Noáin (Valle de Elorz)
Noain (Elortzibar) (eu) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade foral | Navarra | ||||
Meiriñado | Meiriñado de Pamplona | ||||
Comarca | Cuenca de Pamplona | ||||
Capital | Noáin (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.429 (2023) (174,73 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 48,24 km² | ||||
Altitude | 450 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Oscar Arizcuren Pola (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 31110 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 31088 | ||||
Sitio web | noain.es | ||||
Noáin (Valle de Elorz) ou Noain (Elortzibar)[1] é un municipio de Navarra situado a 5 km ao sur de Pamplona, na comarca da Cuenca de Pamplona e que pertence ó Meiriñado de Sangüesa. Está situado a uns 450 msnm . O termo municipal ten unha extensión de 48,24 km² . En 2006 tiña 4.789 habitantes. Limita ao norte con Aranguren, ao sur con Valdorba e Valdizarbe, ao leste co Val de Unciti e Monreal e ao oeste con Cendea de Galar e Beriáin. No seu termo municipal discorre o río Elorz.
En Noain atópase o aeroporto de Pamplona-Noain.
Val de Elorz
[editar | editar a fonte]O municipio de Noain, tamén coñecido como Elortzibar, fórmano os seguintes pobos: Noain, Imarcoain, Elorz, Torres de Elorz, Guerendiain, Yarnoz, Zabalegui, Zulueta, Oriz, Otano e Ezperun.
Historia
[editar | editar a fonte]O Val de Elorz foi unha zona estratéxica para os romanos, pois servía de enlace entre os Pireneos e o Ebro. Segundo algúns autores, os nomes das localidades da zona terían orixe romana. Dado que o sufijo "ain" significa carácter de propiedade, faltaría por saber de onde vén "Non". Especulouse co nome romano de "Nunius" como posible resposta. Atopáronse restos de cerámica e moedas romanas, sobre todo en Imarcoain.
A mediados do século XI aparecen varios documentos mencionando o "Val do Elortzibar". Un dos ramais do Camiño de Santiago pasa polo Val, o que contribuíu ao comercio.
Tras a invasión militar de 1512 e posterior anexión de Navarra a Castela en 1515, en 1521 Henrique II de Navarra logrou reconquistar o reino pero os casteláns enviaron un exército de 30.000 homes para contrarrestalo e ambas as hostes enfrontáronse en Noain. O resultado da batalla de Noain, favorable para os casteláns, selou definitivamente a perda da independencia da Alta Navarra.
Ata mediados do século XX Noain era un pobo máis do Val de Elorz. Con todo, a instalación de diversas fábricas en Noain fixeron crecer este pobo ata convertelo no máis importante do Concello e desprazou a Zabalegui como sede do mesmo. En 1995 cambiouse o nome do concello, pasando de "Concello do Valle de Elorz" ao actual "Noáin (Valle de Elorz)", en éuscaro Noain (Elortzibar), e eliminouse a entidade local menor coñecida como concejo en Navarra, que quedou fusionada co Concello.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- O Acueduto de Noáin é o monumento máis característico, deseñado polo arquitecto Ventura Rodríguez en 1782 baixo a dirección técnica de Santos Angel Ochandátegui, para abastecer Pamplona coas augas do manancial de Subiza, na Serra de Erreniega (O Perdón). Cando se realizou tiña 97 arcos e 1.245 metros de lonxitude, sendo unha obra grandiosa de enxeñería da época, impregnada de clasicismo. A obra finalizou en xuño de 1790 e caeu en desuso uns 100 anos despois, ao aumentar a demanda de Pamplona e realizar unha nova traída de augas desde o manancial de Arteta en 1895. As únicas mutilacións que sufriu o acueduto foron para deixar paso ao ferrocarril en 1858, coa unión de dous dos arcos e máis recentemente, en 1974, a desaparición de dous arcos pola autoestrada de Navarra.
- Conta cunha igrexa de estilo gótico: San Miguel de Arcanxo, de servizo soamente durante o verán.
- Nas pedanías do municipio podemos atopar outros monumentos:
- Igrexa de San Juan Bautista de Guerendiáin
- Igrexa da Ascensión de Otano
- Ponte medieval de Otano
- Igrexa parroquial da Natividade de Yárnoz
- Torre almenada de Yárnoz
Escudo
[editar | editar a fonte]O escudo de Noain consta dunha torre, sobre a que ven catro arcos do acueduto do municipio e, sobre eles, un helmo.
Clima
[editar | editar a fonte]Noáin ten un clima de transición entre o mediterráneo e o oceánico, polo que coexisten especies de ambos os hábitats, como é o caso de oliveiras e haxas. Ao ano caen 780 L por metro cadrado, sendo xaneiro e febreiro os meses máis chuviosos, mentres que agosto e setembro son os máis secos. As temperaturas máis baixas danse en xaneiro, cunha media de 5 °C, mentres que en xullo se dá a media máis alta: 20 °C.
Outros datos de interese
[editar | editar a fonte]- Está enlazado con Pamplona polo autobús (chamado frecuentemente "villavesa" polos aldeáns) número 16 e, durante a noite, polo N3.
- Entre outros servizos, ten instalacións deportivas, centro cultural, centro de saúde e policía municipal.
- O xentilicio é "cancano/-a".
- As festas patronais de Noáin son o 29 de setembro (San Miguel). Ademais celébranse festas a primeira fin de semana de setembro e outras, menores, a primeira fin de semana de maio.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Concello de Noain (Elortzibar)(en castelán)
- Val de Elorz.com (en castelán)
- noain.com (en castelán)
- Noain (Elortzibar)Blog de Merche Les Delgado.(en castelán)