventes.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1856 polo naturalista, político e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Bonaparte formou o nome do xénero unindo os elementos micro-, tirado do grego antigo μικρός mikrós, "pequeno",[2] e -carbo, do nome específico do Phalacrocorax carbo, o corvo mariño grande, xa que todos os seus membros son corvos mariños de pequeno tamaño.
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidae recoñécense no xénero as seguintes cinco especies, coas subespecies que se indican:[3]
- Microcarbo Bonaparte, 1856
- Microcarbo africanus (Gmelin, 1789) – corvo mariño africano
- Microcarbo africanus africanus (Gmelin, 1789)
- Microcarbo africanus pictilis (Bangs, 1918)
- Microcarbo coronatus (Wahlberg, 1855) – corvo mariño coroado
- Microcarbo melanoleucos (Vieillot, 1817) – corvo mariño negro e branco
- Microcarbo melanoleucos brevicaudus (Mayr, 1931)
- Microcarbo melanoleucos brevirostris (Gould, 1837)
- Microcarbo melanoleucos melanoleucos (Vieillot, 1817)
- Microcarbo niger (Vieillot, 1817) - corvo mariño de Xava
- Microcarbo pygmeus (Pallas, 1773) - corvo mariño pigmeo
- Microcarbo africanus (Gmelin, 1789) – corvo mariño africano
Tamén formaba parte deste xénero unha especie extinta:[4]
- †Microcarbo serventyorum van Tets, 1994 - corvo mariño de Serventy
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Antigamente estas especies incluíanse no xénero Phalacrocorax, pero separánse del como resultado de análises de ADN.[5][6][7][8][9]
Galería
[editar | editar a fonte]-
M. africanus
-
M. coronatus
-
M. melanoleucos
-
M. niger
-
M. pygmeus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Index generum avium. A list of the genera and subgenera of birds".
- ↑ "List of Latin and Greek words commonly used in systematic names".
- ↑ Microcarbo Bonaparte, 1856 ni ITIS.
- ↑ van Tets, G. F. (1994): "An extinct new species of cormorant (Phalacrocoracidae, Aves) from a Western Australian peat swamp". Records of the South Australian Museum 27 (2): 135–138.
- ↑ Siegel-Causey, Douglas (1988) Phylogeny of the Phalacrocoracidae; Condor 90 (4): 885-905.
- ↑ Kennedy, Martyn; Russell D. Gray & Hamish G. Spencer (2000) "The Phylogenetic Relationships of the Shags and Cormorants: Can Sequence Data Resolve a Disagreement between Behavior and Morphology? Arquivado 06 de maio de 2016 en Wayback Machine."; Molecular Phylogenetics and Evolution 17 (3): 345-359.
- ↑ Christidis, L. & W. E. Boles (2008) Systematics and taxonomy of Australian birds. CSIRO Publishing, Collingwood, Victoria, Australia.
- ↑ Holland, Barbara R.; Hamish G. Spencer; Trevor H. Worthy and Martyn Kennedy (2010) "Identifying cliques of convergent characters: concerted evolution in the cormorants and shags"; Systematic Biology 59 (4):433-45.
- ↑ Kennedy, Martyn & Hamish G. Spencer (2014) "Classification of the cormorants of the world"; Molecular Phylogenetics and Evolution 79: 249–257.