Saltar ao contido

Municipio de Saulkrasti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMunicipio de Saulkrasti

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°15′N 24°30′L / 57.25, 24.5
EstadoLetonia Editar o valor en Wikidata
CapitalSaulkrasti (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación9.926 (2024) Editar o valor en Wikidata (36,43 hab./km²)
Xeografía
Superficie272,47 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xullo de 2021 Editar o valor en Wikidata
PIB nominal109.373.000 € (2021) Editar o valor en Wikidata
PIB per cápita11.747 € (2021) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2LV-089 Editar o valor en Wikidata

O municipio de Saulkrasti (en letón, Saulkrastu novads) é un dos 36 municipios de Letonia, resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021.

Limita co municipio de Limbaži ao norte, co municipio de Sigulda ao leste e co municipio de Adaži ao sur. O centro do municipio atópase na localidade de Saulkrasti. Conta cunha área de 277,8 quilómetros cadrados.

Historia e economía

[editar | editar a fonte]

Historicamente, as tribos livonias de Vidzeme habitaron no condado. No século XIII, como resultado das conquistas cruzadas, o territorio do condado pasou a ser propiedade da Arquidiócese de Riga. Despois da guerra de Livonia, o condado quedou baixo o ducado polaco de Pardaugava. Despois de 1629 é adquirido por Suecia. En 1721, foi anexionado ao Imperio Ruso.

O 2 de xuño de 2020, o municipio de Limbaži presentou unha solicitude ante o Tribunal Constitucional obxectando sobre a inclusión da parroquia de Skulte na rexión de Saulkrasti, e o 12 de marzo de 2021, o Tribunal Constitucional falla a prol de Limbaži e Saulkrasti perde esa sección parroquial.

A nivel económico Saulkrasti é referencia turística no país, cun 15% do seu solo inmobiliario propiedade do turismo estranxeiro, nas sesións de verán e inverno a poboación chega ao dobre do seu nivel. Unha gran parte do sueste do municipio está ocupada polo vertedoiro deshabitado de Ādaži, que outorga outra base de ingresos á rexión.

Piñeiral.
Praia de Saulkrasti.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]