Moritz Pasch
Moritz Pasch, nado en Breslau (Prusia) o 8 de novembro de 1843, e finado en Bad Homburg o 20 de setembro de 1930, foi un matemático alemán de orixe xudía especializado en xeometría, o primeiro en describila de forma puramente axiomática.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pasch empezou estudando química na Universidade de Breslavia, pero pronto se cambiou ás matemáticas a suxestión do seu profesor, Heinrich Schröter, quen finalmente dirixiu a súa tese de doutoramento (1865).[1] Despois dun tempo en Berlín, onde estudou con Karl Weierstrass e Leopold Kronecker, conseguiu a súa habilitación docente na Universidade de Giessen en 1870.
Toda a súa carreira académica (1870-1911)[2] desenvolveuse nesta universidade,[3] sendo un profesor extraordinario desde 1873, profesor titular a partir de 1875 e catedrático desde 1888, en substitución do falecido Heinrich Baltzer. Tamén foi decano da facultade en 1883 e reitor da universidade en 1893-94.
En 1911 retirouse da docencia, pero continuou unha activa investigación. Morreu durante unha viaxe de vacacións.
Investigacións
[editar | editar a fonte]A Pasch débeselle a primeira axiomatización moderna da xeometría.[4] No seu libro Vorlesungen über die neuere Geometrie (Leccións sobre xeometría moderna) (1882, 2.ª ed. 1926), baseado nas clases que estivera dando desde 1873,[5] declarou a súa intención de establecer explicitamente todos os conceptos e proposicións básicas da xeometría proxectiva (axiomas), derivando deles todos os resultados da disciplina de forma estritamente lóxica[6][7] e insistindo na idea de que o conxunto de axiomas ten que ser completo.[8] Neste aspecto é o antecedente máis directo da axiomatización (hoxe considerada canónica) feita por David Hilbert uns anos máis tarde (1899).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Seidenberg 2008, p. Dictionary of Scientific Biography.
- ↑ Voelke 2005, p. 394-395.
- ↑ Pollard 2010, p. 1.
- ↑ Voelke 2005, p. 296.
- ↑ Torretti 1984, p. 210.
- ↑ Corry 2004, p. 40.
- ↑ Pollard 2010, p. 2.
- ↑ Kennedy 1972, p. 133.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Alemaña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Corry, Leo (2004). David Hilbert and the Axiomatization of Physics (1898–1918) (en inglés). Kluwer Academic. ISBN 1-4020-2777-X.
- Kennedy, H.C. (1972). "The Origins of Modern Axiomatics: Pasch to Peano" (en inglés) 79 (2): 133–136. ISSN 0002-9890.
- Pollard, Stephen (ed.) (2010). Essays on the Foundations of Mathematics by Moritz Pasch (en inglés). Springer. ISBN 978-90-481-9415-5.
- Schlimm, Dirk (2013). "The correspondence between Moritz Pasch and Felix Klein" (en inglés) 40 (2): 183–202. ISSN 0315-0860.
- Torretti, Roberto (1984). Philosophy of Geometry from Riemann to Poincaré (en inglés). Reidel Publishing. ISBN 978-94-009-9909-1.
- Voelke, Jean-Daniel (2005). Renaissance de la géométrie non euclidienne entre 1860 et 1900 (en francés). Peter Lang. ISBN 3-03910-464-0.